Saltar ao contido

Federico Martín Bahamontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFederico Martín Bahamontes

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Federico Bahamontes Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alejandro Martín Bahamontes Editar o valor en Wikidata
9 de xullo de 1928 Editar o valor en Wikidata
Val de Santo Domingo, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de agosto de 2023 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaToledo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Participou en
25 de xuño de 1959Tour de France 1959 (pt) Traducir (1º)
19591959 Super Prestige Pernod (en) Traducir (6º) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX882171


Alejandro Martín Bahamontes[1] nado en Santo Domingo-Caudilla, Toledo, o 9 de xullo de 1928 e finado en Valladolid, o 8 de agosto de 2023, coñecido como Federico Martín Bahamontes, alcumado A Aguia de Toledo e anteriormente A Leituga, foi un ciclista profesional español, activo entre 1954 e 1965, período durante o cal logrou 74 vitorias.[2] Vencedor do Tour de Francia 1959, foi o primeiro corredor español en adxudicarse esta proba, na que ademais conseguiu en seis ocasións o Gran Premio da Montaña, categoría coa que tamén se alzou no Giro de Italia[3] (unha vez) e na Volta a España (dúas veces).[4]

Escalador superdotado, continuamente á ofensiva, era capaz de producir fulgurantes aceleracións nas ramplas máis duras superando aos seus competidores, como o demostran o seu cincuenta e dous pasos en primeiro lugar por cimas de montaña, o mellor rexistro total para un ciclista no Tour de Francia. Recoñecible pola súa silueta esvelta, non se desenvolvía coa mesma superioridade nos descensos. Dotado dun vivo temperamento, era capaz de alternar de forma imprevisible xornadas brillantes con episodios de desmoralización. Mantivo unha encarnizada pugna co ciclista Jesús Loroño, rivalidade que se estendeu das carreiras aos xornais e aos despachos federativos, e que dividiu durante anos os afeccionados españois ao ciclismo.

Está considerado como un dos mellores escaladores de todos os tempos.[5]

Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia de 2006: "Sen a figura de Bahamontes, o ciclismo español non sería nin a metade do que é hoxe"[6].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Bahamontes no Tour de Francia 1960






Bahamontes naceu en pleno verán de 1928, nunha casa de peóns camiñeros da pequena localidade de Val de Santo Domingo (actualmente, concello de Santo Domingo-Caudilla, poboación situada uns 30 km ao noroeste de Toledo) na que residían os seus pais, Julián Martín Losana (por entón peón camiñeiro) e Vitoria Bahamontes San Cristóbal.[7][8] Federico era o fillo máis vello, e tivo tres irmás: Julia, Luisa e Carmen. Seis meses despois do seu nacemento, a familia trasladouse a Toledo, onde o seu pai atopara traballo como guardés dun cigarral. Con todo, co estalido da Guerra Civil Española, a familia tivo que refuxiarse en Madrid coincidindo cos acontecementos do asedio do Alcázar de Toledo. Co final da guerra en 1939, puideron regresar a Toledo, e Federico retornou á escola. O seu pai colocouno como aprendiz nun taller de carpintaría, pero deixouno ao pouco tempo e comezou a traballar no taller de bicicletas do antigo ídolo do ciclismo local, Moisés Alonso, á vez que facía de repartidor para varios comerciantes do centro da cidade.[9] De cheo no período de penuria económica que seguiu á guerra civil, Bahamontes contribuía a completar os ingresos da familia dedicándose ao estraperlo, indo coa súa bicicleta comprar mercadorías en Gálvez e Torrijos, que a súa nai revendía na cidade de Toledo por fóra do mercado, cuxos abastos estaban sometidos a racionamento.[10] Estas frecuentes galopadas en bicicleta pola estrada de Torrijos, percorrendo 30 km de ida e outros tantos de volta cargado, máis as continuas viaxes como recadeiro cunha carreta polas empinadas costas de Toledo, contribuíron a moldear de forma decisiva as súas innatas condicións como ciclista.

