Athletic Club EFT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Athletic Club Emakumeen Futbol Taldea (en éuscaro, Athletic Club Equipo de Fútbol Feminino) é un club español de fútbol feminino da cidade de Bilbao. Creouse en 2002, tras a unión co el Leioa EFT, club fundado en 2000 que militaba na Superliga, máxima categoría da liga femenina española. Na súa tempada de debut, as leonas lograron conquistar o campionato de liga, enchendo o estadio de San Mamés con 35.000 espectadores na xornada decisiva do torneo.[1] Logo virían dous títulos máis gañados de forma consecutiva e un cuarto en 2007, situándose como un dos clubs máis laureados da Superliga con catro títulos. O equipo feminino, ao igual que o masculino, só xoga con xogadoras nadas ou formadas no País Vasco. Conta cun segundo equipo, o Athletic Club EFT B.[2]

Cabe destacar entre as súas xogadoras a Iraia Iturregi, a primeira na historia que disputou 100 partidos co Athletic.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]