Ellen Johnson-Sirleaf
| Ellen Johnson-Sirleaf | |
|
presidenta de Liberia
|
|
|---|---|
| 23 de novembro de 2005 – 23 de maio de 2013 (actualmente) | |
| Vicepresidente | Joseph Boakai |
| Precedido por | Charles Gyude Bryant |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 29 de outubro de 1938 (74 anos) |
| Partido | Partido da Unidade (Unit Party) |
| Profesión | economista |
| Alma mater | University of Colorado University of Wisconsin John F. Kennedy School of Government |
| Relixión | metodista |
Ellen Johnson-Sirleaf, nada o 29 de outubro de 1938, a 2009 era a presidenta de Liberia. A súa vitoria electoral foi formalmente anunciada pola comisión electoral liberiana o 23 de novembro de 2005 logo dos comicios presidenciais dese mesmo ano. Foi a primeira muller negra que foi elixida presidenta e asemade a primeira muller elixida xefa de estado en África. O seu vicepresidente é Joseph Boakai. É frecuente que a chamen, como a outras mulleres que chegaron ao poder, a dama de ferro. A revista Forbes nomeouna en 2006 como a 51ª muller máis poderosa do mundo.
Índice |
Biografía [editar]
Tres dos avós de Johnson-Sirleaf eran indíxenas liberianos mentres qu o cuarto era un alemán que casou cunha vendedora rural. Este seu avó tivo que marchar do país cando Liberia, en lealdade cos Estados Unidos lle declarou a guerra a Alemaña en 1917.
Johnson-Sirleaf graduouse no College of West Africa (en Monrovia), un instituto metodista, e proseguiu os seus estudos de Economía en Madison, Wisconsin, nos Estados Unidos en 1964, e obtivo o diploma na Universidade de Colorado en 1970, e un máster en administración Pública pola Universidade Harvard en 1971.
Á volta a Liberia tras Harvard, Johnson-Sirleaf conseguiu un posto de asistente no ministerio de Economía do goberno de William Tolbert. En 1980, o sarxento do exército Samuel Doe destitúe e asasina o presidente Tolbert, poñéndolle fin a décadas de relativa estabilidade. Doe era da etnia krahn e o primeiro presidente liberiano que non procedía da elite de descendentes de escravos estadounidenses. Nos dez anos seguintes, Doe levou os krahn a dominar a vida pública.
Durante o goberno de Doe, Johnson-Sirleaf marchou para o exilio en Nairobi, onde traballou para Citibank. Voltou ao país en 1985 para presentarse ao senado, pero cando falou contra o réxime militar de Doe, foi condenada a dez anos de cárcere. Posta en liberdade ao cabo duns meses, exiliouse a Washington, D.C., e regresou ao país doce anos despois, en 1997, como economista, traballando para o Banco Mundial e Citibank en África.
Aínda que inicialmente apoiou a rebelión sanguenta de Charles Taylor contra o presidente Samuel Doe en 1990, despois opúxose a el nas eleccións presidenciais de 1997. Só conseguiu o 10% dos votos, mentres que o seu contrincante Taylor acadaba o 75%. Daquela Taylor acusouna de traizón. Ela fixo campaña na súa contra, e foi unha membro moi activa do goberno de transición que se preparaba para as presidenciais de 2005. Coa saída de Taylor do país, colleu o liderado do Partido da Unidade.
Presidencia [editar]
Na primeira rolda das votacións, quedou segunda con 175.520 votos, pasando á segunda volta do 8 de novembro de 2005 contra o ex-futbolista George Weah. O 11de novembro, ta comisión electoral de Liberia declaraba a Johnson-Sirleaf presidenta electa de Liberia. O 23 de novembro, ratificaban a decisión sinalando que Johnson-Sirleaf librara cando menos un 20% de marxe sobre Weah. Os distintos observadores declararon que o proceso fora xusto e limpo. Á toma de posesión, que tivo lugar o 16 de xaneiro de 2006 asistiron diversas personalidades internacionais, entre as que se atopaban Condoleezza Rice e Laura Bush.
Desafortunadamente para Johnson-Sirleaf, os seareiros do deposto ditador Charles Taylor aínda son abondosos nas filas do goberno liberiano. Edwin Snowe, o seu actual voceiro e terceiro en orde de importancia do goberno, é o xenro de Taylor. A súa muller, Jewel Howard Taylor, é deputada, como tamén o é Prince Johnson, a quen se lle gravou torturando e asasinando a Samuel Doe en 1990, nunha cinta que deu a volta ao mundo. Independentemente diso, o 17 de marzo de 2006, a presidenta Johnson-Sirleaf pediu un informe oficial para reclamarlle a Nixeria a extradición de Taylor.
O 26 de xullo de 2006 declarábase un incendio no pazo presidencial onde Johnson Sirleaf acollía os líderes de Costa de Marfil, Gana, e a Serra Leoa. A policía non excluíu a posibilidade dunha sabotaxe.
| Predecesor:: Charles Gyude Bryant |
Presidente de Liberia dende: 2005 |
Sucesor: - |
Datos persoais [editar]
Johnson-Sirleaf é nai de catro fillos (dous deles viven nos Estados Unidos e outros dous en Liberia) e avoa de seis netos.
Publicacións [editar]
- From Disaster to Development (1991)
- The Outlook for Commercial Bank Lending to Sub-Saharan Africa (1992)
- Coautora: Women, War and Peace: The Independent Experts’ Assessment on the Impact of Armed Conflict on Women and Women’s Role in Peace-building (2002), un proxecto do UNIFEM (o Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller.
Premios [editar]
- En 2011 foi galardoada co Premio Nobel da Paz, a canda Leymah Gbowee e Tawakkul Karman, polo papel das mulleres nos procesos de paz e democratización.
- Franklin Delano Roosevelt Freedom of Speech, 1988
- Ralph Bunche de Liderado Internacional
- Gran comendadora da Star of Africa Redemption of Liberia
- Comendadora da Orde do Togo)
- Common Ground 2006
- Liderado na persecución da fin da fame, 2006