Escudo da Porta de Bisagra en Toledo, coa aguia bicéfala que inspiraría o alcume de Bahamontes: A Aguia de Toledo

Bahamontes comezou a competir de forma case casual con 19 anos, cando se apuntou a unha carreira local organizada por "Educación e Descanso" en Toledo, que gañou cunha bicicleta de paseo, bicicleta que comprara a un ferreiro por "30 duros".[11][12][13] Entre os corredores locais era alcumado "A Leituga", alcume herdado do seu avó e que lle encaixaba perfectamente polo seu traballo na froitaría do mercado de abastos.[14][12] No programa La resistencia de David Broncano recoñeceu que a orixe do alcume se relaciona co refrán 'entre col e col está a leituga', sendo que col se refire a colline, a acepción de porto de montaña en francés.

En 1948, Federico foi seleccionado para o campionato de "Educación e Descanso" en Madrid. Caeu preto da meta ao chocar cun espectador, e tivo que conformarse co quinto posto. En 1949, obtivo os seus primeiros grandes éxitos, adxudicándose o Trofeo Luís Guijarro e a Volta a Ávila, na que se impuxo na xeral e foi o mellor escalador.[15] Co permiso do seu pai, decidiu dedicarse por completo á bicicleta. En 1950 completou o seu servizo militar no Rexemento de Automóbiles da Reserva Xeral. As súas calidades deportivas e bo comportamento valéronlle o aprecio dos seus xefes e moitos permisos para adestrar. Foi durante este período cando coñeceu á súa futura esposa, Fermina Aguilar Sánchez. Ao ano seguinte, multiplicáronse os seus éxitos: gañou o título de campión afeccionado de España no circuíto de Mieres (Asturias), e na Volta a Ávila gañou de novo a xeral e o premio ao mellor escalador como dous anos antes.[16]

Na tempada 1952, presentouse á carreira Madrid-Toledo, na que corrían moitos ciclistas profesionais. Tras algúns problemas coa súa licenza como ciclista independente, permitíuselle tomar a saída, pero fóra de concurso. Cruzou a liña de meta en primeiro lugar, pero a vitoria final adxudicóuselle a Julián Berrendero. Na Volta a Castela, mostrouse á altura dos mellores (só superou o italiano Giancarlo Astrua), e a continuación gañou a Volta a Albacete. En 1953, dominou a competición na Volta a Málaga, impóndose en tres das cinco etapas. Tamén gañou o campionato de Castela independente, e participou na Volta a Cataluña, onde se clasificou oitavo e foi o mellor escalador.[17]

Ciclista profesional

[editar | editar a fonte]
Tour de 1954

A súa carreira profesional comezou en 1954, cando marchou a residir en Barcelona, encadrado no equipo de Santiago Mostajo.[18] Coa camisola da escuadra Splendid obtivo a súa primeira vitoria internacional, vencendo na subida ao Mont Agel en Mónaco, na que un aínda descoñecido Bahamontes impúxose ao favorito, Gilbert Bauvin. Tras unha serie de probas locais no sur de Francia nas que destacou como escalador, volveu a España. Julián Berrendero, seleccionador español, vírao na Volta a Asturias, e incluíuno no equipo español que ía correr o Tour ese mesmo ano.[19] Centrado na loita polo premio da montaña, impúxose en prestixiosas cimas como o Aubisque, facéndose co título de mellor escalador con 95 puntos sobre os 53 de Louison Bobet, gañador da xeral, na que Bahamontes ocupou a posición 25. O Tour de 1954 converteuse no escenario no que comezou a forxarse a súa lenda de corredor «excéntrico» na prensa deportiva internacional, co soado incidente do xeado na cima da Romèyre. Durante a subida, Bahamontes sufrira unha avaría nos radios da roda traseira da súa bicicleta, o que o obrigou a destensar o freo. Unha vez coroado o porto con dous minutos de vantaxe, non quedou máis remedio que esperar ata que chegase o coche de asistencia para que lle cambiase a roda avariada, circunstancia que aproveitou para tomarse un xeado.[20] Este feito foi erroneamente interpretado durante moito tempo como un xesto deliberado de Federico para remarcar a súa superioridade na montaña ante os seus rivais.[21] Tras ser proclamado «rei da montaña» da rolda francesa, tributóuselle un recibimento triunfal en Toledo, onde abriu a súa tenda de bicicletas coas ganancias acumuladas aquela tempada.

