Txetxu Rojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Txetxu Rojo
Información persoal
Nome completo José Francisco Rojo Arroitia
Nacemento 28 de xaneiro de 1947 (67 anos)
Lugar Bilbao, España
Altura 1,77 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1965 Bilbao Athletic 3 (5)
1965–1982 Athletic Club 413 (48)
Total 416 (53)
Selección nacional
1965 España sub-18 1 (1)
1969–1970 España sub-23 3 (0)
1969–1978 España 18 (3)
Adestrador
1986–1989 Bilbao Athletic
1989–1990 Athletic Club
1990–1994 Celta de Vigo
1994 Osasuna
1995–1997 Lleida
1997–1998 Salamanca
1998–2000 Zaragoza
2000–2001 Athletic Club
2001–2002 Zaragoza
2003–2004 Rayo Vallecano
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Francisco "Txetxu" Rojo Arroitia, nado o 28 de xaneiro de 1947 en Bilbao, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Athletic Club ata o ano 1965, cando pasa a formar parte do primeiro cadro de persoal. Xogaba na demarcación de dianteiro.

Co club bilbaíno disputou un total de 413 encontros en Primeira División converténdose no segundo xogador con máis partidos disputados da historia do Athletic. Nestas dezasete tempadas anotaría un total de 48 goles e gañaría dúas Copas do Rei.

Foi internacional coa Selección española de fútbol en 18 ocasións anotando tres goles.

Con motivo da súa retirada en 1982 o Athletic celebrou un partido de homenaxe contra a Selección de fútbol de Inglaterra

Como Adestrador[editar | editar a fonte]

No ano 1986 volve ao Athletic para adestrar ao equipo filial pasando en 1989 ao primeiro equipo.

Na tempada 1990–91 chega a Vigo en medio da tempada a un Celta de Vigo en Segunda División que ía a deriva con Maguregui como técnico.

A tempada seguinte con Rojo na bancada e Vlado Gudelj no campo o Celta consigue o ascenso gañando o campionato de Segunda División. Xa na máxima categoría pasou de loitar pola permanencia a disputar a final da Copa do Rei en Madrid que perdeu nos penaltis ante o Real Zaragoza.

Antes de concluír a tempada Rojo decide abandonar o Celta para fichar polo Osasuna ante a venda por parte do club céltico de xogadores importantes.

Tras adestrar a Osasuna e Lleida, na tempada 1997–98 ficha polo UD Salamanca e un ano máis tarde polo Real Zaragoza. No club aragonés consigue o mellor posto en Liga como adestrador, cuarto, na tempada 1999–00. A raíz deste éxito volveu á bancada do Athletic Club, onde permaneceu un ano para volver outra vez ao Zaragoza.

Remataría a súa carreira de adestrador na tempada 2003–04 no Rayo Vallecano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]