Copa Eva Duarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Copa Eva Duarte é o nome que recibiu, entre 1947 e 1953, a competición futbolística española, organizada pola Real Federación Española de Fútbol, que enfrontaba ao campión da Liga española de fútbol e ao campión da Copa do Xeneralísimo. A Copa Eva Duarte foi, xa que logo, a competición predecesora da actual Supercopa de España.

Historia[editar | editar a fonte]

A Copa Eva Duarte tivo o seu precedente en 1940, cando os campións de Liga e Copa enfrontáronse por primeira vez nunha final denominada Copa de Campións. A Copa de Campións, con todo, non tivo continuidade.

En 1945, o embaixador de Arxentina en España propuxo recuperar o enfrontamento entre os campións de Liga e Copa, e ofreceu un trofeo chamado Copa de Ouro Arxentina. Proclamouse campión o FC Barcelona que derrotou na final ao Athletic Club, nun espectacular partido que acabou co resultado de 5-4.

En 1946 non se disputou o trofeo e, en 1947, volveuse a disputar aínda que, de novo a proposta do embaixador arxentino, co nome de Copa Eva Duarte de Perón, xa que o trofeo foi doado pola esposa do entón presidente da República Arxentina. A competición disputaríase, baixo esa denominación, durante sete anos consecutivos ata o final da tempada 1952-1953, a causa do falecemento, en 1952, de Eva Duarte de Perón.

Historial[editar | editar a fonte]

Tempada Nome Campión Subcampión Resultado
1939-1940 Copa de Campións Atlético Aviación RCD Espanyol 3-7 e 14-1
1944-1945 Copa de Ouro Arxentina FC Barcelona Athletic de Bilbao 5-4
1946-1947 Copa Eva Duarte Real Madrid Valencia CF 3-1
1947-1948 Copa Eva Duarte FC Barcelona Sevilla FC 1-0
1948-1949 Copa Eva Duarte Valencia CF FC Barcelona 7-4
1949-1950 Copa Eva Duarte Athletic de Bilbao Atlético de Madrid 5-5 e 2-0
1950-1951 Copa Eva Duarte Atlético de Madrid FC Barcelona 2-0
1951-1952 Copa Eva Duarte FC Barcelona (campión de Liga e Copa)
1952-1953 Copa Eva Duarte FC Barcelona (campión de Liga e Copa)


Palmarés[editar | editar a fonte]

Pos. Equipo Campión Subcampión
1 FC Barcelona 4 2
2 Atlético de Madrid 2 1
3 Athletic Club 1 1
Valencia 1 1
5 Real Madrid 1 0
6 Espanyol 0 1
Sevilla 0 1


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]