O ano 1955 non foi especialmente brillante: repetiu vitoria na subida ao Monte Agel e na Volta a Asturias. A súa primeira participación na Volta a España, na que venceu o francés Jean Dotto, saldouse cun modesto posto 21 na xeral. Unha misteriosa enfermidade que o propio Bahamontes denominou o «limaquillo» (logo sóubose que se trataba dunha antiga lesión de xeonllo) impediulle correr ese ano o Tour.[22]

É na tempada 1956 cando as fazañas de Bahamontes na montaña comezan a ser obxecto de atención masiva, e cando se fixeron evidentes os receos entre Bahamontes e Jesús Loroño. Ambos tiveron graves disensións na Volta, acentuadas polas ordes do xefe do equipo español, Luís Puig, que non puido conseguir que enterrasen as súas rifas.[23] A pesar dunha Volta a España que non colmou a súa ambición (acabou cuarto da xeral, con Jesús Loroño en segunda posición e o italiano Angelo Conterno no máis alto do podio), e un Xiro que non puido finalizar tras unha dramática ascensión ao Bondone no medio dunha descomunal nevada, no Tour tivo unha actuación destacada. Aquela edición gañaríaa o francés Roger Walkowiak, coa montaña para o luxemburgués Charly Gaul. Bahamontes terminaría cuarto na xeral.

O ano 1957 viu unha das edicións da Volta cunha loita máis pechada, na que de novo se enfrontaron Jesús Loroño (que gañaría aquela edición) e Bahamontes (segundo, adxudicándose o premio da montaña), envolvidos nas disputas dentro do equipo español, que de novo Luís Puig non puido reconducir.[24] No Tour, ao que acudiu con grandes expectativas, volveron os seus problemas con Loroño. Mentres que o alcume de "Aguia de Toledo" facíase popular en Francia a través das páxinas do diario L'Equipe, Bahamontes retirábase na novena etapa, debido á dor que lle producía nun brazo unha inxección de calcio administrada por Luís Puig. Sendo competencia exclusiva dos médicos de equipo administrar estas inxeccións, Luís Puig viuse obrigado a abandonar a dirección do equipo ao ano seguinte.[25] Esta edición de 1957 foi gañada polo francés Jacques Anquetil.

Na Volta de 1958 continuou a súa encarnizada pugna con Loroño dentro do equipo español. Repítese a historia do ano anterior, pero esta vez levará a proba o francés Jean Stablinski, con Bahamontes (que se adxudicou a montaña) sexto e Loroño oitavo. No seu segundo Xiro, consegue unha etapa, pero lastrado por unha caída non pode brillar na montaña, logrando un discreto posto 17 na clasificación xeral.[26] No Tour daquel ano, da man de Dalmacio Langarica, ten un pésimo inicio, quedando relegado nas primeiras etapas ao posto 63 da xeral, a case 30 minutos da cabeza. Con todo, inicia unha espectacular remontada nos Pireneos, que lle permitirá gañar dúas etapas, facerse co premio da montaña e coa oitava praza en París. Nesta edición, Charly Gaul fixo valer a súa categoría como escalador para obter o primeiro posto da xeral. Ese mesmo ano de 1958 tamén conseguiu imporse en dous Campionatos de España: a proba de 100 km en liña (batendo a marca establecida en 1928 por Telmo García) e a carreira de montaña disputada en Bermeo.[27]

Bahamontes, tras vencer no Tour de 1959


En 1959 foi dirixido polo soado ciclista italiano Fausto Coppi, con quen estivera reunido uns meses antes, gozando dunha xornada de caza en Toledo. Coppi propúxolle que fichase polo equipo que estaba a formar (o "Tricofilina-Coppi", patrocinado por unha marca de brillantina para o pelo). A intervención de Coppi, segundo recoñece o propio Bahamontes, foi fundamental para convencelo de que debía loitar pola clasificación xeral do Tour, esquecéndose do gran premio da montaña.[28]

