Saltar ao contido

Tour de Francia 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2014
Mapa de localización
Imaxe
(2014)
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI World Tour 2014 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.660,5 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaLeeds Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes198, inicio
164, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, Reino Unido, Bélxica e España Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo5 de xullo de 2014 – 27 de xullo de 2014 Editar o valor en Wikidata
Número de edición101 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoVincenzo Nibali
Jean-Christophe Péraud
Thibaut Pinot
Peter Sagan
Rafał Majka
Thibaut Pinot
Alessandro De Marchi
AG2R La Mondiale Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr… Editar o valor en Wikidata

2013 Editar o valor en Wikidata
2015 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 2014 foi a 101ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo na cidade inglesa de Leeds e rematou o 27 de xullo en París. Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).

A carreira presentou as ausencias salientables de Nairo Quintana que viña de gañar o Giro de Italia, e Bradley Wiggins que estaba a preparar a Vuelta a España. Ningún ciclista galego participou nesta edición. Os principais favoritos eran Chris Froome e Alberto Contador, que viñan de gañar a meirande parte das carreiras anteriores nas que competiran. Tamén salientables eran as presenzas de Vincenzo Nibali e Alejandro Valverde na carreira, así como as de Joaquim Rodríguez e Andy Schleck que non chegaban cunha boa preparación. Non obstante, as caídas dos dous grandes favoritos (Froome e Contador) na primeira semana de carreira supuxo o seu abandono e que a disputa pola clasificación xeral quedase en mans doutros corredores.

A vitoria final foi para o italiano Vincenzo Nibali que aproveitou a súa ocasión dominando a clasificación xeral con moita vantaxe, gañando 4 etapas, e vestindo o Maillot jaune (amarelo) en 18 das 21 etapas do Tour. Esta vitoria supuxo que Nibali entrase nun pequeno grupo de corredores que ó longo da historia gañaron a tres grandes voltas (Giro de Italia, Tour de Francia e Vuelta a España), composto por Jacques Anquetil, Felice Gimondi, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Alberto Contador. O resto das clasificacións foron gañadas por:

  • Maillot vert (verde) da clasificación por puntos: Foi para o eslovaco Peter Sagan, que dominou esta clasificación durante toda a carreira malia non gañar ningunha etapa.
  • Maillot à pois rouges (a puntos vermellos) da clasificación da montaña: Foi para o polaco Rafal Majka, seguido de preto polo líder da clasificación xeral Vincenzo Nibali, que chegou a liderar esta clasificación nunha das etapas dos Pireneos.
  • Maillot blanc (branco) da clasificación dos xoves: Foi para o francés Thibaut Pinot, terceiro da clasificación xeral, despois de que o tamén francés Romain Bardet o levase posto durante a primeira metade da carreira.
  • Clasificación por equipos: Venceu o equipo francés AG2R La Mondiale.
  • Premio da combatividade: Foi para Alessandro de Marchi pola súa frecuente presenza en escapadas.

O alemán Marcel Kittel tamén tivo unha actuación moi salientable acadando catro triunfos parciais en chegadas ao sprint, unha delas en París, e sendo o primeiro líder da carreira.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª5 de xullo Leeds- Harrogate191Alemaña Marcel KittelAlemaña Marcel Kittel
2.ª6 de xullo York- Sheffield Etapa de media montaña201Italia Vincenzo NibaliItalia Vincenzo Nibali
3.ª7 de xullo Cambridge- Londres155Alemaña Marcel KittelItalia Vincenzo Nibali
4.ª8 de xulloLe Touquet-Paris-Plage-Villeneuve-d'Ascq164Alemaña Marcel KittelItalia Vincenzo Nibali
5.ª9 de xulloBélxica Ypres-Arenberg Porte du Hainaut152,5Países Baixos Lars BoomItalia Vincenzo Nibali
6.ª10 de xulloArrás-Reims194Alemaña André GreipelItalia Vincenzo Nibali
7.ª11 de xulloÉpernay-Nancy233Italia Matteo TrentinItalia Vincenzo Nibali
8.ª12 de xulloTomblaine-Gérardmer La Mauselaine Etapa de media montaña161Francia Blel KadriItalia Vincenzo Nibali
9.ª13 de xulloGérardmer-Mulhouse Etapa de media montaña166Alemaña Tony MartinFrancia Tony Gallopin
10.ª14 de xulloMulhouse-Planche des Belles Filles Etapa de montaña161Italia Vincenzo NibaliItalia Vincenzo Nibali
11.ª16 de xulloBesanzón-Oyonnax Etapa de media montaña186Francia Tony GallopinItalia Vincenzo Nibali
12.ª17 de xulloBourg-en-Bresse-Saint-Étienne183 Alexander KristoffItalia Vincenzo Nibali
13.ª18 de xulloSaint-Étienne-Chamrousse Etapa de montaña200Italia Vincenzo NibaliItalia Vincenzo Nibali
14.ª19 de xulloGrenoble-Risoul Etapa de montaña177Polonia Rafal MajkaItalia Vincenzo Nibali
15.ª20 de xulloTallard-Nimes222 Alexander KristoffItalia Vincenzo Nibali
16.ª22 de xulloCarcasona-Bagnères-de-Luchon Etapa de media montaña237Australia Michael RogersItalia Vincenzo Nibali
17.ª23 de xulloSaint-Gaudens-Saint-Lary-Soulan Etapa de montaña125Polonia Rafal MajkaItalia Vincenzo Nibali
18.ª24 de xulloPau-Hautacam Etapa de montaña145Italia Vincenzo NibaliItalia Vincenzo Nibali
19.ª25 de xulloMaubourguet Pays du Val d’Adour-Bergerac208Lituania Ramunas NavardauskasItalia Vincenzo Nibali
20.ª26 de xulloBergerac-Périgueux Contra o reloxo individual54 (CRI)Alemaña Tony MartinItalia Vincenzo Nibali
21.ª27 de xulloÉvry-París136Alemaña Marcel KittelItalia Vincenzo Nibali
Total3.663Italia Vincenzo Nibali

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral trala última etapa do Tour 2014:

Posición Ciclista Equipo Tempo
Italia Vincenzo Nibali Astana Pro Team89h 59' 06"
2.ºFrancia Jean-Christophe PéraudAg2r La Mondiale+ 07' 37"
3.ºFrancia Thibaut PinotFDJ.fr+ 08' 15"
4.ºEspaña Alejandro ValverdeMovistar Team+ 09' 40"
5.º Tejay van GarderenBMC Racing Team+ 11' 24"
6.ºFrancia Romain BardetAg2r La Mondiale+ 11' 26"
7.ºRepública Checa Leopold KonigTeam NetApp-Endura+ 14' 32"
8.ºEspaña Haimar ZubeldiaTrek Factory Racing+ 17' 57"
9.ºPaíses Baixos Laurens ten DamBelkin-Pro Cycling+ 18' 11"
10.ºPaíses Baixos Bauke MollemaBelkin-Pro Cycling+ 21' 15"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]