Cultura do Sáhara Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cultura do Sáhara Occidental está marcada polo modo de vida nómade dos seus habitantes e pola climatoloxía do deserto.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Igual que en todos os países do Magrebe o ingrediente principal é o cuscús, que acostuma ser acompañado por todo tipo de alimentos. As influencias da cociña do sur, o fan consumir con acompañamento de cacahuete. O porco apenas se consome, xa que non é legal segundo as leis islámicas. Por outra banda os saharianos consomen moita carne de camelo e mais de cabra. Algunhas tribos son coñecidas por cultivar trigo, cebada e outros cereais que empregan nos seus pratos.

Dado que son nómades case toda a súa dieta está baseada na carne, o leite e outros derivados. As tribos costeiras consumían cantidades abondo de peixe, arroz...

Produtos tradicionais[editar | editar a fonte]

  • Cuscús, pasta de sémola, con carne e verduras.
  • Tayyin, prato de carne de camelo ou de cabra.
  • Minefisia, pan sen lévedo cocido sobre a area; leva carne de coello.
  • Azzmit, cereais.
  • Aych, cereais con leite.
  • Arroz con peixe.

Bebidas[editar | editar a fonte]

É moi importante a inxestión de . Adoita ser unha especie de ritual no que beben tres cuncas; existe un dito popular: "a primeira cunca din que é amarga como a vida, a segunda doente como o amor e a terceira suave como a morte".

Arte africana occidental[editar | editar a fonte]

O continente africano acolle gran diversidade de culturas, caracterizadas cadansúa por un idioma propio, unhas tradicións e unhas formas artísticas características. Pese a que a enorme extensión do deserto do Sáhara actúa como barreira divisoria natural entre o Norte de África e o resto do continente, ha considerábeis evidencias que confirman todo un contínuum de influencias entre ambas as dúas zonas a través das rutas comerciais que cruzan África desde tempos remotos.

Hoxe, por exemplo, aparecen entre as culturas do Sur do Sáhara abundantes mostras de arte islámica, así como tamén formas arquitectónicas de inspiración norte-africana. Ademais, as investigacións apuntan a unha influencia recíproca entre estas zonas do Sur coas tradicións artísticas e culturais das rexións do Norte magrebí mais pechadas ao mar Mediterráneo. A arte de Exipto, unha das máis brillantes de África, ten importantes conexións artísticas e culturais coas civilizacións africanas subsaharianas.

As artes africanas son fiel reflexo das ricas historias, filosofías, relixións e sociedades dos habitantes deste vasto continente. A arte africana, amen da súa importancia, inherente as xentes que a produciran, ten inspirado tamén algúns dos máis importantes artistas e movementos da arte contemporánea tanto de Europa como de América. Os artistas occidentais do século XX admiraran a importancia que se concedera á abstracción na arte africana, estimulando así a súa falta de preocupación polo naturalismo.

A historia da arte africana remonta aos tempos prehistóricos. Entre as representacións artísticas máis antigas están as pinturas e gravados rupestres de Tassili e Ennedi, no Sáhara (-6000 e século I, respectivamente).

Outros exemplos de arte primitiva témolos nas esculturas modeladas en arxila polos artistas da cultura Nok, ao Norte de Nixeria, datadas entre o 500 a.C. e o 200 a.C.; tamén nos traballos decorativos en bronce de Igbo-Ukwu (século IX e século X), e nas magníficas esculturas en bronce e terracota de Ifé (do século XII ao século XV). Estas últimas mostran tal destreza técnica e están representadas de forma tan naturalista que nun principio, aínda que erradamente, considerouse que estaban inspiradas na Grecia clásica. As ricas tradicións artísticas africanas continúan na actualidade, tanto na súaa liña máis tradicional como a través de renovadores xeitos de expresión.