Pemento xalapeño
| Pemento xalapeño | |
|---|---|
| Capsicum annuum ‘Jalapeño’ | |
|
Instancia de
| |
|
Subclase de
| |
|
Categoría taxonómica
| |
|
Taxon superior
| |
| Clasificación taxonómica | |
| Reino | Plantae |
| División | Magnoliophyta |
| Clase | Magnoliopsida |
| Subclase | Asteridae |
| Orde | Solanales |
| Familia | Solanaceae |
| Xénero | Capsicum |
| Especie | C. annuum |
| Wikidata C:Commons | |

O chile xalapeño[1] —así chamado pola cidade mexicana onde se produce, Xalapa, en Veracruz— ou chile cuaresmeño; é unha das variedades de pementos picantes (C. annuum) máis extensamente cultivadas e consumidas en América. Só en México dedícanse máis de 6000 hectáreas á súa produción, principalmente na conca do río Papaloapán, no norte de Veracruz e na zona de Delicias, en Chihuahua; en menor escala, plántase tamén en Xalisco, Nayarit, Sonora, Sinaloa e Chiapas.
O froito do xalapeño é carnoso e alongado, alcanzando os 7 cm. de lonxitude e cuns 3 de ancho na base. Emprégase tanto antes como despois da maduración; unha parte importante da produción total destínase ao secado, proceso tralo cal se lle coñece como chipotle (do náhuatl chilpoctli, que significa "afumado"). É unha variedade medianamente picante, entre 2 e 8000 puntos na escala Scoville, aínda que a intensidade do sabor depende en gran medida das características do terreo e da variedade de semente; as máis habituais son típico, meco e morita.
Como os restantes cultivos de C. annuum, o xalapeño seméntase habitualmente pouco antes do comezo da estación húmida, aproveitando as altas temperaturas. Normalmente apáñase arredor de 70 días trala planta, obtendo entre 25 e 35 froitos por unidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O nome xalapeño non aparece en ningún dicionario galego