Raúl García Escudero
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Raúl García Escudero | ||
| Nacemento | 11 de xullo de 1986 (26 anos) | ||
| Lugar | Pamplona, España | ||
| Altura | 1,83 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | CA Osasuna | ||
| Número | 14 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Ardoi | |||
| Osasuna | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2004-2005 | Osasuna B | 28 | (3) |
| 2004–2007 | Osasuna | 68 | (9) |
| 2007– | Atlético de Madrid | 120 | (7) |
| 2011–2012 | → Osasuna (cedido) | 33 | (11) |
| Selección nacional | |||
| 2004–2005 | España sub-19 | 7 | (4) |
| 2006-2009 | España sub-21 | 20 | (1) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 13 de maio de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Raúl García Escudero, nado en Pamplona o 11 de xullo de 1986, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o CA Osasuna, onde xoga cedido polo Atlético de Madrid.
Índice |
Traxectoria[editar]
Raúl García é unha das novas perlas da canteira de Osasuna. Formado nas instalacións de Tajonar, deu o salto a Primeira división da man de Javier Aguirre. Militou no primeiro equipo rojillo desde o ano 2004 ao 2007, contribuíndo de forma fundamental á clasificación de Osasuna para a Champions League e chegando a semifinais da Copa da UEFA nos anos 2006 e 2007 respectivamente.
É un xogador moi completo, con gran visión de xogo; bo distribuidor, ten un potente disparo de media e longa distancia e ademais é un óptimo cabeceador.
Estas características fixeron que equipos como o Valencia, Zaragoza, Real Madrid ou Atlético de Madrid fixásense nel. Finalmente o 19 de xuño de 2007 fichou por cinco tempadas polo Atlético de Madrid.
Na súa primeira tempada co Atlético (2007-2008) obtivo a Copa Intertoto. Foi titular habitual e contribuíu co seu xogo e algúns goles á clasificación para a fase previa da Champions League. Na tempada 2009/2010 proclamouse campión da Europa League e subcampión da Copa do Rei e ao comezo da 2010/2011 foi campión da Supercopa de Europa.
Palmarés[editar]
Copas nacionais[editar]
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Copa do Rei | Atlético de Madrid | España | 2013 |