Saltar ao contido

Capsicum annuum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pementeira

Capsicum annuum in Franz Eugen Köhler, 1897
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Subfamilia: Solanoideae
Tribo: Capsiceae
Xénero: Capsicum
Especie: 'C. annuum'
Nome binomial
''Capsicum annuum''
L., Sp.Pl, vol.1, p.188, 1753 [1]
Flor.
Froito maduro in situ.
Sementes.

Capsicum annuum, chamada pementeira[1] ou pemento, é a especie máis coñecida, estendida e cultivada do xénero Capsicum (os pementos), da familia Solanaceae. Todas as innumerábeis formas, tamaños, cores e sabores dos seus froitos, descritos e nomeados na cultura popular, corresponden en realidade a esta mesma especie.

Esta especie é cultivada mundialmente, sendo orixinaria de Mesoamérica, onde foi domesticada hai máis de 6000 anos, e onde se atopan aínda variedades bravas, coma a coñecida popularmente alí co nome de chiltepín, chile soltero ou chile loco.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Trátase dun arbustiño duns 80 cm até 1 m de alto. De talos glabrescentes ramificados con follas ovadas, pecioladas, solitarias ou por pares, de 4–12 cm por 1,5–4 cm de largo, tamén pubescentes, con marxes enteiras, base estreitada e ápice algo acuminado. As flores son solitarias ou en grupiños dunhas poucas, erectas ou algo pénsiles e nacendo no das follas co talo. O cáliz, persistente, é en forma de campá e enteiro, con 5-7 costelas principais arredondadas rematadas nun dente, xeralmente romo, e unhas cantas costelas secundarias. A corola, máis ben miúda (centimétrica), comporta 5-7 pétalos todos largamente soldados nas súas bases, de cor branca e finamamente denticulados nos seus bordos. As anteras son xeralmente purpúreas. O froito - que pode ter unha infinidade de formas - é unha baga oca con 2-4 tabiques incompletos que soportan as sementes, que son discoidais/espirais, moi comprimidas, duns mm de diámetro e de cor amarelenta. Florea de maio a agosto, e frutifica desde xullo deica novembro.[2][3]

Composición

[editar | editar a fonte]

Contén capsaicina (alcaloide responsábel do sabor picante dalgúns cultivares de pementos),[4] carotenos, capsorrubina, luteína, cobre e vitamina C en cantidade apreciábel, mais que se perde durante o eventual desecamento.[5]

Conservación do froito

[editar | editar a fonte]

O pemento adoita considerarse un froito non climatérico.[6][7] Presenta baixa produción de etileno e baixa sensibilidade a esta fitohormona.[8] As súas condicións óptimas de conservación son temperaturas de 7 a 10 °C e 95 a 98 % de humidade relativa.[8] Ten unha vida útil en postcolleita de 2 a 3 semanas.[8]

Alimentario

[editar | editar a fonte]

Os froitos empréganse tradicionalmente na cociña, inmaturos e maduros, crus, asados, cociñados, no forno, secos, en po etc., e isto no mundo enteiro dende a súa introdución desde América por Cristovo Colón.

Medicinal

[editar | editar a fonte]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Capsicum annuum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 188–189. 1753.[9]

  • Ten un número cromosomático de 2n=24[10]

Capsicum: nome xenérico que deriva do vocábulo latino capsŭla, ae, ‘caixa’, ‘cápsula’, ‘arconcito’, a través da palabra grega kapsakes, co mesmo sentido, en alusión ao froito, que é un envoltorio case baleiro. En realidade, o froito é unha baga e non unha cápsula no sentido botánico do termo.

annuum: epíteto latino que significa “anual”.[11]

Variedade

[editar | editar a fonte]

Hai só unha variedade aceptada:

Todos os innumerábeis táxones infraespecíficos creados, menos un (Capsicum annuum var. glabriusculum (Dunal) Heiser e Pickersgill), son sinónimos da especie.[12]

Cultivares

[editar | editar a fonte]

Téñense desenvolvido unha multitude de cultivares, máis ou menos estendidos, entre outros:

  • Hot Wax
  • Pepperoni
  • Punainen Chili
  • Bell Pepper (Paprika)
  • Cascabel
  • Chilaca
  • Guajillo
  • Xalapeño
  • Mirasol
  • Poblano
  • Purira
  • Serrano
  • Cayenne
  • De Árbore
  • Goat's Weed
  • Ollo de Paxaro
  • Thai
  • Rawit
  • Malawi Bird's Eye
  • Bolivian Rainbow
  • Bird's Eye Baby
  • NuMex Twilight
  • NuMex Centennial
  • Black Scorpion Tongue
  • Black Coban
  • Black Pearl
  • Mexican Cluster
  • Marbles
  • etc... etc...[13]
  1. Non confundir coa pementeira, a planta da que se tira a pementa. "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Termos esenciais de botánica Santiago de Compostela, 2004
  2. Flora of China, Vol. 17, p. 313
  3. 3,0 3,1 Font Quer, P.: Plantas medicinales, el Dioscórides renovado. Editorial Labor, Barcelona, 1980, p. 581-583.
  4. Maroto, J. V. (1986). Horticultura herbácea especial. Madrid: Ediciones Mundi-Prensa. p. 389. ISBN 84-7114-120-5. 
  5. 5,0 5,1 "Capsicum annuum". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 21 de novembro de 2009. 
  6. Saltveit, M. E. (1977). "Carbon dioxide, ethylene, and color development in ripening mature green bell peppers". Journal of the American Society for Horticultural Science 102: 523–525. 
  7. Watkins, C. B. (2002). "Ethylene synthesis, mode of action, consequences and control". En Knee, Michael. Fruit Quality and its Biological Basis (en inglés). Sheffield, Reino Unido: Sheffield Academic Press. pp. 180-224. ISBN 1-84127-230-2. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Kader, Adel A., ed. (2002). Postharvest Technology of Horticultural Crops (3ª ed.). Oakland, California: University of California, Agriculture and Natural Resources, Publication 3311. p. 516. ISBN 1-879906-51-1. 
  9. "Capsicum annuum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de maio de 2013. 
  10. Tommi Hietavuo, Jukka "Fatalii" Kilpinen & Tommi Hietavuo, Suomen Kattavin Chilitieto, Vuodesta, 1997
  11. Rn Epítetos Botánicos
  12. "Capsicum annuum en The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  13. C. annuum en Inferno Chili

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]