Raynald Denoueix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raynald Denoueix
Información persoal
Nome Raynald Denoueix
Nacemento 14 de maio de 1948 (75 anos)
Lugar de nacemento Ruán
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1966–1979 Nantes
Adestrador
1982–1997 Nantes (xuvenís)
1997–2001 Nantes
2002–2004 Real Sociedad
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Raynald Denoueix, nado en Ruán o 14 de maio de 1948, é un exfutbolista e adestrador de fútbol francés. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Raynald Denoueix desenvolveu a súa carreira profesional como defensa no FC Nantes. Comezou a súa carreira como adestrador no US Gétigné, para regresar a Nantes ao ser nomeado como adestrador Jean-Claude Suaudeau. Denoueix en 1982 conseguiu ser o xefe do centro de formación de novos xogadores, e baixo a súa dirección algúns xogadores de gran futuro chegaron a ser as estrelas de Francia como Marcel Desailly, Didier Deschamps, e máis tarde a xeración de Christian Karembeu e Claude Makélélé.

Trala repentina saída de Jean-Claude Suaudeau poucos días antes do comezo da tempada 1997-1998, converteuse no primeiro adestrador. Tras uns resultados normais conseguiu gañar dúas veces consecutivas a Copa de Francia, e sobre todo o campionato de Liga de 2001, mentres que seguiu fiel á tradición dun fermoso para o público de Nantes. Pero uns meses despois do campionato, e a pesar dunha brillante campaña na Champions League 2001-2002, foi despedido debido a unha serie de malos resultados na liga.

En 2002 firmou polo club vasco da Real Sociedad. Na primeira tempada , Denoueix estivo moi cerca da fazaña, a Real Sociedad competiu con éxito durante toda a temporada co Real Madrid, ao non ceder o liderado ata a penúltima xornada da liga, tras perder pola mínima ante o Celta de Vigo. Pero a súa segunda tempada en España foi mais delicada: o equipo facía malabarismos entre a Liga e a Champions League 2003-2004 e Denoueix foi despedido na tempada 2003-2004.

Actualmente encóntrase sen equipo pero Raynald Denoueix traballa como consultor de Canal +, comentando o ocorrido na liga española no programa dos luns cos especialistas de Canal+sport.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

  • Ligue 1 (2): en 1973 e 1977 co Nantes.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

  • Gañador da Copa de Francia (2): en 1999 e 2000 co Nantes.
  • Ligue 1 en 2001 co Nantes.
  • Subcampión de España en 2003 coa Real Sociedad.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]