Gomo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xema terminal nun pradairo (Acer pseudoplatanus).
Botón floral nunha roseira.

En botánica, chámase gomo ou xema, á formación inicial dunha póla das plantas vasculares, formado por células meristemáticas. Na lingua vulgar, xeralmente empréganse palabras como botón ou anovo. Os termos rebento, brote, gromo, xermolo, abrocho, soen ser xemas xa desenvolvidas; porén ás veces os termos se confunden.

Os gomos poden formarse na axila dunha folla ou na extremidade dunha póla ou do talo e poden dar orixe a unha nova póla ou a unha flor (que é unha póla modificada para as funcións da reprodución).

Unha vez formado, un brote pode ficar por algún tempo adormentado, ou pode formar unha póla inmediatamente.

Formación e desenvolvemento dos gomos[editar | editar a fonte]

Os gomos de moitas plantas leñosas, especialmente nos climas tépedos e fríos, nacen protexidos por unha cobertura de follas modificadas chamadas escamas que protexen os delicados tecidos interiores. Nalgunhas plantas, as escamas están cubertas por unha substancia mucilaxinosa que aumenta a protección. Cando o gomo se desenvolve, as escamas poden medrar un pouco, mais xeralmente caen, deixando na superficie do ramo unha serie de marcas horizontais. Por medio destas marcas é posíbel determinar a idade do ramo, xa que, en cada ano, o seu crecemento termina con a formación de un gomo, que vai producir un novo conxunto de marcas. Co tempo e o desenvolvemento da casca (cortiza na sobreira), estas marcas tenden a ficar obliteradas polo que, despois de algúns anos, xa non é posíbel determinar a idade dos ramos por este método.

Ás veces, pódese distinguir nun gomo unha serie ben marcada de tipos de escamas: no Aesculus, por exemplo, fórmanse pequenas escamas castañas por fóra, cubrindo outras maiores que, cando o brote se abre tórnanse verdes, até as follas internas, de cor e forma típicas. Estas series suxiren que as escamas dos gomos sexan follas verdadeiras, modificadas para protexer os delicados tecidos meristemáticos durante períodos desfavorábeis.

En moitas plantas, non se forman escamas nos gomos, que son entón chamados gomos espidos.[1] Nestes gomos, as minúsculas follas en desenvolvemento son moitas veces tomentosas (con longos cilios), como en varias especies de Rhus e de Viburnum. En moitas plantas herbáceas, os gomos son ainda máis reducidos, moitas veces consistindo apenas en masas de células indiferenciadas nas axilas das follas. Un repolo, no entanto, (ver Brassica ) é un gomo terminal excepcionalmente grande, en canto as coles de Bruxelas son gomos laterais.

Unha vez que moitos gomos se forman nas axilas das follas, a súa distribución no talo é a mesma das follas: poden ser alternos, opostos ou verticilados. En algunhas plantas poden formarse gomos en puntos atípicos e son chamados gomos adventicios buds.[2]

Tipos de gomos[editar | editar a fonte]

Clasificación de gomos de plantas

Os gomos son útiles na identificación das plantas, especialmente nas leñosas que, no inverno perden as follas.[3] Para este efecto, os gomos son clasificados e descritos de acordo con diferentes criterios: localización na planta, status, morfoloxía e función:

  • de acordo ca localización,
    • terminais, cando se atopan na extremidade do talo (o termo apical é equivalente, mais xeralmente está reservado aos que se localizan no topo da planta),
    • axilares, cando se atopan na axila dunha folla (lateral é equivalente, mais algúns gomos adventicios poden tamén ser laterais),
    • adventicios, cando se forman noutros lugares da planta, por exemplo no tronco ou nas raíces (algúns gomos adventicios poden terse formado en axilas de follas, tornándose despois reducidos polo crecemento da casca do ramo),
  • de acordo co status,
    • accesorios, os gomos secundarios formados xunto a un gomo principal (axilar ou terminal),
    • adormentados, os gomos cuxo desenvolvemento é interrompido durante un período relativamente longo (o termo é usado para gomos que non se desenvolven durante o inverno ou a época seca, mais normalmente é empregado para aqueles que non se desenvolven durante varios anos),
    • pseudoterminais, os gomos axilares que se transforman en terminais, característicos das especies cuxo crecemento é simpodial, en que o gomo terminal non se desenvolve e a planta medra a partir do gomo axilar máis próximo, como no Plátano,
  • de acordo coa morfoloxía,
    • escamosos ou cubertos, cando a superficie externa do gomo está cuberta por escamas acastañadas,
    • espidos, cando non están cobertos por escamas,
    • tomentosos, cando están protexidos por pelos (poden ser escamosos ou espidos),
  • de acordo coa función,
    • vexetativos, se apenas conteñen pezas vexetativas, ou embrións de follas,
    • reprodutivos, se conteñen os embrións das pezas que formarán unha flor,
    • mixtos, se conteñen tanto embrións de follas como de flores.

O gomo na cultura popular[editar | editar a fonte]

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Gomo de marzo non vai ó cabazo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Walters, Dirk R., and David J. Keil. 1996. Vascular plant taxonomy. Dubuque, Iowa: Kendall/Hunt Pub. Co. page 598. (en inglés)
  2. Coulter, John G. 1913. Plant life and plant uses; an elementary textbook, a foundation for the study of agriculture, domestic science or college botany. New York: American book company. page 188 (en inglés)
  3. Ohio Trees, Bulletin 700-00, General (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]