O seu primeiro grande obxectivo da tempada, a Volta, acabou en fracaso. Abandonou na etapa 11 por un ántrax nunha perna, discutindo despois con Coppi, que opinaba que debía recorrer á cirurxía para curar a súa lesión.[29] Tras reporse, participou na Volta a Suíza, na que se clasificou terceiro, mellorando progresivamente a medida que avanzaba a proba, o que lle deu confianza para abordar o Tour con garantías. Con todo, pouco antes de comezar a rolda francesa, tivo que salvar un novo obstáculo: a carreira seguíase correndo por equipos nacionais, e o seleccionador Dalmacio Langarica elixiu como xefes de filas a Antonio Suárez e a Bahamontes (primeiro e segundo respectivamente no recentemente disputado campionato de España), o que provocou que Jesús Loroño (o sempiterno rival de Bahamontes entre os afeccionados da época) renunciase a formar parte do equipo, co consecuente escándalo.[29]

Consagrado como un especialista da montaña, Bahamontes venceu no Tour de Francia 1959, aínda que inicialmente non partía como favorito. Unha longa escapada nos Pireneos e a súa vitoria na cronoescalada do Puy-de-Dôme supuxéronlle unha importante vantaxe. Nos Alpes, asociouse co tamén escalador Charly Gaul e aínda que tanto Henri Anglade como Jacques Anquetil recortáronlle tempo, non supuxeron unha ameaza para o corredor español, que avantaxaría a Anglade, segundo clasificado, en máis de catro minutos ao final do Tour. O 18 de xullo de 1959, entraba vestido de amarelo en París, onde o esperaba a súa esposa Fermina, a quen entregou o ramo de vencedor da proba.[30] Tras unha serie de criterium posteriores ao Tour, Bahamontes foi recibido o 20 de setembro por unha multitude enfervorecida, que o vitoreaba mentres percorría nun coche descuberto a cidade de Toledo.[31]

Julián Berrendero

Tras o seu prestixioso triunfo de 1959, a tempada de 1960 comezou mal para Bahamontes, que se fracturou o fémur na Volta a Levante. Aínda afectado pola lesión, negouse a participar na Volta, pero a insistencia da organización e un xeneroso contrato fixeron que tomase a saída. Con todo, retirouse a dúas etapas do final, para protestar pola inxusta exclusión da súa gregario Julio San Emeterio, acusando á organización de dar un trato de favor a Loroño (que doutra banda, só puido ser noveno na xeral). A prensa arremeteu contra Bahamontes, e o diario Arriba chegou a publicar que «A aguia perdeu as súas ás».[32] A polémica continuou coa súa inscrición no Tour. A pesar do seu precario estado de forma, presionárono para que defendese o seu título na rolda francesa, pero tivo que abandonar na segunda etapa, aumentando o clamor da prensa na súa contra.

O ano 1961 tampouco mellorou moito a súa situación. Triunfou de novo nas subidas a Mont Agel e a Arrate, pero no Tour de Romandía non pasou da décimo segunda posición, e no Xiro retirouse na etapa 17 debido a un problema muscular. O Tour de Francia non o viu tomar a saída.

A tempada 1962 viviu o esperado retorno da Aguia de Toledo. Os equipos nacionais deron paso ás escuadras comerciais, e Bahamontes fichou polo equipo francés Margnat-Pomba, dirixido por Raoul Rémy, que tiña depositadas grandes esperanzas no español de cara ao Tour. Nunha edición dominada finalmente por Anquetil, Bahamontes fíxose de novo coa clasificación da montaña, gañou uha etapa, e clasificouse cuarto da xeral.

Tour de 1959

Tras unha serie de bos resultados en carreiras disputadas no sur de Francia, en 1963 Bahamontes viuse relegado por Anquetil á segunda praza no Tour. Moi igualados tanto nos Alpes como nos Pireneos, Anquetil daría o golpe de efecto na contra o reloxo, conseguindo o seu, por aquel entón, 4.º Tour, seguido por Bahamontes a máis de tres minutos e medio. Un ano máis tarde, en 1964, Bahamontes terminaría 3.º por detrás de Anquetil e Raymond Poulidor, a máis de catro minutos do gañador. Adxudicouse o seu sexto título da montaña, gañou dúas etapas e protagonizou soadas escapadas da man doutro gran escalador español, o abulense Julio Jiménez.

