Bilbao Bizkaia Kutxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bilbao Bizkaia Kutxa
Bilbao - BBK 1 (Gran Via).jpg
Sede actual de BBK
Tipo Caixa de aforros
Fundación 1990
Localización Gran Vía, 30
48009 Bilbao Flag of the Basque Country.svg
Persoas clave Xabier Sagredo Ormaza (presidente)
Industria Obra social
Número de empregados 2.897 (2009)
Páxina web portal.bbk.es

Bilbao Bizkaia Kutxa (BBK) é unha caixa de aforros do País Vasco, creada en 1990 coa fusión da Caja de Ahorros Municipal de Bilbao e a Caja de Ahorros Provincial de Vizcaya en 1990. O seu nome completo é Bilbao Bizkaia Kutxa, Aurrezki Kutxa eta Bahitetxea (en galego, Caixa Bilbao Biscaia, Caixa de Aforros e Monte de Piedade) e a súa sede principal atópase en Bilbao. É a principal caixa en Biscaia e no País Vasco.

Desde o 1 de xaneiro de 2012 exerce a súa actividade financeira a través do SIP Kutxabank xunto con Caja Vital e Kutxa.

Historia[editar | editar a fonte]

Colonias infantís da Caja de Ahorros Municipal de Bilbao en Sukarrieta (Biscaia).

Bilbao Bizkaia Kutxa constituíuse o 16 de febreiro de 1990 pola fusión da Caja de Ahorros Municipal de Bilbao (fundada en 1907) e a Caja de Ahorros Provincial de Vizcaya (fundada en 1921).

Constituíuse como Entidade Benéfica,[1] "Pola súa condición de Entidade Benéfica, gozará de cantos dereitos substantivos, procesuais, fiscais ou doutra natureza, lle recoñezan as disposicións legais, incluído o de xustiza gratuíta."

En outubro de 2008, os consellos de administración da BBK e da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Gipuzkoa e San Sebastián (Kutxa) aprobaron o proxecto de fusión de ambas as dúas entidades. Planeaban formar en 2009 a Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Euskadi (Euskadiko Aurrezki Kutxa eta Bahitetxea), que mantería o nome comercial de Kutxa. A tal fin, convocaron asembleas xerais para o 28 de novembro.[2] A da BBK aprobou a fusión, como se prevía (68 apoios e 26 rexeitamentos, de 94 votos emitidos), pero na Kutxa guipuscoana a maioría conseguida (63 dos 100 compromisarios) non superou os dous terzos necesarios.[3] Tras o fracaso da fusión, a BBK houbo de expandirse a Guipúscoa, para evitar ser novamente sancionada polo Tribunal de Competencia, abrindo en outubro de 2009 senllas oficinas en Eibar e Zarautz.

O 16 de xullo de 2010, o Banco de España adxudicou á caixa biscaíña a intervida CajaSur, constituíndo a sétima entidade financeira española por volume de activos.[4]

O 16 de setembro de 2011, a asemblea extraordinaria de BBK aprobou a creación do banco Kutxabank a través do cal exerce a súa actividade financeira dende o 1 de xaneiro de 2012. Kutxabank creouse mediante un SIP xunto a Caja Vital e Kutxa.[5]

Obra Social[editar | editar a fonte]

Como a maioría das caixas de aforros españolas, BBK traspasou o seu negocio bancario a un banco de nova creación (neste caso Kutxabank). BBK conserva a xestión da obra social que, en 2013, conta cun presuposto de 32,8 millóns de euros.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bilbao Bizkaia Kutxa Modificar a ligazón no Wikidata