Saltar ao contido

Verdura

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Verduras

As verduras[1] son hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta, tal e como poden ser os talos, as follas etc. e que forman parte da alimentación humana. Case todas elas son de baixo contido en graxas e calorías, representando ademais fontes de vitaminas, minerais, fibra e hidratos de carbono. A definición do que é verdura é de uso máis 'popular' que 'científico' e está suxeita a diversas interpretacións culturais. Dende un punto de vista culinario as plantas (ou os seus froitos) que non posúen un sabor doce (agás algunhas excepcións) considéranse verduras. A produción comercial de verduras é unha ponla da horticultura denominada olericultura.

Tipos de verduras

[editar | editar a fonte]

Pódense clasificar as diferentes verduras pola parte da planta dedicada á alimentación ou que é comestible; deste xeito tense que as verduras normalmente proceden de:

Por contido de hidratos de carbono

[editar | editar a fonte]

Existen nesta categoría tres grupos dependendo do contido de hidratos de carbono:

  • Grupo A (apenas): espinaca, berenxena, col, leituga, pemento, tomate e cabaza.
  • Grupo B (ata o 10% de hidratos de carbono): alcachofas, cebolas, nabos, allo porros, cabazas, cenorias e remolacha.
  • Grupo C (ata un 20%): batatas, patacas e millo tenro.

Orixes das verduras

[editar | editar a fonte]
Cenorias de diferentes tipos e cores.

As principais verduras teñen a súa orixe nos diferentes continentes,[2] segundo esta distribución:

Cores das verduras

[editar | editar a fonte]
Corte dun talo de apio

A cor das verduras indica o contido dalgunha substancia característica. O habitual é que predomine a cor verde debido á presenza dun pigmento natural verde denominado clorofila. A clorofila pode verse afectada facilmente polo pH das substancias da planta e por esta razón pode variar a cor dende o verde oliva que revela a existencia de medios ácidos ata o verde brillante dos medios alcalinos. Algúns dos ácidos presentes nas verduras libéranse durante a cocción, particularmente se se cocen sen tampa.

Se se observan outras cores como o amarelo/laranxa en verduras débese á presenza de carotenoides, que se ven afectados igualmente polos procesos de cociñado ou de cambios no pH.

O vermello/azul dalgunhas verduras como as remolachas débense á presenza dunha substancia química natural denominada antocianina, pigmento natural sensible aos cambios do pH. Cando o pH é neutro, os pigmentos son de cor púrpura, ao chegar a ácido póñense de cor vermella e ao chegar a un valor alcalino, azul. Todos estes pigmentos son moi solubles na auga.

Comercialización e distribución

[editar | editar a fonte]
Variedade de verduras nun mercado de Sucre, Bolivia

A comercialización realizouse dende a antigüidade en grandes mercados na rúa, prazas e lugares públicos, onde expuñan á venda os diferentes granxeiros e agriculores dunha rexión os produtos vexetais e hortalizas procedentes da súa colleita. Os negocios de exposición adoitaban ser familiares. Nestes casos a venda das verduras dependía da estacionalidade das mesmas, das condicións climáticas, as técnicas de cultivo etc. Tan só estaba dispoñible para vender aquilo que era posible recoller en cada época do ano. Os mercados de verduras adoitaban atoparse nas proximidades dos templos e lugares de paso.

Nas grandes cidades é frecuente poder mercar as verduras nos supermercados, grandes superficies e mercados, as froitarías ou tendas especializadas na venda de verduras son máis escasas, aínda que continúan o seu labor. A verdura dentro dun establecemento exponse en caixas numeradas e correctamente identificadas.

Usos das verduras

[editar | editar a fonte]
Prato de espinacas

Culinarios

[editar | editar a fonte]

Os usos culinarios das verduras son moi diversos nas diferentes cociñas do mundo:

Conservas

[editar | editar a fonte]

Para poder conservar durante máis tempo a dispoñibilidade da verdura, procésanse en conservas, secas ao ar, en fermentación (como o sauerkraut da cociña alemá ou kimchi da cociña coreana), os encurtidos (cogombros en vinagre), en salgadura etc.

As verduras poden servir de acompañamento ou gornición a aos pratos principais. Poden prepararse enteiras ou cortadas en diferentes formas: en xuliana (en dedos largos), en brunoise (en pequenos dados), en chiffonade (enrólanse varias follas e córtanse en forma transversal cun grosor duns 5 mm), noissette (pequenas boliñas de polpa).

Algunhas dietas consideran o uso único dos alimentos provenientes de froitas e verduras, como o vexetarianismo. Outra dietas que conteñen verduras como ingrediente principal son o veganismo e a dieta macrobiótica.