Bahamontes con André Darrigade e Jacques Gestraud no Tour de 1964

A tempada de 1965 foi a última de Bahamontes como corredor profesional. Décimo na Volta, participou no seu último Tour durante o que non puido manter o ritmo da competición.[33] Na etapa de montaña entre Dax e Bagnères-de-Bigorre chegou penúltimo, a máis de 50 minutos de Julio Jiménez. Abandonou ao día seguinte.[34] A última vitoria da súa carreira conseguiuna o 12 de outubro de 1965, na Escalada Ciclista a Montjuic.[35]

Balance deportivo

[editar | editar a fonte]

Durante os seus 12 tempadas de profesional, ademais da súa vitoria de 1959, Bahamontes subiu ao podio do Tour de Francia noutras dúas ocasións (segundo en 1963 e terceiro en 1964) e unha vez ao podio da Volta a España (segundo en 1957). Conta con once vitorias de etapa en Grandes Voltas: sete no Tour de Francia, tres na Volta a España e unha no Xiro de Italia; facéndose co Campionato de España de Ciclismo en Ruta en 1958.

Como o gran escalador que era, gañou o Gran Premio da montaña dúas veces na Volta a España, unha no Xiro de Italia e seis no Tour de Francia, marca que compartiu co belga Lucien van Impe durante décadas ata que en 2004 o francés Richard Virenque superou a ambos os ao gañar o seu sétimo cordón.

Vida posterior

[editar | editar a fonte]
Bahamontes en 2005

Despois da súa retirada, Bahamontes fíxose cargo da xestión da súa tenda de bicicletas e ciclomotores en Toledo a partir de 1966 e converteuse en organizador dunha carreira ciclista, a Volta a Toledo.[36] Bahamontes afirma que non volveu subirse de novo nunha bicicleta despois do final da súa carreira, excepto nunha homenaxe fúnebre a Luís Ocaña, gañador do Tour de Francia 1973 que se suicidou en 1994. Con todo, esta actitude testemuña un profundo compromiso co ciclismo. Sobre a súa carreira, dixo en 2009: "Sigo as carreiras de hoxe en día, para ver onde estiven, pónseme a pel de galiña e son feliz."[36]

A través do Club Peña Bahamontes impulsou e dirixiu un equipo ciclista profesional, La Casera-Peña Bahamontes e dirixiu a Volta Ciclista a Toledo durante 50 anos, até 2015.[37][38] Ademais, apadriñou o Club Ciclista de Navalcarnero.

No ano 2004 pechou a súa tenda de bicicletas da praza da Madalena de Toledo, despois de 45 anos aberta ao público.[39]

Permaneceu unido desde o 3 de novembro de 1956, data na que se celebrou a súa voda na catedral de Toledo, con Fermina Aguilar Sánchez, falecida en 2018.[40][41] A parella non tivo fillos. O 8 de agosto de 2023, o alcalde de Toledo, Carlos Velázquez, informou do seu falecemento e decretou dous días de loito na cidade de Toledo.[42]

Homenaxe no Tour

[editar | editar a fonte]

No 50.º aniversario da súa vitoria no Tour de Francia (cando se converteu no primeiro ciclista español en gañar a clasificación xeral da rolda gala), Federico Martín Bahamontes, A Aguia de Toledo, foi homenaxeado pola organización ao comezo da 6.ª etapa (Xirona-Barcelona), celebrada o día que cumpría 81 anos.[43]

Días antes, o embaixador de Francia entregoulle unha placa conmemorativa en nome da República Francesa.[44]

Na edición número 100 do Tour de Francia recibiu unha homenaxe no que o nomeaban oficialmente o mellor escalador da historia de devandita competición.[45]

A súa escultura en Toledo

[editar | editar a fonte]
Escultura de Federico Martín Bahamontes en Toledo, obra de Javier Molina e financiada pola Fundación Soliss

O 6 de maio de 2018 foi inaugurada a súa escultura en Toledo nun acto de homenaxe no que a cidade castelá se envorcou co ciclista. Ao acto acudiron Miguel Induráin, Pedro Delgado e Carlos Sastre para arroupar á "Aguia de Toledo" nun día tan sinalado. O monumento en bronce é unha excepcional representación de Bahamontes na súa posición característica de gran escalador. O autor é o escultor valenciano Javier Molina Gil e a obra foi custeada integramente pola Fundación Soliss no seu premio de escultura "Julio Pascual".[46]

A madrugada do 28 de xullo de 2019, a estatua homenaxe apareceu esnaquizada, cunha roda sobre o chan e con varias partes máis rotas, nun acto de vandalismo. Un coche de bombeiros procedeu a retirar os restos da escultura, operación algo complexa polo gran peso da mesma.[47]

Estilo, personalidade e características

[editar | editar a fonte]
Charly Gaul (esquerda) e Bahamontes, dúas dos máis grandes escaladores do Tour.

