Baamonde, Begonte
| Baamonde | |
|---|---|
Igrexa de Santiago de Baamonde. | |
| Concello | Begonte[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°10′31″N 7°45′23″O / 43.175316035584, -7.7563252560658 |
| Poboación | 302 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Baamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 329 habitantes (163 homes e 166 mulleres), 47 menos ca en 2004 e 74 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Baamonde ten orixe no nome de posuidor Badamundus (do xermánico *Badu "loita" e *Mund-, "man, protección") a través do xenitivo (Villa) Badamundi.[2]
Situación
[editar | editar a fonte]Está situado a carón da conexión da A-6 coa estrada N-634 e coa A-8. A estación de Baamonde de tren de Adif está situada na liña A Coruña-Palencia.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santiago[3] é de orixe románica,[4] e ao seu carón hai un calvario cun conxunto de tres cruceiros, o do centro con imaxes de Cristo e a Virxe Dolorosa.[5] Na vila de Baamonde está a casa museo do escultor Víctor Corral.[6] En Aldea de Arriba situábase a torre de Camarasa, declarada Ben de Interese Cultural a pesar da súa desaparición durante as guerras irmandiñas.[7] O río Parga pasa pola parroquia. Ten unha praia fluvial a carón dun muíño, cunha presa que fai de piscina natural. Neste lugar encóntrase o Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde.[8]
Festas
[editar | editar a fonte]A festa local celébrase o 11 de setembro, día da Virxe do Rosario.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santiago de Baamonde.
- Calvario de Baamonde.
- Dolmen de Baamonde.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Baamonde
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Baamonde no concello de Begonte (Lugo) | |
|---|---|
|
Aldea de Arriba | Baamonde | A Chafareta | O Pazo | A Rega | Riocovo | A Silvosa | Vilasuso |
Parroquias de Begonte
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 17. ISBN 978-84-947823-2-9.
- ↑ Castillo, Ángel del (1924). "Santiago de Baamonde". Boletín da Real Academia Galega (162): 135–137.
- ↑ "Patrimonio relixioso". Concello de Begonte.
- ↑ Calvário de Baamonde na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Baamonde, Begonte na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Mancebo, Marta (8 de xuño de 2021). "Bens que resisten, outros que nin existen". El Progreso.
- ↑ "Benvida". Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2012.