Xenxibre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xenxibre, sinxebra
Zingiber officinale - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-146.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Zingiberales
Familia: Zingiberaceae
Xénero: 'Zingiber'
Especie: ''Z. officinale''
Nome binomial
Zingiber officinale
Rosc., 1807
Raíz de xenxibre empregada coma ingrediente culinario.
Gari, conserva en vinagre típica da gastronomía xaponesa, especialmente acompañando ao suxi.

O xenxibre[1] ou sinxebra[2] (Zingiber officinale) é unha planta da familia das cinxiberáceas, cuxa raíz está formada por rizomas horizontais moi apreciados polo seu recendo e sabor picante. A planta chega a 90 cm. de altura, con longas follas de 20 cm. O seu rizoma é carnoso, de forma alongada, nodoso, de cor castaña clara polo exterior e abrancazada polo interior; desecado emprégase coma condimente, caracterizándose polo seu sabor picante[3].


Medra en todas as rexións tropicais do mundo. As variedades máis caras e de maior calidade xeralmente proceden de Australia, India e Xamaica, mentres que as máis comercializadas cultívanse na China.

Usos culinarios[editar | editar a fonte]

O rizoma utilízanse na maioría das cociñas do mundo, é tenro e zumarentos e carnosos cun suave sabor. Adóitanse conservar en vinagre (no gari tan frecuente coma acompañante no suxi xaponés) como aperitivo ou simplemente engádense coma ingrediente de moitos pratos. As raíces maduras son fibrosas e enxoitas. O mollo dos rizomas vellos é extremadamente picante e a miúdo utilízase como especia na cociña chinesa para disimular outros recendos e sabores máis fortes, coma o do marisco e maila carne de año.

Na cociña occidental, o xenxibre, seco ou en po restrínxese tradicionalmente aos alimentos doces, utilízase para elaborar caramelos, pan de xenxibre, para lle dar sabor aos biscoitos e galletas e coma condimento principal da gasosa de xenxibre ou "ginger ale", bebida doce, carbonatada e sen alcol.

Usos terapéuticos[editar | editar a fonte]

En investigacións médicas demostrouse que a raíz de xenxibre é un efectivo tratamento contra das vascas causadas polos mareos en medios de transporte, así coma das padecidas polas mulleres embarazadas. Utilízase tamén como estimulante gastrointestinal, tónico e expectorante, entre outros. Contén moitos antioxidantes. Externamente serve para tratar traumatismos e reumatismos.

Valor nutricional[editar | editar a fonte]

Po de xenxibre

{{ | kJ= 1404 | proteínas= 8.98 g | graxas= 4.24 g | glícidos= 71.62 g | fibra = 14.1 g | azucres = 3.39 g | auga = 9.94 g | calcio_mg= 114 | ferro_mg= 19.8 | magnesio_mg= 214 | fósforo_mg= 168 | potasio_mg= 1320 | sodio_mg= 27 | cinc_mg= 3.64 | manganeso_mg= 33.3 | vitA_ug= | betacaroteno_ug = | vitC_mg= 0.7 | vitB1_mg= 0.046 | vitB2_mg= 0.17 | vitB3_mg= 9.62 | vitB5_mg= 0.477 | vitB6_mg= 0.626 | vitB9_mg= 13 | vitE_mg= 0 | vitK_ug= | fonte_usda= 02021 }}

Especies semellantes[editar | editar a fonte]

Os xermolos da especie Zingiber mioga Roscoe consómense na cociña xaponesa.

Outra das especies da Zingiberáceas, a Alpinia galanga, utilízase de forma semellante ao xenxibre na cociña tailandesa.

A especie procedente do leste dos EUA, Asarum canadense, da familia das Aristolochiaceae, coñecida como teudo silvestre aínda que non está emparentada co xenxibre, ten propiedades recendentes parecidas, mais con todo, non se debe utilizar coma substituto do xenxibre xa que contén ácido aristolóchico, un axente canceríxeno. Esta planta é un diurético e estimulante urinario.

Produción[editar | editar a fonte]

Dez primeiros produtores mundiais – 11 de xuño de 2008
País Produción (toneladas)
India India 380,100
Flag of the People's Republic of China.svg China 331,393
Flag of Indonesia.svg Indonesia 192,500
Flag of Nepal (with spacing).svg Nepal 174,268
Flag of Thailand.svg Tailandia 170,125
Nixeria Nixeria 152,106
Flag of Bangladesh.svg Bangladesh 72,608
Flag of Japan.svg Xapón 52,000
Flag of the Philippines.svg Filipinas 27,415
Camerún Camerún 12,000
Total mundial 1,615,974

Fonte: Food And Agricultural Organization of United Nations: Economic And Social Department: The Statistical Division

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Zingiber officinale foi descrita por William Roscoe e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 8: 348. 1807.[4]

Etimoloxía

O seu nome provén do indoeuropeo: en sánscrito dicíase singavera, que significa «corpo de corno» (śṛṅga: «corno» e vera: «corpo, berinxela, sasafrán, boca»).[5]

Sinonimia
  • Amomum angustifolium Salisb.
  • Amomum zingiber L.
  • Amomum zinziba Hill
  • Curcuma longifolia Wall.
  • Zingiber aromaticum Noronha
  • Zingiber cholmondeleyi (F.M.Bailey) K.Schum.
  • Zingiber majus Rumph.
  • Zingiber missionis Wall.
  • Zingiber officinale var. cholmondeleyi F.M.Bailey
  • Zingiber officinale f. macrorhizonum (Makino) M.Hiroe
  • Zingiber officinale var. macrorhizonum Makino
  • Zingiber officinale f. rubens (Makino) M.Hiroe
  • Zingiber officinale var. rubens Makino
  • Zingiber officinale var. rubrum Theilade
  • Zingiber officinale var. sichuanense (Z.Y.Zhu, S.L.Zhang & S.X.Chen) Z.Y.Zhu, S.L.Zhang & S.X.Chen
  • Zingiber sichuanense Z.Y.Zhu, S.L.Zhang & S.X.Chen
  • Zingiber zingiber (L.) H.Karst.[6]

Nome en galego[editar | editar a fonte]

A Real Academia Galega só recolle o termo xenxibre como normativo. Porén, o termo máis documentado en dicionarios tradicionais galegos para a especie é sinxebra[7]. Existen tamén as variantes xinxebra[8] e a escrita á antiga coma: gingebra[9], pero ás máis das veces estes termos confúndense coa especie chamada oficialmente en galego seixebra: Teucrium scorodonia, polo que non está claro Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona O nome teudo parece referirse exclusivamente á especie Teucrium scorodonia (a seixebra), que, como ás veces é chamada de sinxebra ou xinxebra, confúndese co xenxibre.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xenxibre.
  2. Sinxebra é o nome máis referenciado na literatura galega, mais a RAG non o recolle. Aparece entre outros nos dicionarios: Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931; Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo; X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo
  3. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  4. "Xenxibre". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  5. Segundo o Sanskrit-English Dictionary do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899).
  6. "Xenxibre". The Plant List. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  7. Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931; Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo; X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo
  8. Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona; e Leandro Carré Alvarellos (1979): Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, Moret
  9. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xenxibre
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xenxibre Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]