Tour de Francia 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2005 << Tour de Francia 2006 >> 2007
Clasificacións Prólogo + 20 etapas, 3657 km
- Xeral Galicia Óscar Pereiro
- Montaña Dinamarca Michael Rasmussen
- Puntos Australia Robbie McEwen

O Tour de Francia 2006 foi a 93ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3657 quilómetros comezou o 1 de xullo na cidade alsaciana de Estrasburgo, e rematou o 23 de xullo nos Campos Elisios de París, pasando por un total de seis estados diferentes: Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Alemaña e España.

Participantes[editar | editar a fonte]

Despois de ter gañado 7 edicións seguidas do Tour, en 2006 Lance Armstrong estaba retirado do ciclismo, de xeito que tódolos seus rivais tiñan como obxectivo acadar o seu trono. Non obstante, nas semanas previas á carreira, coñeceuse a existencia dunha operación antidopaxe denominada Operación Puerto na que se viron implicados varios ciclistas. Jan Ullrich e Ivan Basso foron afastados dos seus equipos, mentres que o equipo de Alexander Vinocurov (o Astana) foi afastado das competicións oficiais. Deste xeito, a carreira estivo mais aberta a novos gañadores, e sen favoritos claros. Entre os candidatos á vitoria que participaron no Tour 2006 cabía salientar a Denis Menchov, Cadel Evans, Andreas Kloden, Levi Leipheimer, Damiano Cunego, Floyd Landis, Alejandro Valverde, Gilberto Simoni, Christophe Moreau, George Hincapie, Carlos Sastre, Michael Rasmussen, David Zabriskie, Iban Mayo, Haimar Zubeldia, Bradley Wiggins e Danilo di Luca.

O único representante galego na carreira foi Óscar Pereiro, que viña de rematar entre os 10 primeiros da clasificación xeral nas últimas 2 edicións do Tour.

En total participaron 20 equipos e un total de 176 corredores, é dicir, 9 corredores por equipo, coa escepción do T-Mobile que só levou a 7 ciclistas.

Transcorrer da competición[editar | editar a fonte]

Despois dunhas primeiras etapas con chegadas ao sprint, a clasificación xeral estaba dominada por corredores especializados en etapas dun día. Robbie McEwen gañara 3 das 6 primeiras chegadas, e Tom Boonen levaba o maillot amarelo. Na sétima etapa houbo unha contra o reloxo individual de 52 quilómetros da que saíu como líder o ucraíno Serhiy Honchar, cunha vantaxe abondo para chegar de amarelo ás etapas dos Pireneos. Na segunda etapa de alta montaña, que rematou en Pla de Beret, gañou Denis Menchov, pero púxose de líder Floyd Landis. O norteamericano levou o xersei amarelo durante dous días, xa que na etapa 13 houbo unha importante fuxida de corredores que chegaron con 30 minutos de vantaxe, entre os cales estaba Óscar Pereiro, que colleu o liderado da proba. Floyd Landis recuperou o primeiro posto da táboa na etapa 15, con final en Alpe d'Huez, aínda que só con 10 segundos de vantaxe sobre o galego. Landis sufriu moito ó día seguinte nos portos de Galibier e Croix de Fer, perdendo 10 minutos. Malia que Landis parecía estar fora da loita pola vitoria, atacou na seguinte etapa, tamén de montaña, recuperando case toda a diferenza do día anterior, e poñéndose terceiro a só 30 segundos de Pereiro, líder, e tamén por detrás de Carlos Sastre, segundo. Entón chegou a contra o reloxo do penúltimo día, e nela Landis era moi superior ós dous ciclistas españois, como así demostrou. Deste xeito, a París chegaron Floyd Landis como líder, Óscar Pereiro como segundo, Andreas Kloden como terceiro e Carlos Sastre como cuarto.

Positivo de Landis[editar | editar a fonte]

Tres días despois da finalización do Tour, o 26 de xullo, a UCI realizou un comunicado no cal anunciábase que un ciclista puidera ter dado positivo[1] nun control antidopaxe. Ao día seguinte, o equipo ciclista Phonak informou[2] que o estadounidense Floyd Landis, vencedor do Tour, dera positivo por testosterona no control antidopaxe da etapa 17.

O 5 de agosto confirmouse o positivo[3] do ciclista estadounidense trala realización da contraanálise, o que significou a súa expulsión do equipo ciclista Phonak. A falta da confirmación oficial, que tardou varios meses, o galego Óscar Pereiro convertíase no virtual gañador do Tour de Francia. Finalmente, o 15 de outubro os organizadores do Tour de Francia desplazáronse a Madrid e entregáronlle a Pereiro o maillot amarelo e o trofeo de gañador do Tour na sede do Consello Superior de Deportes.

