Faballón
| Faballón | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Vicia faba Carl von Linné 1753 | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||
|
Fonte de
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||
Chámase faballón, fabón[1], faba loba ou fabaca á especie Vicia faba, planta herbácea, anual, rubideira, de caules semierectos, que dá o seu nome á familia das fabáceas, da cal é a especie tipo, e tamén se denominan así as súas sementes, comestíbeis.[1]
Características
[editar | editar a fonte]A planta do faballón é recta e ergueita, con talos fortes de até 1,6 m de altura, grosos, angulosos e lampiños.
As follas son alternas, paripinnadas e compostas, con 1.3 pares de folíolos grandes, ovalados, non rematados en gabiáns.
As flores preséntanse en acios de 2 a 8, soibre un pedúnculo común curto, con pétalos brancos manchados de violeta, púrpura ou negro.[2]

O froito é un legume de vaíña alongada, grande (de entre os 10 e os 30 cm de lonxitude), suculento e pubescente, ergueito, mouro na madurez. Dentro da vaíña dispóñense as sementes, de 2 a 6, grandes. ovaladas, deprimidas,[2] e dispostas formando unha ringleira, de cor verde amarelada, e cun peso dun ou dous gramos.
Como no caso doutras fabáceas, teñen a propiedade de fixar nitróxeno no solo. Sobre un 80 % del é consumido pola propia planta, e o 20 % restante mellora a fertilidade da terra, razón pola cal o seu cultivo é empregado en sistemas de rotación para fortalecer solos esgotados.
Subespecies e variedades
[editar | editar a fonte]As principais subespecies e variedades cultivadas son:
- Vicia faba var. minor
- Vicia faba var. equina
- Vicia faba var. major
- Vicia faba subsp. faba L.
- Vicia faba subsp. paucijuga (Alef.) Muratova
Cultivo
[editar | editar a fonte]Orixinario da conca mediterránea, hoxe cultívase en todo o mundo.
O faballón desenvólvese ben en case todos os tipos de solos.
Precisa abundante humidade e uns 700 mm anuais de choiva. Tolera as xeadas, polo que se pode adaptar ás condicións de montaña.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faballón |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Faballón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Merino, Baltasar (1905): Flora descriptiva e ilustrada de Galicia. Santiago: Tipografía Galaica, Tomo I.