László Kubala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
László Kubala
Kubala.jpg
Kubala co Barcelona en 1953.
Información persoal
Nome completo László Kubala Stecz
Nacemento 10 de xuño de 1927
Lugar Budapest, Hungría
Falecemento 17 de maio de 2002 (74 anos)
Lugar Barcelona, España
Altura 1,76 m.
Posición Segundo dianteiro
Carreira xuvenil
1939–1943 Ganz TE
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1944 Ganz TE 9 (2)
1945–1946 Ferencváros 49 (27)
1946–1948 Slovan Bratislava 33 (14)
1948–1949 Vasas 20 (10)
1949–1950 Pro Patria ? (?)
1950 Hungária ? (?)
1951–1961 Barcelona 186 (131)
1963–1965 Espanyol 29 (7)
1966–1967 Zürich ? (?)
Selección nacional
1946–1947 Checoslovaquia 6 (4)
1948 Hungría 3 (0)
1953–1961 España 19 (11)
1953 Europa XI 1 (2)
1954–1963 Cataluña 4 (4)
1965 Europa XI 1 (1)
Adestrador
1961–1963 Barcelona
1963–1966 Espanyol
1966–1967 Zürich
1968 Toronto Falcons
1968–1969 Córdoba
1969–1980 España
1982–1986 Al-Hilal
1986 Murcia
1987–1988 Málaga
1988–1989 Elche
1992 España olímpica
1995 Paraguai
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
Estatua de homenaxe a Laszly Kubala nos exteriores do Camp Nou.

László Kubala Stecz (coñecido popularmente en España como Ladislao Kubala), nado en Budapest o 10 de xuño de 1927 e finado en Barcelona o 17 de maio de 2002, foi un xogador e adestrador de fútbol húngaro, de orixe eslovaca, que nos anos 50 obtivo a nacionalidade española. O mais salientable da súa carreira son os 11 anos que xogou no FC Barcelona (1950-1961), e os 11 anos que adestrou á selección española (1969-1980).

Equipos como xogador[editar | editar a fonte]

Tralo seu paso por varios equipos de Europa central, Kubala fuxíu dos rexímenes comunistas e estivo a piques de asinar co gran Torino Football Club en 1949, semanas antes da Traxedia de Superga na que morreron 18 xogadores e directivos do equipo nun accidente de avión, pero finalmente recalou no FC Barcelona, equipo co cal gañou 4 Ligas, 2 Copas de Ferias, 1 Copa Latina, 5 Copas do Xeneralísimo, 2 Copas Eva Duarte e 1 Pequena Copa do Mundo, ademais de ser subcampión de Europa en 1961.

Equipo Tempadas Encontros Goles Promedio
Hungría Ganz TE 1944 9 2 0.22
Hungría Ferencváros TC 1945-1946 49 33 0.67
Checoslovaquia ŠK Slovan Bratislava 1946-1948 36 15 0.42
Hungría Vasas SC 1948-1949 20 10 0.50
Hungría Hungaria 1949-1950
España FC Barcelona 1950-1961 256 194 0.75
España Espanyol 1961-1965 29 7 0.24
Suíza FC Zürich 1965-1967 1 0 0.00
Flag of Canada.svg Toronto Falcons 1967 19 5 0.26
TOTAL 1944-1967 419 266 0.63

Kubala xogou para 3 seleccións nacionais, feito inigualado por ningún outro xogador na historia do fútbol.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Kubala é o 3º máximo goleador histórico do FC Barcelona, por detrás de Paulino Alcántara e Josep Samitier; e tamén o 3º máximo goleador histórico do FC Barcelona en encontros oficiais, por detrás de César Rodríguez e Lionel Messi. En 2004 foi incluido na lista dos 50 mellores xogadores do século XX, que fixo a IFFHS para a FIFA.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Kubala adestrou ó FC Barcelona en dúas etapas (tempadas 1962-1963 e 1980-1981), sen acadar éxitos salientables. Adestrou tamén ó RCD Espanyol, Elche CF, Real Murcia, Córdoba, Málaga, FC Zürich, Toronto City e Toronto Falcons.

Foi seleccionador español durante 11 tempadas (entre 1969 e 1980), o que supón o récord de permanencia no cargo. Tamén foi seleccionador de Paraguai e de Arabia Saudí.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]