Etapas[editar | editar a fonte]

Na seguinte táboa amósanse os gañadores e líderes da carreira etapa por etapa. Nela aparecen os resultados de Floyd Landis posteriores á 17ª etapa que foron eliminados, dándose a vitoria ós segundos clasificados:

Floyd Landis.
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 1 de xullo Estrasburgo 7 (CRI) Thor Hushovd Thor Hushovd
2 de xullo Estrasburgo-Estrasburgo 183 Francia Jimmy Casper George Hincapie
3 de xullo Obernai-Luxemburgo Esch-sur-Alzette 223 Australia Robbie McEwen Thor Hushovd
4 de xullo Luxemburgo Esch-sur-Alzette-Países Baixos Valkenburg Etapa de media montaña 216 Alemaña Matthias Kessler Bélxica Tom Boonen
5 de xullo Bélxica Huy-San Quintín 215 Australia Robbie McEwen Bélxica Tom Boonen
6 de xullo Beauvais-Caen 219 España Óscar Freire Bélxica Tom Boonen
7 de xullo Lisieux-Vitré 184 Australia Robbie McEwen Bélxica Tom Boonen
8 de xullo Saint-Grégoire-Rennes 52 (CRI) Ucraína Serhiy Honchar Ucraína Serhiy Honchar
9 de xullo Saint Méen le Grand-Lorient 177 Francia Sylvain Calzati Ucraína Serhiy Honchar
11 de xullo Bordeos-Dax 170 España Óscar Freire Ucraína Serhiy Honchar
10ª 12 de xullo Cambo les Bains-Pau Etapa de montaña 193 España Juan Miguel Mercado Francia Cyril Dessel
11ª 13 de xullo Tarbes-España Pla de Beret Etapa de montaña 208 Denis Menchov Floyd Landis
12ª 14 de xullo Luchon-Carcasona 211 Ucraína Yaroslav Popovych Floyd Landis
13ª 15 de xullo Béziers-Montélimar 231 Alemaña Jens Voigt Galicia Óscar Pereiro
14ª 16 de xullo Montélimar-Gap 181 Francia Pierrick Fédrigo Galicia Óscar Pereiro
15ª 18 de xullo Gap-Alpe d'Huez Etapa de montaña 187 Luxemburgo Frank Schleck Floyd Landis
16ª 19 de xullo Le Bourg d'Oisans-La Toussuire Etapa de montaña 182 Dinamarca Michael Rasmussen Galicia Óscar Pereiro
17ª 20 de xullo Saint Jean de Maurienne-Morzine Etapa de montaña 199 F.Landis España Carlos Sastre Galicia Óscar Pereiro
18ª 21 de xullo Morzine-Mâcon 193 Italia Matteo Tosatto Galicia Óscar Pereiro
19ª 22 de xullo Le Creusot-Montceau les Mines 56 (CRI) Ucraína Serhiy Honchar F.Landis Galicia Óscar Pereiro
20ª 23 de xullo Antony-París 152 Thor Hushovd F.Landis Galicia Óscar Pereiro
  • CRI - Contra o reloxo individual.

Clasificación final[editar | editar a fonte]

Trala descualificación de Floyd Landis por dopaxe, a UCI declarou oficialmente gañador da carreira a Óscar Pereiro en setembro de 2007[4], quedando os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 2006 do seguinte xeito:

Óscar Pereiro co maillot amarelo ó comezo da importante 17ª etapa, na que Floyd Landis daría positivo.
Posición Ciclista Equipo Tempo
Desc. Floyd Landis Phonak 89h 39' 30″
Galicia Óscar Pereiro Caisse d'Epargne 89h 40' 27"
2 Alemaña Andreas Kloden T-Mobile + 32"
3 España Carlos Sastre Team CSC + 2' 16"
4 Australia Cadel Evans Davitamon-Lotto + 4' 11"
5 Denis Menchov Rabobank + 6' 09"
6 Francia Cyril Dessel Ag2r Prévoyance + 7' 44″
7 Francia Christophe Moreau Ag2r Prévoyance + 8' 40″
8 España Haimar Zubeldia Euskaltel-Euskadi + 11' 08″
9 Australia Michael Rogers T-Mobile + 14' 10″
10 Luxemburgo Frank Schleck Team CSC + 16' 49″

O resultado final do Tour de Francia 2006 supuxo a primeira vitoria dun ciclista galego na historia da carreira mais importante do mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]