Gazpacho
| Gazpacho | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
|
Temperatura
| |||||||||
|
Prato
| |||||||||
|
Gastronomía
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O gazpacho ou gaspacho[1] é unha sopa fría elaborada con ingredientes en cru, tradicional do sur da Península Ibérica. Desde tempos moi antigos era unha versión fría das sopas de allo, é dicir que ten como ingredientes básicos pan, auga, aceite de oliva, allo, cogombro e sal, ás veces sós, coma no gazpacho estremeño, e outras veces engadindo outros materiais para darlle sabor, por exemplo ovo cocido (así é no gazpacho cordobés).
Entre os ingredientes máis primitivos encontrábanse as améndoas na variante chamada ajoblanco de Andalucía oriental (Granada e Málaga); noutros casos, laranxas amargas coma en Sevilla ou a fariña de fabas secas. Á hora de servir poden poñerse por enriba uns anacos pequenos de alimento, tropezones, que no caso do ajoblanco tradicionalmente son uvas.

O 21 de xullo celébrase o Día Mundial do Gazpacho.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DICIONARIO DE ALIMENTACIÓN E RESTAURACIÓN". p. 304. Consultado o 9.09.2025.
- ↑ "Día Mundial del Gazpacho" (en castelán). Consultado o 9.09.2025.