José María Maguregui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José María Maguregui, nado en Ugao-Miraballes (Biscaia) o 16 de xuño de 1934 e finado en Bilbao o 30 de decembro de 2013, foi un futbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolísta[editar | editar a fonte]

A maior parte da súa carreira como deportista transcorreu no Athletic de Bilbao, onde formou parella no centro do campo con Mauri. Con este equipo gañaría unha Liga e tres Copas nos anos cincuenta, marcando o gol do triunfo nunha das finais polo campionato copero. Nesa década tamén foi sete veces internacional.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Na súa faceta como técnico nos anos setenta e oitenta, Maguregui foi o máximo expoñente do fútbol conservador e de derroche de poderío físico na súa época.

Comezou adestrando un ano ao Miravalles, pasando despois ou Sestao Sport. O seu bo papel en Sestao fixo que fichara polo Racing de Santander, en Segunda División, no ano 1972. Nos seus cinco anos en Santander conseguiu dous ascensos a Primeira División deixando ao equipo asentado na máxima categoría.

No ano 1977 ficha polo Celta de Vigo trala dimisión do anterior adestrador, Toni Cuervo. Co equipo celtista consigue reconducir o mal inicio de tempada e conseguir o ascenso a Primeira División pero problemas co contrato fan que non poida dirixir ao equipo nesa categoría.

De Vigo marchou ao AD Almería, co que conseguiu outro ascenso, o primeiro da historia do club almeriense e para completar esa boa labor na primeira tempada na máxima categoría leva ao equipo á novena praza. Estes excepcionais dous anos fan que o fiche o RCD Espanyol, onde permanecería tres anos antes de volver a Santander para devolver ao Racing a Primeira División na tempada 1983-84. Nas diferentes etapas dirixiría ao Racing de Santander un total de nove tempadas, sendo o adestrador con máis encontros disputados do club.

Na tempada 1987-88 volve ao Celta, recen ascendido a Primeira, pero non remataría o curso xa que ficharía polo Atlético de Madrid tras un moi bo inicio de tempada do club céltico.

Porén despois de adestrar ao Real Murcia volvería a Vigo a finais da tempada seguinte, a 1989-90, para tentar evitar o descenso, obxectivo que non lograría. Xa en Segunda División pronto sería destituído por Txetxu Rojo ante os malos resultados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]