Fiúncho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiúncho

Fiúncho común (Foeniculum vulgare)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Subfamilia: Apioideae
Tribo: Apieae
Xénero: Foeniculum
Especie: F. vulgare
Nome binomial
Foeniculum vulgare
Mill., Gard. Dict., ed.8, nº1, 1768 [1]
Sementes de fiúncho
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 443 kJ (345 kcal)
52 g
Fibra alimentaria40 g
14.9 g
Saturadas0.5 g
Monoinsaturadas9.9 g
Poliinsaturadas1.7 g
2.9 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
36%
0.41 mg
Riboflavina (B2)
29%
0.35 mg
Niacina (B3)
41%
6.1 mg
Vitamina B6
36%
0.47 mg
Vitamina C
25%
21 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
120%
1196 mg
Ferro
142%
18.5 mg
Magnesio
108%
385 mg
Manganeso
310%
6.5 mg
Fósforo
70%
487 mg
Potasio
36%
1694 mg
Sodio
6%
88 mg
Cinc
42%
4 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Foeniculum vulgare

O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca')[1], funcho, fiollo ou fieiteiro (Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.

Descrición[editar | editar a fonte]

O fiúncho é unha planta herbácea e erecta, dunha cor verde intensa, e pode chegar a acadar os dous metros de altura. As súas follas son longas e delgadas, acabando en segmentos en forma de agulla, que se endurecen exteriormente no verán para evita-la perda de auga. As flores aparecen en ramiños de 20 a 50 flores sobre pedúnculos curtos.

Empregos[editar | editar a fonte]

A planta emprégase comunmente na cociña típica de Andalucía e sobre todo na confección de encurtidos, aliños e salsas, por aportarlle un típico arrecendo semellante á menta.

O fiúncho tamén é usado para cocer as castañas.[2]

Propiedades[editar | editar a fonte]

En herboristerías considérase unha planta con propiedades diuréticas; cultívase para extraer a parte inferior que ten unha especie de cebola.

Insulto italiano[editar | editar a fonte]

Na actualidade, en Italia emprégase tamén o insulto finocchio cos significados de home efeminado ou homosexual. A orixe desta aldraxe provén da Idade Media, cando o Tribunal eclesiástico da Inquisición queimaba na fogueira ós homosexuais (entre outros e outras) e cubría á vítima coas follas frescas do fiúncho para que o suplicio durase máis tempo.

O fiúncho na cultura popular[editar | editar a fonte]

En Beariz (Ourense) ou en Lalín (Pontevedra) tallan o mal de aire cun hisopo feito con fiuncho que mollan en viño tinto. Tamén se usa como protector contra o mal de ollo en Cambados. Noutros puntos, como en Xeve (Pontevedra), curan a ‘’erisipela’’ tocando na parte enferma cun tres poliñas de silva, outras tres de estruga e outras tantas de fiúncho.

  • Caseime no mes de agosto/ porque había moito pan,/ o forno da miña sogra/ cría o fiollo no vran.
  • Pra facer o Maio/ fumos a roubar/ frores e fiúncho,/ quixéronnos matar.

Ademais o fiúncho é unha das sete herbas máxicas de San Xoán[3].

Nome común[editar | editar a fonte]

Pé de boi, néboda, mexacán, herba de anís, funcho, fruncho, fonollo, fiúnxo, fiúnle, fiúncho, fionllo, fiollo, fiacha, teollo, feo, ciollo, canelo, brizo, anís fiollo, anís das castañas e anís[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fiúncho". Portal das Palabras. Consultado o 6 de maio do 2016. 
  2. www.vexetaciondegalicia.es (ed.). "Fiúncho (Foeniculum vulgare)". Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  3. Ríos galegos - http://www.rios-galegos.com/sanxoan.htm#FIUNCHO
  4. "Fiúncho (Foeniculum vulgare Miller)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 12 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
  • MARIÑO FERRO, Xosé Ramón: La medicina popular interpretada I. Xerais, Vigo 1985.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]