Corredor alto e delgado (en Francia comparábano con Don Quixote), Bahamontes é considerado un dos máis grandes escaladores da historia do ciclismo, quizais só comparable co seu contemporáneo o luxemburgués Charly Gaul.[48] Seco como un sarmiento de viña, en palabras do xornalista René Latour, pesaba 62 quilos cunha estatura de 1,74 m cando gañou o Tour de Francia 1959, unha constitución física comparable coa de Fausto Coppi, incluíndo un pulso moi por baixo do sesenta latexados por minuto en repouso.[49][50][51]

Tamén se desucribiu como un escalador dotado, elegante, ás veces imprevisible.[52] Brillante na montaña, en cambio non destacaba xeralmente nos descensos, o que facía que fose atrapado nas baixadas polos corredores que coroaban por detrás del.[53] Corredor moi combativo, distinguíase pola súa mentalidade ofensiva e os seus ataques sistemáticos na montaña.[54] De acordo co columnista francés Alain Rémond, Bahamontes identificábase co garbo, o orgullo e a valentía![55]

Bahamontes no Tour 1964.

Corredor nervioso e imprevisible, os seus éxitos ou fracasos dependían da súa moral que a miúdo non lograba dominar.[56] Unha boa parte da súa carreira estivo marcada pola súa rivalidade co seu compañeiro Jesús Loroño. Esta rivalidade chegou ao seu punto culminante na Volta a España 1957, na que Bahamontes debeu renunciar a defender o xersei de líder a petición do adestrador Luís Puig, que favoreceu unha escapada de Loroño.[57][58] Estes problemas levaron a que cada un se negase a axudar aos demais membros do equipo, e o conflito entre os dous campións de España debilitou a todo o equipo, como sucedeu na Volta a España 1958, na que o francés Jean Stablinski se beneficiou da situación. De acordo cos comentarios de Jesús Galdeano, compañeiro de Bahamontes e de Loroño, a rivalidade entre ambos era tan forte como a que existía entre os campeonísimos italianos Fausto Coppi e Gino Bartali.[57][[:Ficheiro:Federico Bahamontes 1972 Ajman stamp 2.jpg|]]

Numerosos feitos remarcables ao longo da súa vida e da súa carreira ciclista dan unha idea da súa personalidade, xenial para uns, algo excéntrica para outros. Deportista feito a si mesmo, posuidor dun forte carácter, sempre defendeu sen complexos os seus logros, manifestando cunha infrecuente sinceridade as súas opinións, o que lle creou non poucos problemas coa prensa ao longo da súa carreira. Esta forma de ser individualista e algo anárquica, converteuno nun arquetipo da imaxe romántica que se tiña do español no estranxeiro, a dun personaxe de carácter tan tenaz como desorganizado:

  • O seu verdadeiro nome é Alejandro, pero un irmán do seu pai empeñouse en que debía chamarse Federico coma el, e ao final a súa insistencia converteuse en hábito. Co seu apelido, pasou algo similar. O propio ciclista potenciou o uso do seu apelido materno, porque opinaba que "Martín había moitos, pero Bahamontes só eu".[59]
  • Bahamontes pediu diñeiro por correr o Campionato de España de 1955, pero como non llo deron, non se presentou. Puxéronlle unha multa de 5000 pesetas e retiráronlle a licenza, e entón ameazou con nacionalizarse francés. Parece que a súa esposa Fermina pagou a multa sen que o seu marido o soubese.[60]
  • No Tour de 1959, o que gañou, a organización quixo favorecer a Anquetil na quinta etapa, unha cotrarreloxo. A pesar de que Bahamontes era o 13 na xeral, e Anquetil o 31, dispúxose que o francés saíse dous minutos despois que o español, "para dar espectacularidade". Con todo, o toledano fixo gala do seu sangue frío, reservouse na primeira parte do percorrido, e cando foi alcanzado por Anquetil, púxose a correr case en paralelo detrás del, baténdoo mesmo no sprint ao chegar a meta. Resultado: a diferenza quedou reducida a tan só dous minutos, o que finalmente beneficiaría ao español.[61]
  • Bahamontes sempre defendeu que de dispor dun equipo que o apoiase, podería gañar «tres, catro ou cinco» veces o Tour de Francia, acusando os franceses de «facer trampas» para beneficiar a Jacques Anquetil, do que dixo que tomaba unha substancia prohibida chamada «chopi». Tamén afirma que Anquetil foi subido a un coche na etapa entre Andorra e Tolosa do Tour de 1964, tras un ataque do toledano na montaña ao que o francés non puido responder.[62]
  • No Xiro de Italia lembra que os corredores italianos dicían: "Dejale andare, que vai o cretino que nos fa morrer a tutti" (Deixádelle avanzar, que vai o cretino que nos vai a facer morrer a todos).[63]
  • A súa maneira de retirarse do que sería o seu último Tour tamén foi singular. O 1 de xullo de 1965, tras perder máis de 50 minutos na etapa anterior, demarrou con forza nas primeiras ramplas do Aspet, deixando rapidamente atrás ao pelotón. Ao pouco de escaparse, evitando que os seus rivais o visen, saíu da estrada e escondeuse entre unhas matogueiras. Deixou pasar ao pelotón, e subiuse ao coche vasoira, dando por terminada a súa andaina nas grandes voltas. Esta argucia provocou que rendese a incerteza entre os seus competidores durante un bo intre, pois ao non ver ao toledano por diante ao rodar por zonas despexadas, chegaron a pensar que lles podía recuperar un tempo considerable. Existen fotografías que recollen este momento.[64]
  • No ano 2013 foi nomeado "Mellor escalador da historia do Tour", elixido por sete dos nove membros dun xurado reunido polo diario L'Équipe. Preguntado Bahamontes acerca do resultado da votación, consideraba "merecido" o seu recoñecemento, pero disentía do resto da clasificación, afirmando que o segundo tería que ser o luxemburgués Charly Gaul, e non Richard Virenque. «Se el é un escalador, eu son Napoleón», declarou ao diario francés.[62]
  • Estaba casado con Fermina Aguilar Sánchez (1927-2018).[65]

Premios, recoñecementos e distincións

[editar | editar a fonte]
  • Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo, outorgada polo Consello Superior de Deportes (2002)
  • Recoñecido oficialmente como o "Mellor Escalador da Historia do Tour".[66]
  • Tamén foi recoñecido como un dos ciclistas máis destacados da historia ao ser elixido no ano 2002 para formar parte da Sesión Inaugural do Salón da Fama da UCI.[67]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
1954
  • Clasificación da montaña do Tour de Francia

1955

  • Volta a Asturias, máis 1 etapa
  • 2 etapas da Volta a Cataluña
  • Clásica dos Portos
  • 1 etapa da Bicicleta Vasca

1956

  • Clasificación da montaña do Giro de Italia

1957

  • Volta a Asturias, máis 1 etapa
  • 2.º na Volta a España, máis 1 etapa e clasificación da montaña

1958

  • Campionato de España en Ruta  
  • 2 etapas do Tour de Francia, máis clasificación da montaña  e  Premio da Combatividade
  • 1 etapa do Giro de Italia
  • Clasificación da montaña da Volta a España
  • Subida a Arrate

1959

  • 2 etapas da Volta a Suíza
  • Tour de Francia, máis 1 etapa e clasificación da montaña
  • Subida a Arrate
  • 1 etapa da Volta a España
  • 2.º no Campionato de España en Ruta
  • Campionato de España de Montaña
  • Subida a Arrate
  • Campión de España por Rexións

1960

  • 1 etapa da Volta a España
  • Subida a Arrate

1961

  • 3.º no Campionato de España en Ruta
  • Subida a Arrate
  • 1 etapa do Giro de Cerdeña

1962

  • 1 etapa do Tour de Francia, máis clasificación da montaña
  • 1 etapa do Tour de Romandía
  • Subida a Arrate

