Ángel María Villar
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Ángel María Villar Llona | ||
| Nacemento | 21 de xaneiro de 1950 (62 anos) | ||
| Lugar | Bilbao, España | ||
| Altura | 1,79 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1961–1969 | Athletic Club | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1969–1981 | Athletic Club | 291 | (22) |
| 1969–1970 | → Galdakao (cedido) | ||
| 1970–1971 | → Getxo (cedido) | ||
| Selección nacional | |||
| 1972 | España Olímpica | 1 | (0) |
| 1973–1979 | España | 22 | (3) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Ángel María Villar Llona, nado en Bilbao o 21 de xaneiro de 1950, é un ex futbolista e dirixente deportivo español. É o presidente da Real Federación Española de Fútbol desde 1988, actualmente vicepresidente da FIFA e vicepresidente terceiro da UEFA.
Índice |
[editar] Biografía
[editar] Como futbolista
Formado nas categorías inferiores do Athletic Club, Villar pasou polo CD Galdakao e o CD Getxo para regresar en 1970 ao club biscaíño, onde desenvolveu toda a súa carreira como profesional. Co primeiro equipo dos branquivermellos debutou en Primeira División o 9 de setembro de 1971. Ata colgar as botas, en 1981, conquistou unha Copa do Generalísimo en 1973 e foi subcampión da Copa da UEFA en 1977.
Como xogador destacou na súa traxectoria pola súa entrega e a súa calidade, pero quedará para os anais unha memorable agresión á superestrella azulgrana Johan Cruyff o 24 de marzo de 1974, cuxas imaxes deron a volta ao mundo.[1]
[editar] Como dirixente
En 1978 Villar xa fora un dos fundadores da Asociación de Futbolistas Españois (AFE), sindicato do que chegou a ser vicepresidente. Posteriormente foi elixido presidente da Federación Biscaíña de Fútbol e pertenceu á xunta da Real Federación Española de Fútbol presidida por José Luis Roca. En 1988 substituíu a este como presidente, sendo reelixido no cargo en cinco ocasións: 1992, 1996, 2000, 2004 e 2008. Actualmente vive o seu quinto mandato á fronte do máximo organismo futbolístico español. O máis destacable deste longo período foron os éxitos deportivos da selección española de fútbol ao comezo e nos últimos tempos do seu mandato, gañando títulos como as olimpíadas de 1992, a eurocopa de 2008 ou o mundial de 2010, así como numerosos trofeos en categorías inferiores.
É tamén vicepresidente da UEFA desde 1992 e da FIFA desde 2000.
[editar] Controversia como dirixente
En 2003 despediu a quen foi o seu Secretario Xeral durante 12 anos, Gerardo González, alegando deslealdade e baixo acusacións de filtrar documentos á prensa. Este á súa vez denunciou á federación por irregularidades económicas e presentou unha candidatura ás seguintes eleccións coa que non logrou acceder á presidencia. Desde esa data iniciouse un proceso de reforma estrutural en todos os niveis, pasando a ser Jorge Pérez Arias Secretario Xeral. Construír a nova Cidade do Fútbol Español en Las Rozas, remodelouse a Dirección Deportiva federativa con Fernando Hierro como máximo responsable, e a estrutura administrativa da RFEF con profesionais externos á fronte de diferentes departamentos (Vicente Casado Salgado en Mercadotecnia, Emilio Garcia Silvero para os temas Xurídicos, Pedro Rubio Otaño en Recursos Humanos e Calidade, ou Antonio Bustillo para Comunicación).
Durante o seu mandato na RFEF cuestionouse moito sobre a súa xestión a diferentes niveis como o funcionamento e designación no colectivo arbitral, subvencións, e ata na súa actuación contra determinadas resolucións do estado español en materias de sucesión do cargo. O goberno intentou promover unha reforma en 2007 cunha norma específica que entre outros resultados conduciría a que abandonase o cargo que ocupaba desde facía máis de 20 anos. Villar respondeu cunha candidatura apoiada por máis do 80% dos votos, obtendo a reelección.
Entre outros xuízos pendentes de resolución por irregularidades económicas, graves deficiencias no control e xestión de subvencións que afectan a máis de 20 millóns de euros acreditadas polo tribunal de contas levaron ao CSD a conxelar a subvención á RFEF á espera do ditame xudicial.
[editar] Palmarés
[editar] Trofeos nacionais
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Copa do Generalísimo | Athletic Club | España | 1973 |
[editar] Copas internacionais
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Subcampión da Eurocopa | Selección española | Francia | 1984 |
[editar] Notas
- ↑ Hemeroteca de Mundo Deportivo del 27-03-1974 [1] (Consultado o 05-02-2011)