Gran Premio de Abu Zabi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Abu Zabi
Plano do Circuíto
Datos
Anos disputados 15
Primeira disputa 2009
Última disputa 2023
Localización Illa Yas. Emiratos Árabes Unidos
Patrocinador principal Etihad Airways
Lonxitude 306´183 km en 58 voltas
Marca de volta 1:40.650 (Valtteri Bottas Mercedes)
Piloto récord Lewis Hamilton (5)
Escudería récord Red Bull (7)
Poles récord Lewis Hamilton (5)
Vista do Circuíto
Vista

O Gran Premio de Abu Dabi (en árabe: أبوظبي سباق الجائزة الكبرى) é unha carreira de Fórmula 1. Anúnciouse a principios de 2007 no Festival de F1 de Abu Dabi nos Emiratos Árabes. A primeira carreira disputouse o 1 de novembro de 2009, no Circuíto de Yas Marina deseñado por Hermann Tilke.

O 25 de xuño de 2008, a FIA presentou o calendario provisional de Fórmula 1 de 2009, que incluía o Gran Premio de Abu Dabi como a 19ª carreira e última da tempada o 15 de novembro. O 5 de novembro de 2008, anunciouse que a carreira sería disputada o 1 de novembro, dúas semanas antes da data inicialmente prevista, como 17ª carreira e última da tempada.

A carreira foi a primeira carreira nocturna da Fórmula 1, comezando ás 17:00 hora local. Os reflectores que serven para iluminar o circuíto son encendidos desde o inicio do evento para garantir que hai unha transición suave da luz do día a escuridade da noite.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

A Fórmula 1 chegou por primeira vez a Abu Dabi en 2007 baixo o disfrace de Festival de Fórmula 1. Anunciado en xaneiro de 2007, o evento que tivo lugar o 3 de febreiro de 2007 foi libre, e o maior encontro de coches e pilotos da actual Fórmula 1 fóra dun Gran Premio. No festival, anunciouse que Abu Dabi acollería un Gran Premio a partir de 2009 ata 2016. Máis tarde, aquel ano, Etihad Airways negociou un acordo por tres anos para ser os patrocinadores do Gran Premio.

Gran Premio Inaugural[editar | editar a fonte]

Na tempada 2009, o Gran Premio de Abu Dabi foi engadido ao calendario. Provisionalmente anunciouse como disputado o 15 de novembro de 2009, como 19 e último Gran Premio da tempada. Tanto o Gran Premio do Canadá como o Gran Premio de Francia foron posteriormente eliminados do calendario provisional, e como resultado, o Gran premio de Abu Dabi foi trasladado para o 1 de novembro de 2009. Converténdose na última das 17 carreiras. En agosto de 2009, anunciouse que o horario de inicio serían as 17:00 hora local (13:00 UTC), e que a carreira sería con iluminación. A carreira inaugural foi gañada por Sebastian Vettel para Red Bull Racing

Gran Premio de 2010[editar | editar a fonte]

Na tempada 2010, o Gran Premio de Abu Dabi foi disputado no Circuíto de Yas Marina, na fin de semana do 12, 13, 14 de novembro de 2010. Na primeira carreira en Abu Dabi en 2009, xa estaba decidido o campionato. Esta vez, decidiuse por primeira vez o Campionato de Pilotos en Abu Dabi. O líder do campionato Fernando Alonso perdeu con Sebastian Vettel que conseguiu a súa segunda vitoria nesta pista, o novo piloto alemán, acadou o campionato mundial.

Circuíto[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Circuíto de Yas Marina.

O Circuíto Yas Marina está situado na Illa Yas, unha illa de 25´50 km² na costa leste de Abu Dabi, e o Gran Premio de Abu Dabi de 2009 foi o primeiro grande evento que tivo lugar no circuíto.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Etihad Airways é o patrocinador principal actual do Gran Premio de Abu Dabi.

Gañadores do Gran Premio de Abu Dabi[editar | editar a fonte]

Gañadores múltiples (pilotos)[editar | editar a fonte]

Os pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un

Gañados Piloto Anos
5 Lewis Hamilton 2011, 2014, 2016, 2018, 2019
4 Países Baixos Max Verstappen 2020, 2021, 2022, 2023
3 Alemaña Sebastian Vettel 2009, 2010, 2013

Gañadores múltiples (construtores)[editar | editar a fonte]

Os construtores en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un

Gañados Construtor Ano
7 Austria Red Bull 2009, 2010, 2013, 2020, 2021, 2022, 2023
6 Alemaña Mercedes 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019

Por ano[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2023 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT Yas Marina Resultados
2022 Países Baixos Max Verstappen Red Bull - RBPT Resultados
2021 Países Baixos Max Verstappen Red Bull - Honda Resultados
2020 Países Baixos Max Verstappen Red Bull - Honda Resultados
2019 Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2018 Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2017 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes Resultados
2016 Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2015 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Resultados
2014 Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2012 Finlandia Kimi Räikkönen Lotus-Renault Resultados
2011 Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados
2010 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2009 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]