Algunhas gastronomías do mundo caracterízanse polo uso de verduras na maioría dos pratos e costumes culinarios como na [[gastronomía mediterránea.

Nutrición

[editar | editar a fonte]

As verduras poúen un baixo contido de proteínas e de graxa, posúen baixo contido calórico: dende 20 kcal/100 g dos espárragos ata 60 kcal/100 g das fabas.[3][4] As vitaminas (xeralmente A e C) e os minerais, e a fibra (celulosa, hemicelulosa e lignina), o 80 % restante é auga, posúen cantidades de calcio entre 50–150 mg/100 g (acelgas, leituga, espinacas); a maioría dos vexetais conteñen moito potasio e pouco sodio.

As verduras son moi saudables porque achegan moitos micronutrientes que actúan sinerxicamente como antioxidantes[5] e protexen de varias enfermidades crónicas[6][7] e igualmente axudan a manter a saúde dos tecidos como pel e mucosas do corpo.

Composición das principais verduras
Por 100 g de
produto fresco
auga
g
enerxía
cal
carbohidratos
g
proteína
g
lípidos
g
calcio (Ca)
mg
caroteno
mg
vitamina C
mg
fibra
g
Alcachofa 85 40 7,6 2,1 0,1 47 0,1 8 2
Berenxena 92 20 3,5 1,0 0,2 12 0,03 4 2,5
Remolacha 86 40 8,4 1,3 0,1 20 0,05 10 2,5
Cenoria 90 37 6,7 1,0 0,2 31 7 10 3
Cabaciña 94,5 15 3 0,9 0,2 12 0,27 7 1,1
Espinaca 92 17 1,3 2,7 0,2 105 4 48 2,7
Endivia (chicoria) 95 12 2,4 1,1 0,1 49 0,1 7 2,2
Leituga 94,5 10 1,3 0,9 0,1 17 0,6 8 1,5
Nabo 93 26 3,2 0,9 0,1 34 0,02 28 2
Cebola 89 37 7 1,3 0,2 30 0,01 8 2,1
Soia 41,6 8,5 30 38 20 280 140 6 15
Pirixel 83 28 1,5 4,4 0,4 200 7 170 6
Pataca 77 85 19 1,7 0,1 7 0 10 2,1
Allo porro 90 25 4 0,8 0,1 38 0,5 18 3,5
Tomate 94 15 3 0,8 0,1 9 0,6 18 1,2

Recomendacións

[editar | editar a fonte]

As verduras atópanse no segundo nivel fundamental da pirámide dos alimentos. Ademais de achegar micronutrientes, proporcionan hidratos de carbono de absorción lenta e fibra dietética. Deben inxerirse de cinco a seis porcións de verdura ao día; unha porción de verdura equivale a media cunca de vexetais verdes cociñados ou unha pataca, ou unha cenoria.

As directrices dietéticas do USDA para os estadounidenses recomendan consumir de cinco a nove porcións de froita e verdura diariamente.[8] A cantidade total consumida variará segundo a idade e o sexo e determínase en función dos tamaños de porción estándar que se consomen normalmente, así como do contido nutricional xeral. As patacas non están incluídas no reconto xa que son principalmente provedoras de amidón. Para a maioría das verduras e zumes, unha porción é a metade dunha cunca e pódese comer crúa ou cociñada. Para verduras de folla frondosa, como a leituga e a espinaca, unha porción é normalmente unha cunca chea.[9] Débese escoller unha variedade de produtos xa que ningunha froita ou verdura proporciona todos os nutrientes necesarios para a saúde.[10]

As directrices dietéticas internacionais son similares ás establecidas polo USDA. O Xapón, por exemplo, recomenda o consumo de cinco a seis porcións de verduras diarias.[11] As recomendacións francesas proporcionan pautas similares e fixan o obxectivo diario en cinco porcións.[12] Na India, a recomendación diaria para adultos é de 275 gramos de verduras ao día.[13]

Antes da chegada da agricultura, os humanos eran cazadores-recolectores. Buscaban froitos comestibles, froitos secos, talos, follas ou tubérculos, procuraban animais mortos e cazaban os vivos como alimento.[14] Crese que a xardinaría forestal nun claro das selvas tropicais foi o primeiro exemplo de agricultura; identificáronse especies de plantas útiles e animábase a que crecesen mentres se eliminaban as especies indesexables. A isto seguiu a reprodución vexetal a través da selección de cepas con trazos desexables como froitos grandes e un crecemento vigoroso.[15] Aínda que as primeiras evidencias da domesticación de plantas como o trigo e o orxo se atoparon no Crecente Fértil, é probable que varios pobos de todo o mundo comezasen a cultivar no período de 10 000-7000 a.C.[16] A agricultura de subsistencia continúa nos nosos días, con moitos agricultores rurais de África, Asia, América do Sur e outros lugares que utilizan as súas leiras para produciren alimentos suficientes para as súas familias, mentres que calquera produto excedente se utiliza para o troco doutros bens.[17]

