Eduardo VII do Reino Unido
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Eduardo VII do Reino Unido (en inglés: Albert Edward) (9 de novembro de 1841 – 6 de maio de 1910) foi Rei do Reino Unido, rei de 15 países da Commonwealth e Emperador da India. Fillo primoxénito da Raíña Vitoria, Eduardo VII foi o primeiro monarca británico da Casa de Saxonia Coburgo Gota. Reinou do 22 de xaneiro de 1901 até a súa morte, o 6 de maio de 1910.
Antes de súa ascensión ao trono, Eduardo foi Príncipe de Gales e é coñecido por ter sido o herdeiro aparente do trono durante máis tempo que ninguén en toda a historia británica. O seu reinado viu o primeiro recoñecemento oficial do oficio de primeiro ministro. Converteuse no primeiro monarca británico en visitar Rusia (1908).
Foi sucedido polo seu fillo, Xurxo V do Reino Unido.
|
|||||