Referendo de independencia de Escocia de 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Referendo de independencia de Escocia de 2014Referendo de independencia de Escocia de 2014
Data18 de setembro de 2014 Editar o valor em Wikidata
TipoReferendo de independencia Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado4.283.392 Editar o valor em Wikidata
3.619.915
   84.51٪
Número de votos válidos    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos 3.429
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Si
1.617.989   44.7٪
Non
2.001.926   55.3٪
Gañador/a

Editar o valor em Wikidata
 ← 1997 Editar o valor em WikidataEscocia Editar o valor em Wikidata
Situación de Escocia en Europa.

O goberno de Escocia, presidido por Alex Salmond, propuxo o 10 de xaneiro do 2012 a celebración dun referendo de independencia de Escocia, que se celebraría a máis tardar en 2014.[1][2]

O goberno británico presidido por David Cameron declarou o mesmo xaneiro de 2012 que o referendo debería convocarse antes de 18 meses [3][4] e que tería que contar coa aprobación expresa do Parlamento británico para ser legal. O referendo foi precedido da aprobación dunha lei que permitiu a celebración da consulta vinculante que permitiría a independencia efectiva de Escocia do Reino Unido.[5]

Os plans para celebrar a consulta remóntanse ao 2009, cando se programaron unha serie de consultas entre diferentes axentes escoceses para acadar os apoios políticos necesarios. O programa lexislativo que habería de permitir o referendo foi unha peza central das propostas lexislativas do Partido Nacional Escocés durante os anos 2009 e 2010, así como durante a campaña electoral para as eleccións ao Parlamento de Escocia de 2011, nas cales conseguiron uns resultados excelentes e a maioría absoluta no Parlamento de Escocia.

A idade legal para votar no referendo foi situada nos 16 anos no canto dos 18 habituais noutras eleccións en Escocia e no Reino Unido.[6]

O referendo celebrouse o 18 de setembro do ano 2014 cun resultado favorable a unión co resto do Reino Unido cunha alta participación do 84'59% do censo. Os votos contrarios á independencia acadaron o 55'3% contra o 44'7% que votou a favor de se converter nun estado independente. Como consecuencia da derrota o primeiro ministro escocés, Alex Salmonds, dimitiu do cargo.[7]

A pesar do resultado negativo á independencia, a importante cantidade de votos a prol da mesma fixo que o parlamento británico e o escocés pactasen un aumento das competencias deste último que se plasmaron na reforma da chamada lei de Escocia no ano 2016.

Tras o referendo sobre a permanencia na UE do Reino Unido, no que a maioría do pobo británico decidiu marchar da UE, o goberno escocés veu en pedir un novo referendo pola independencia de Escocia xa que en tódolos distritos electorais escoceses gañara a opción da permanencia na UE.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Non existen precedentes dun referendo de independencia realizado en Escocia. En 1979 realizouse un referendo para reinstaurar a asemblea lexislativa de Escocia trala súa suspensión en 1707 que non prosperou, mais que saíu favorable nunha nova consulta levada a cabo en 1997, o que supuxo a recuperación do Parlamento escocés.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]