Ao longo da historia rexistrada, os ricos puideron permitirse unha dieta variada que incluía carne, verduras e froitas, mais para as persoas pobres a carne era un luxo e os alimentos que comían eran aburridos, normalmente a súa comida estaba composta principalmente por produtos básicos feitos a partir de arroz, centeo, orxo, trigo, millo ou millo miúdo. A adición de materia vexetal proporcionou certa variedade á dieta. A dieta básica dos aztecas en Centroamérica era o millo e cultivaban tomates, aguacates, feixóns, pementos, cabazas, cacahuetes e sementes de amaranto para complementar as súas tortas e papas. No Perú, os incas subsistían con millo nas terras baixas e patacas a maior altitude. Tamén usaron sementes de quinoa, complementando a súa dieta con pementos, tomates e aguacates.[18]

Na antiga China, o arroz era o cultivo básico no sur e o trigo no norte, este último convertido en boliñas, fideos e filloas. Entre as verduras empregados para acompañalos incluíanse ñame, soia, fabas, nabos, cebolas e allos. A dieta dos antigos exipcios baseábase no pan, a miúdo contaminado con area que desgastaba os dentes. A carne era un luxo mais o peixe era máis abundante. Estes acompañábanse por unha variedade de verduras, incluídas fabas, lentellas, cebolas, porros, allos, ravos e leitugas.[18]

O piar fundamental da dieta grega era o pan, que acompañaban de queixo de cabra, olivas, figos, peixe e ocasionalmente carne. As verduras cultivadas incluían cebolas, allos, repolos, melóns e lentellas.[19] Na antiga Roma facíase unha espesa papa de trigo ou feixóns, acompañada de verduras mais con pouca carne e ademais o peixe non era estimado. Os romanos cultivaban fabas, chícharos, cebolas e nabos e comían as follas da remolacha en lugar das súas raíces.[20]

Algunhas verduras comúns

[editar | editar a fonte]
Algunhas verduras comúns
Imaxe Especies Partes usadas Orixe Cultivares Produción mundial
(×106 toneladas, datos de 2018)[21]
Brassica oleracea follas, gromos, talos e flores Europa Repolo, col de Bruxelas, coliflor, brócoli, col rizada, col ravo,
lombarda, col lombarda, brócoli chinés e verza
69,4
Brassica rapa raíz e follas Asia nabo e col chinesa
Raphanus sativus raíz, follas, vaíñas das sementes, aceite de sementes e gromos Sueste asiático ravo e ravo branco
Daucus carota raíz, follas e talos Persia cenoria 40,0[n 1]
Pastinaca sativa raíz Eurasia charouvía[22]
Beta vulgaris raíz e follas Europa e Oriente próximo remolacha de horta, acelga mariña, acelga, remolacha azucreira
Lactuca sativa follas, talos e aceite das sementes Exipto leituga e leituga chinesa 27,2
Phaseolus vulgaris
Phaseolus coccineus
Phaseolus lunatus
vaíñas e sementes América do Sur e Central feixón, faba de tres anos, feixón branco e feixón de Lima 55,1[n 2]
Vicia faba vaíñas e sementes Conca do Mediterráneo e Oriente Medio faballón 4,9
Pisum sativum vaíñas, sementes e gromos Conca do Mediterráneo e Oriente Medio chícharo e tirabeque 34,7[n 2]
Solanum tuberosum tubers América do Sur pataca 368,1
Solanum melongena froito Sur e leste de Asia berenxena 54,0
Solanum lycopersicum froito América do Sur tomate 182,2
Cucumis sativus froito Sur de Asia cogombro 75,2
Cucurbita spp. froito e flores Mesoamérica cabaza, caiota e cabaciña 27,6
Allium cepa bulbos e follas Asia cebola, ceboliño e chalota 102,2[n 2]
Allium sativum bulbos Asia allo 28,5
Allium ampeloprasum vaíñas das follas Europa e Oriente Medio allo porro e allo elefante 2,2
Capsicum annuum froitos América do Norte e do Sur pemento, pemento morrón e pemento xalapeño 40,9[n 2]
Spinacia oleracea follas Asia central e suroccidental espinaca 26,3
Dioscorea spp. tubérculo África tropical iñame[23] 72,6
Ipomoea batatas tubérculos, follas e gromos América Central e do Sur pataca doce 91,9
Manihot esculenta tubérculos América do Sur mandioca 277,8
  1. Inclúe as cenorias e os nabos.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Total da produción de verduras verdes e secas.

