Dakhla
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Dakhla | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | Sáhara Occidental |
| Provincia: | Oued Eddahab |
| Xeografía | |
| Altitude: | 19 msnm |
| Poboación | |
| Poboación total: | 40.000 hab. (2006) |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | |
Dakhla ou Ad-Dakhla (en árabe: الداخلة, 'a interior'), tamén chamada Villa Cisneros, é unha cidade do Sáhara Occidental cunha poboación aproximada de 40.000 habitantes. Atópase a uns 550 km ao sur de El Aaiún na costa atlántica, sobre unha estreita península, a península de Río de Oro, que se estende paralela á costa en dirección nordés-suroeste.