Albi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Santa Cecilia e o Palacio Berbiee

Albi é unha comuna francesa capital do departamento de Tarn e da rexión Mediodía-Pireneos, situada a carón do río Tarn. Actualmente ten 48.916 habitantes (2010). Os albixenses tomaron o seu nome da cidade.

A cidade foi fundada polos romanos, e foi coñecida como Albiga. Entre os monumentos da cidade está a basílica gótica de Sainte Cécile (1282-1480), a construción en ladrillo máis grande do mundo, e a Ponte Vella, aínda en uso despois de mil anos de existencia.

O pintor Henri de Toulouse-Lautrec naceu en Albi.

Administración[editar | editar a fonte]

A súa alcaldesa (2014) é Stéphanie Guiraud-Chaumeil, dunha coalición de partidos de centro-dereita[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Albi