Cogombro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cogombro
Illustration Cucumis sativus0.jpg
Cucumis sativus en Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Cucurbitales
Familia: Cucurbitaceae
Subfamilia: Cucurbitoideae
Tribo: Melothrieae
Subtribo: Cucumerinae
Xénero: Cucumis
Especie: C. sativus
Nome binomial
'Cucumis sativus'
L., Sp. Pl., vol. 2, p. 1012, 1753 [2]
Cogombro cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía65 kJ (16 kcal)
3.63 g
Azucres1.67
Fibra alimentaria0.5 g
0.11 g
0.65 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
2%
0.027 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.033 mg
Niacina (B3)
1%
0.098 mg
Ácido pantoteico (B5)
5%
0.259 mg
Vitamina B6
3%
0.04 mg
Ácido fólico (B9)
2%
7 μg
Vitamina C
3%
2.8 mg
Vitamina K
16%
16.4 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
16 mg
Ferro
2%
0.28 mg
Magnesio
4%
13 mg
Manganeso
4%
0.079 mg
Fósforo
3%
24 mg
Potasio
3%
147 mg
Sodio
0%
2 mg
Cinc
2%
0.2 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga95.23 g
Fluoruro1.3 µg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Froitos e flores.

O cogombro[1] (Cucumis sativus), é unha planta anual e rubideira, cultivada polo seu froito, unha hortaliza parente do melón. É orixinario da India.

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta anual, monoica, ou sexa que hai flores femininas e masculinas no mesmo individuo. O talo é deitado/rastreiro, ramificado, anguloso, hirsuto e con gabiáns. As follas, con pecíolo de 8–20 cm, é delgado e híspido con limbo de 12-18 por 11–12 cm, viloso-hispídulo nos nervios e piloso en ambas as dúas faces; o seu bordo é cordado-ovado, tri/penta palmatilobado, con lóbulos triangulares, dentados, acuminados ou agudos no ápice, o mediano de maior lonxitude e moi agudo. As flores masculinas, de 3 estames, son fasciculadas, con pedicelos de 0,5–2 cm, delgados, híspidos e o receptáculo, con tubo de 8–10 mm, son campanulado ou subcilíndrico, densamente viloso, e lóbulos de lonxitude subigual á do tubo, lineares, patentes, híspidos; a corola ten 2–3 cm de diámetro con 5 lóbulos oblongo-lanceolados, agudos. As flores femininas son solitarias ou fasciculadas, con pedicelo de até 2 cm, viloso; o periantio aseméllase ao das flores masculinas. O ovario, de placentación axial é de ordinario fusiforme, cuberto de pelos setiformes, dilatados na base. O froito (Pepónide), o cogombro, de talle moi variábel, é xeralmente oblongo, de cilíndrico a subtrígono, de cor verde e esparexidamente tuberculado cando inmaturo, despois amarelo averdado e liso. As sementes de 8-10 por 3–5 mm, son oblongas e abrancazadas[2]. Habitualmente dito froito apáñase aínda verde e se consome cru, ou elaborado coma conserva (xeralmente cogombros pequenos).

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Ademais, os numerosos táxones infra-específicos descritos na literatura botánica son considerados, hoxe en día, meros sinónimos.[4]


  • Cucumis sativus subsp. agrestis Gabaev
  • Cucumis sativus f. albus M.Hiroe
  • Cucumis sativus f. albus Pangalo
  • Cucumis sativus var. albus Ser.
  • Cucumis sativus var. anatolicus Gabaev
  • Cucumis sativus var. anglicus L.H.Bailey
  • Cucumis sativus var. arakis Forssk.
  • Cucumis sativus f. australis Kitam.
  • Cucumis sativus var. battich-djebbal Forssk.
  • Cucumis sativus f. borealis Kitam.
  • Cucumis sativus var. brullos Forssk.
  • Cucumis sativus f. brunnescens Gabaev
  • Cucumis sativus var. chatte Forssk.
  • Cucumis sativus var. chiar Forssk.
  • Cucumis sativus var. cilicicus Gabaev
  • Cucumis sativus var. ennemis Forssk.
  • Cucumis sativus var. europaeus Gabaev
  • Cucumis sativus var. fakus Forssk.
  • Cucumis sativus var. falcatus Gabaev
  • Cucumis sativus var. fastigiatus Ser.
  • Cucumis sativus subsp. gracilior Gabaev
  • Cucumis sativus var. grossularioides Tkachenko
  • Cucumis sativus var. hardwickii (Royle) Gabaev
  • Cucumis sativus var. indo-europeus Gabaev
  • Cucumis sativus var. irano-turanicus Gabaev
  • Cucumis sativus var. izmir Gabaev
  • Cucumis sativus f. pallescens Gabaev
  • Cucumis sativus var. pallidus Gabaev
  • Cucumis sativus subsp. rigidus Gabaev
  • Cucumis sativus var. schemmam Forssk.
  • Cucumis sativus var. squamosus Gabaev
  • Cucumis sativus var. testudaceus Gabaev
  • Cucumis sativus f. tuberculatus Hiroë
  • Cucumis sativus var. tuberculatus Gabaev
  • Cucumis sativus f. typicus Gabaev
  • Cucumis sativus var. usambarensis Zimm.
  • Cucumis sativus var. variegatus Ser.
  • Cucumis sativus f. viridis Gabaev
  • Cucumis sativus var. viridis Ser.
  • Cucumis sativus var. vulgatus Gabaev
  • Cucumis sativus var. xishuangbannanesis Qi Chunzhang & Yuan Zhenzhen

A comezos do século XX (1901-02), só en América do Norte, catalogáranse case 400 diferentes cultivares de cogombros[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogombro.
  2. Cucumis sativus en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid
  3. "Cogombro". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de decembro de 2009. 
  4. Cucumis sativus en The Plant List
  5. Tracy, W.W. Jr., List of American Varieties of Vegetables for the years 1901 and 1902 in USDA - US. Bur. Pl. Indust. Bull., 21, p.167-182, GPO, Washington,1903 [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]