Vitoria do Reino Unido
Alexandrina Vitoria, nada en Londres, o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña de Gran Bretaña e Irlanda de 1837 a 1901, sucedendo a Guillerme IV de Inglaterra (irmán do seu pai), e emperatriz da India dende 1877.
Traxectoria [editar]
Foi a filla de Edward Augustus, duque de Kent e Strathearn e da princesa Vitoria María de Saxonia Coburgo Saalfeld. Casou en 1840 no palacio de Saint James co príncipe Alberte de Saxonia Coburgo Gota, coroado príncipe consorte en 1857. Deste matrimonio naceron:
- O rei Eduardo VII do Reino Unido
- Alfredo, pai de María, casada co rei Fernando I de Romanía
- Arturo, pai de Margarita, casada co rei Gustavo VI Adolfo de Suecia
- Vitoria, casada co emperador Federico III de Alemaña
- Alicia, casada co gran duque Luís IV de Hesse e do Rin, nai de Alexandra Fiodorovna de Rusia.
Está enterrada no Mausoleo Real (Royal Mausoleum) de Frogmore. A ela débese a expresión época vitoriana para referirmos á época de apoxeo do Imperio Británico que describiu Charles Dickens nas súas novelas.
|
|||||