Palacio de Buckingham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada principal (leste) do Palacio de Buckingham.
Buckingham e o monumento á raíña Vitoria.

O Palacio de Buckingham (Buckingham Palace) é a residencia oficial do monarca británico en Londres. O palacio é empregado para cerimonias e visitas de Estado, visitas turísticas e como residencia por parte da raíña Isabel II, é ademais a principal sede da colección real de arte (Royal Collection), cuxas principais xoias están expostas ó público. O palacio é un punto de reunión dos británicos en tempos de crise e festividade.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O palacio, orixinalmente coñecido como Buckingham House, era nun principio un petit hôtel construído para o primeiro duque de Buckingham en 1703 e adquirido polo rei Xurxo III do Reino Unido en 1762 para o converter en residencia privada. Nos seguintes 75 anos sufriu unha serie de ampliacións dirixidas por John Nash e Edward Blore (1850), creándose tres ás formando un patio central aberto. Coa chegada ó trono da raíña Vitoria, o palacio pasou a ser a residencia oficial dos monarcas. Nos séculos XIX e XX fixéronse algunhas reformas no palacio, como a que se levou a cabo en 1913 (a cargo de Aston Webb e que deu a fachada principal a súa imaxe actual, incluíndo o balcón desde o cal saúda a Familia Real).

O interior xeorxiano orixinal compoñíase de brillantes xesos con incrustacións de lapislázuli azul e rosa. Eduardo VII redecorou o palacio incorporándolle unha decoración do tipo Belle époque en tons crema e dourados. O lago artificial foi creado en 1828 e recibe auga do Lago Serpentine, que se atopa en Hyde Park.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de Buckingham

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]