Ander Iturraspe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ander Iturraspe
Información persoal
Nome Ander Iturraspe Derteano
Nacemento 8 de marzo de 1989 (35 anos)
Lugar de nacemento Abadiño
Altura 1,87 m
Posición Mediocentro
Información de club
Club actual Espanyol
Carreira xuvenil
1998-1999 CP Matiena
1999-2003 Athletic Club
2003-2004 Abadiño
2004-2007 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007-2008 Baskonia 30 (1)
2008–2010 Bilbao Athletic 40 (1)
2008–2019 Athletic Club 232 (3)
2019– Espanyol 0 (0)
Selección nacional
2012 España sub-23 1 (0)
2011– Euskadi 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de febreiro de 2014.
editar datos en Wikidata ]

Ander Iturraspe Derteano, nado en Abadiño (Biscaia) o 8 de marzo de 1989, é un futbolista vasco. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o RCD Espanyol da Liga Santander.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iturraspe chegou ao Athletic Club en 1999, cando tiña 10 anos, e pasou por varias categorías inferiores do club. En 2007, fichou polo CD Baskonia.

O 12 de marzo de 2008, Iturraspe xogou de titular co primeiro equipo do Athletic nun amigable contra o Zalla UC, na vitoria dos bilbaínos por 6-1. Ademais, xogou dous amigables máis, contra o Club Portugalete[1] e o Aviron Bayonnais FC.[2]

O 23 de xuño de 2008, foi subido oficialmente ao primeiro equipo, tras xogar 30 partidos co Baskonia.[3] O 14 de setembro xogou o seu primeiro partido oficial de titular, no empate do Athletic contra o Málaga CF por 0-0.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Portugalete 1 Athletic Club 2". Athletic Bilbao. 16 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2008. 
  2. "Aviron 1 - Athletic Club 1". Athletic Bilbao. 14 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 14 de maio de 2008. 
  3. "Baskonia and Bilbao Athletic, signings and departures". Athletic Bilbao. 23 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]