Produción

[editar | editar a fonte]

En 2020 o FAOSTAT estimaba que a produción total de verduras no mundo foi de 1 148 446 252 toneladas métricas, mentres que en 1961 era de 198 000 000 toneladas. A seguinte táboa amosa os 20 países cunha maior produción de verduras nese ano.[24]

Posto País Produción
(en toneladas)
1 China 594 049 398
2 India India 141 195 036
3 Estados Unidos de América Estados Unidos 33 124 467
4 Turquía Turquía 25 960 714
5 Vietnam 17 002 195
6 Exipto Exipto 16 135 024
7 Nixeria Nixeria 15 706 483
8 México 15 098 212
9 Rusia Rusia 13 950 679
10 España España 12 668 790
11 Irán 12 623 192
12 Indonesia 12 581 898
13 Italia Italia 10 849 360
14 Xapón 10 221 895
15 Uzbekistán 9 903 740
16 Ucraína Ucraína 9 675 389
17 Corea do Sur 9 476 881
18 Brasil 8 373 666
19 Alxeria 7 986 465
20 Bangladesh 7 138 722
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para verdura.
  2. J.R. Harlan: Les plantes cultivées et l'homme. Presses universitaires de France, París 1987 [1]
  3. Sandra Woodruff (1995): Secrets of fat-free cooking. Avery. p. 85. ISBN 0-89529-668-3.
  4. Julian Whitaker (2001): Reversing diabetes. Warner Books. pp. 269-71. ISBN 0-446-67658-6.
  5. N. V. Yanishlieva-Maslarova e I. M. Heinonen: «Sources of natural antioxidants: vegetables, fruits, herbs and spices», en J. Pokorny, N. Yanishlieva e M. Gordon: Antioxidants in food: practical applications. Cambridge: Woodhead Publishing, 2001.
  6. STEINMETZ, K. A., KUSHI. L. H., BOSTICK, R. M., FOLSOM, A. R. and POTTER, J. D. (1994): «Vegetables, fruit, and colon cancer in the Iowa Women’s Health Study», na revista Am. J. Epidemiol. 139: 1–15.
  7. K. A. Steinmetz e J. D. Potter (1991): «Vegetables, fruit and cancer», en I. Epidemiology. Cancer Cause Control 2:325–357.
  8. Fabulous fruits... versatile vegetables. United States Department of Agriculture. Retrieved 2012-03-30.
  9. "What is a serving?". American Heart Association. 2014-12-18. Consultado o 2015-09-26. 
  10. "Vegetables and Fruits". Harvard School of Public Health. 2012-09-18. Consultado o 2015-09-14. 
  11. The Japanese Diet. the-food-guide-pyramid.com
  12. The French Dietary Guide. the-food-guide-pyramid.com
  13. "Vegetables". Infotech Portal. Kerala Agricultural University. Consultado o 2015-03-24. 
  14. Portera, Claire C.; =Marlowe, Frank W. (xaneiro de 2007). "How marginal are forager habitats?". Journal of Archaeological Science 34 (1): 59–68. doi:10.1016/j.jas.2006.03.014. 
  15. McConnell, Douglas John (1992). The forest-garden farms of Kandy, Sri Lanka. p. 1. ISBN 978-92-5-102898-8. 
  16. "The Development of Agriculture". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 2016-04-14. Consultado o 2015-03-05. 
  17. Wharton, Clifton R. (1970). Subsistence Agriculture and Economic Development. Transaction Publishers. p. 18. ISBN 978-0-202-36935-8. 
  18. 18,0 18,1 Lambert, Tim. "A brief history of Food". Consultado o 2015-03-04. 
  19. Apel, Melanie Ann (2004). Land and Resources in Ancient Greece. Rosen Publishing Group. p. 10. ISBN 978-0-8239-6769-8. 
  20. Forbes, Robert James (1965). Studies in Ancient Technology. Brill Archive. p. 99. 
  21. "FAOSTAT". Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  22. González González, Manuel (2012). Xunta de Galicia, ed. Dicionario de alimentación e restauración. p. 74. ISBN 978-84-453-5056-0. Consultado o 4 de abril de 2023. 
  23. "iñame". rinoceronte.gal/dicionario. Consultado o 4 de abril de 2023. 
  24. FAO: World vegetable production (Crops > Items aggregated > Vegetables, Primary)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]