OU-801
Aparencia
| OU-801 | |
|---|---|
![]() | |
Inicio da estrada en Ribadavia | |
| ID antigo | |
| Identificador | |
| Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 19,80 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | OU-405 Ribadavia |
| Fin | N 202 |
A OU-801[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Ribadavia e O Coto (Padrenda); atravesa os concellos de Ribadavia, Melón, Cortegada, Pontedeva e Padrenda. Ten unha lonxitude de 19,80 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa OU-405 en Ribadavia e finaliza nun cruzamento coa estrada portuguesa N 202 no Coto (Padrenda) coa fronteira portuguesa de Cristóval do concello de Melgaço (Portugal). Na metade do percorrido atópase na provincia de Pontevedra que comparte coa estrada PO-801 no concello de Crecente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
