Saltar ao contido

Tirabeque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tirabeque
Pisum sativum var. macrocarpum
Alexandre Louis Simon Lejeune Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
OrdeFabales
FamiliaFabaceae
SubfamiliaFaboideae
XéneroPisum
EspeciePisum sativum
Identificadores
Freebase/m/02rqpfq Editar o valor en Wikidata
ITIS538855 Editar o valor en Wikidata
OTT998266 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Rebentos de tirabeques salteados, un prato popular chinés

O tirabeque[1] (Pisum sativum var. saccharatum) é unha variedade botánica de ervella caracterizada por que se lle come toda a vaíña ou casula cando aínda está inmatura, e noutras rexións, como na China tamén os rebentos tenros da planta.[2] En inglés chámanse snow pea e snap pea (a variedade coa vaíña arredondada) e en francés (ambas as dúas variedades indistintamente): mangetout e pois gourmand.

É nativa da conca do Mediterráneo e Asia, e adoitan consumirse frescas ao principio da primavera. En Galiza e outras zonas peninsulares, especialmente en Aragón, País Valenciano e Cataluña,[3][4][5] son verduras coñecidas que se poden cociñar de diversos xeitos, en sopas, fervidas, frixidas etc.

Seméntanse polo outono ou no inverno e a colleita é dende finais do inverno ao comezo da primavera. O nome inglés de snow pea (ervella de neve) refírese ao feito de que se apaña neles cando aínda pode haber neve. A planta nova resiste xeadas de até -4 °C aproximadamente. Hai variedades de emparrar.

Álvaro Cunqueiro falou do tirabeque, dicía que lle sabían a maio.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tirabeque.
  2. "A Variety of Unique Chinese Vegetables. From Bitter Melon to Silk Squash" Arquivado 28 de decembro de 2014 en Wayback Machine., Rhonda Parkinson, The Spruce Eats, 27-06-2019, (en inglés)
  3. "Tirabeques", Revista Sentir, (en castelán)
  4. "Receptes amb tirabecs, els pèsols que es mengen sencers", Toni Massanés, CatRàdio, 1-02-2019, (en catalán)
  5. "Olles i verdures", Sal·lus Herrero, País Valencià s. XXI, (en catalán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]