Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A UEFA Europa League 2011-12 foi a 41ª edición da segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Europa, organizada pola UEFA. O FC Porto tivo a oportunidade de defender o título de campión acadado na edición 2010-11, despois da súa pronta eliminación na rolda de grupos da Liga de Campións. A final disputouse o 9 de maio de 2012 no Arena Națională de Bucarest, Romanía. Nela enfrontáronse o Athletic Club e o Atlético de Madrid, que venceu por 3 goles a 0, acadando esta competición por 2ª vez en 3 anos.
Fase de Grupos[editar]
Nas 4 roldas eliminatorias previas á fase de grupos quedaron eliminados equipos tan salientables como o AS Roma, o USC Palermo, o FSV Mainz, o Estrela Vermella, o Rangers FC, o Spartak Moscova, o FK Partizan ou o Panathinaikos. Unha vez rematadas tódalas roldas previas da UEFA Europa League, comezou a fase de grupos. Esta fase constou de 12 grupos con 4 equipos cada un, que se enfrontaron en sí na casa e fora. Os dous primeiros de cada grupo clasificáronse para os dezaseisavos de final da competición, para atoparse cos 8 terceiros clasificados da fase de grupos da Liga de Campións.
As eliminacións mais salientables nesta fase de grupos da UEFA Europa League foron a do Paris Saint-Germain FC (dominador da Ligue 1 2011-2012) e a do Tottenham Hotspur.
Eliminatorias[editar]
Dezaseisavos de final[editar]
Entre os equipos clasificados para esta fase, 24 fixérono dende a fase de grupos da propia Europa League, mentres que os outros 8 fixérono dende a fase de grupos da Liga de Campións, ó quedaren terceiros en cadanseu grupo. Entre estes 8 equipos, algúns tan importantes como o Manchester United (vixente subcampión de Europa), o FC Porto (vixente campión desta competición), ou o Manchester City (líder da Premier League). O sorteo dos dezaseisavos de final celebrouse o 16 de decembro de 2011 en Nyon, Suíza. Os encontros de ida disputáronse os días 15 e 16 de febreiro, e os de volta os días 22 e 23 de febreiro. Así quedaron os 16 emparellamentos:
Oitavos de final[editar]
Trala eliminación na rolda de dezaseisavos de final de equipos como o vixente campión, o FC Porto, amais doutros tan salientables como o Ajax Amsterdam, o Steaua Bucarest ou o RSC Anderlecht, o cadro de enfrontamentos nos oitavos de final quedou do seguinte xeito.
Cuartos de final[editar]
Despois de caer eliminados varios dos favoritos na rolda de oitavos de final, como o Manchester United e o Manchester City, dominadores da Premier League 2011-2012, os 8 equipos clasificados para cuartos de final entraron no sorteo do día 16 de marzo, do cal saíron os seguintes emparellamentos:
Tres equipos españois conseguiron chegar ata as semifinais, ademais dun equipo portugués. A ida xogouse o 19 de abril, e a volta o 26 de abril.
Cadro das eliminatorias[editar]
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
|
. . . Principais Competicións entre Clubs de Fútbol en Europa na tempada 2011-2012:
|
|
| Continentais |
|
|
|
|
|
|
|
Ligas
|
|
|
Ligazóns externas[editar]