Tour Down Under
Nome oficial | Tour Down Under (1999–) |
---|---|
Tipo | carreira por etapas |
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Unión Ciclista Internacional |
Localización e Datas | |
País | Australia |
Vixencia | 1999 – |
Calendario da tempada | xaneiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | tourdownunder.com.au |
O Tour Down Under (actualmete por razóns de patrocinio Santos Tour Down Under) é unha carreira ciclista por etapas que se disputa en Adelaida e nos seus arredores dende o ano 1999. Sempre comeza o terceiro martes de xaneiro e remata o domingo desa mesma semana. O nome tómao do sobrenome de Australia: Down Under.
Historia
[editar | editar a fonte]O Tour Down Under creouse en 1999 na categoría 2.4. Ao ano seguinte a proba ascendeu á categoría 2.3. Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI no ano 2005, a carreira integrouse no UCI Oceanía Tour coa categoría 2.HC (máxima categoría neses circuítos). No 2008 o Tour Down Under entrou no UCI ProTour (agora UCI WorldTour) sendo a primeira proba non europea en formar parte do circuíto. Xunto coa Cadel Evans Ocean Race, que se disputa tamén en Australia so unha semana depóis, son as únicas probas desta categoría en Oceanía.
No 2011 comezaron a organizarse probas femininas en torno a carreira, pero so dende o 2016 ten recoñecemento de carreira oficial da UCI[1].
O corredor con máis vitorias na proba masculina é o australiano Simon Gerrants con catro edicións, e na feminina a súa compatriota Amanda Spratt con tres.
Percorrido
[editar | editar a fonte]A proba sempre comeza e remata na cidade de Adelaida con etapas fundamentalmente chás ás que co paso dos anos se lles foron introducindo dificultades. Dende o ano 2002 incluíuse unha etapa algo montañosa con chegada en Willunga, ao comezo cun paso e máis tarde con dous pasos por un porto puntuábel, cuxo final estaba a uns 20 km da meta e que dende 2012 se converteu en final en alto. A partir do 2009 incluíuse outra etapa rompepernas cun circuíto arredor de Stirling que normalmente produce cortes no pelotón principal. Ademais, dende a edición 2012 engadiuse outra etapa dalgunha dificultade montañosa, isto reduciu as posibilidades de que os sprinters conseguiran a vitoria final.
Palmarés Masculino
[editar | editar a fonte]Palmarés Feminino
[editar | editar a fonte]Palmarés por países
[editar | editar a fonte]País | Vitorias |
---|---|
Australia | 11 |
Alemaña | 2 |
España | 2 |
Suíza | 1 |
Francia | 1 |
Países Baixos | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Santos Women's Tour Down Under | Top 3 per edition". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-05-06.