Estas olas, inventadas polo francés Denis Papin, a antiga "Marmita de Papin", están provistas de tapas que pechan hermeticamente o seu interior e de válvulas para que escape o vapor e permita a utilización segura. Normalmente existe unha válvula para o control da presión e unha válvula de seguranza, que se rompe por baixo da presión máxima que a ola soporta.
Este tipo de ola tamén se pode usar como esterilizador debido á alta temperatura que son capaces de alcanzar. Unha ola en estado normal, coa válvula e a frisa de goma da tampa en perfecto estado, chega a 120°C.