Saltar ao contido

Aceite vexetal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O aceite de oliva é o aceite vexetal máis popular en Galicia.
Aceite de cacahuete
Aceites vexetais en saquetas de plástico para a venda, na provincia de Samut Prakan, Tailandia.

O aceite vexetal é un composto orgánico obtido a partir de sementes ou outras partes das plantas en cuxos tecidos acumúlase como fonte de enerxía.

Algúns non son aptos para consumo humano, como o de rícino ou o de algodón.

Como todas as graxas está constituído por glicerina e tres ácidos graxos.

Uso alimentario

[editar | editar a fonte]

Esenciais

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Aceite esencial.

Cosméticos e outros

[editar | editar a fonte]

Segundo o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos o consumo mundial no ano 2007/08 de aceites vexetais foi:

Soia37,54 MMT (millóns de toneladas)
Palma41,31 MMT
Colza18,24 MMT
Xirasol9,91 MMT
Cacahuete4,82 MMT
Semente de cotón4,99 MMT
Óso de palma4,85 MMT
Coco3,48 MMT
Oliva2,84 MMT

Uso alimentario

[editar | editar a fonte]

Moitos aceites vexetais son preferíbeis ás graxas animais para o consumo humano. Isto débese a que son ricos en ácidos graxos mono ou poliinsaturados, unha cualidade moi importante para a transformación de graxa no organismo humano. Porén, algúns aceites vexetais conteñen unha elevada proporción de graxas saturadas (coco e palma).

Desde o 2014 é obrigatorio especificar na etiquetaxe a orixe concreta do aceite engadido na elaboración do alimento, trala entrada en vixencia do Regulamento 1169/2011 sobre información alimentaria facilitada ó consumidor. Ata ese momento permitíase indicar este ingrediente, simplemente, como "aceite vexetal", sen especificar.

Outros usos

[editar | editar a fonte]

A maior parte dos aceites vexetais úsanse para alimentar o gando. O aceite vexetal máis usado para consumo humano é o de xirasol.

O aceite de palma, que é sólido a temperatura ambiente, usábase especialmente para xabóns e cosméticos, pero tamén está presente en gran número de alimentos.

A maior parte do aceite de colza producido en Europa úsase para produción de biodiésel, aínda que pode ser producido con outros como o de xirasol ou o de cánabo. Aínda que tamén se ten estendido o uso destes aceites vexetais como combustíbeis para os motores diésel.

O aceite vexetal tamén se pode utilizar como combustíbel en vehículos híbridos ou adaptados (melkin).[1]

Obtención

[editar | editar a fonte]

O aceite vexetal pódese obter de xeito mecánico ou químico, e xeralmente úsase algunha combinación de ambas as dúas técnicas.

No método mecánico as sementes e froitos oleaxinosos sométense a un proceso de prensado. Os residuos deste prensado aprovéitase como alimento para o gando, por ser un produto moi rico en proteínas. Finalmente sométese o aceite extraído a outro proceso de refinamento.

O método químico utiliza disolventes químicos que resultan máis rápidos e baratos, ademais de dar mellor rendemento. O solvente xeralmente usado é o hexano.

Os aceites hidroxenados fórmanse a partir de aceite e hidróxeno. A combinación de ambos realízase en quente e a presións elevadas, de xeito que o aceite líquido transfórmase en graxas ou nunha substancia semisólida coa que se elaboran as margarinas. Estes aceites hidroxenados son perniciosos (nocivos) para a saúde, xa que contribúen ao aumento dos niveis de colesterol en sangue, moito máis que as graxas vexetais ou as animais; por mor do seu contido en ácidos graxos trans. Por este motivo, moitos nutricionistas e médicos, están en contra do seu uso na alimentación.

  1. "Una empresa catalana crea un combustible ecológico compuesto al 100 % de aceites vegetales" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 18 de novembro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]