1963

  • 2.º no Tour de Francia, máis 1 etapa e clasificación da montaña

1964

  • Subida ao Naranco
  • 1 etapa da Midi Libre
  • 3.º no Tour de Francia, máis 2 etapas e clasificación da montaña
  • Seis días de Madrid (con Rik Van Steenbergen)

1965

  • Escalada a Montjuic
  • Tour du Sud-Est

En resumo:

[editar | editar a fonte]
  • Tour de Francia: Unha vitoria (1959), 2º (1963), 3º (1964) e 4º (1956)
  • Volta a España: 2º (1957), 4º (1956), 6º (1958)
  • Giro de Italia: 17º (1958)
  • Campión de España en 1958
  • Triunfos de etapa en Tour, Vuelta, Giro, Volta, Midi Libre, Romandía, cinco veces gañador da montaña no Tour.[68]
  1. Garai, Josu (2009-06-26). "Bahamontes: "Me llamo Alejandro"". Diario Marca. Consultado o 2009-07-06. 
  2. Press, Europa (2023-08-08). "Fallece Federico Martín Bahamontes, el primer español en ganar un Tour de Francia, a los 95 años". Consultado o 2023-08-08. 
  3. "Anécdotas sobre Federico Martin Bahamontes". web.archive.org. 2017-07-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2017. Consultado o 2023-08-08. 
  4. Alfredo Relaño (27 de xullo de 2014). "18 de julio: paga y Tour de Bahamontes". El País. Blogs deportes (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  5. "Bahamontes, mejor escalador de la historia del Tour". ABC actualidad (en castelán). Agencia EFE. 29 de xuño de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  6. Loureiro, Josema (2023-08-08). "Óscar Pereiro, ganador del Tour de Francia de 2006: «Sin la figura de Bahamontes, el ciclismo español no sería ni la mitad de lo que es hoy»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-08-08. 
  7. Christian Laborde (2010). Le Tour de France dans les Pyrénées (De 1910 à Lance Armstrong) (en francés). Le Cherche midi. pp. 97–101. ISBN 978-2-7491-1387-6. 
  8. José Carlos Carabias (20 de febreiro de 2017). "Bahamontes: «Pasé hambre y comí gatos, por eso fui ciclista»". ABC Deportes (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  9. "Bahamontes, el Águila de Toledo" (PDF) (49). 1987: 68. ISBN 84-00-06544-1. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  10. Josu Garai (25 de xuño de 2009). "Bahamontes, el pionero". MARCA (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  11. Josu Garai (25 de xuño de 2009). "Bahamontes, el pionero". MARCA (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  12. 12,0 12,1 "Bahamontes, el Águila de Toledo" (PDF) (49). 1987: 68. ISBN 84-00-06544-1. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  13. "Entrevista a Federico Martín Bahamontes. Primer español en ganar el Tour". Rick's Magazine (en castelán). 16 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de enero de 2017. Consultado o 24 de xullo de 2017. La primera bici la compré en un herrero y la tenía tirada sin cubiertas, sin cámaras y sin cadena porque no había. Yo compré la bici con la llanta únicamente. 
  14. José Carlos Carabias (20 de febreiro de 2017). "Bahamontes: «Pasé hambre y comí gatos, por eso fui ciclista»". ABC Deportes (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  15. Ollivier 2000, p. 16
  16. Ollivier 2000, p. 16-19.
  17. Ollivier 2000, p. 20-21.
  18. "Bahamontes, el Águila de Toledo" (PDF) (49). 1987: 68. ISBN 84-00-06544-1. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  19. Josu Garai (28 de junio de 2013). "El Tour del hambre". MARCA (en castelán).  Falta a |url= (Axuda);
  20. Pedro Delgado. "Anécdotas sobre Bahamontes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de julio de 2017. Consultado o 24 de xullo de 2017. En la edición del Giro de Italia 1956 hubo dos generales de la montaña: en los Apeninos (en la que se impuso Bahamontes) y en los Dolomitas. Este hecho no siempre es recogido en su palmarés. 
  21. Alfredo Relaño (21 de xullo de 2013). "Bahamontes se esconde entre los matorrales". El País. Blogs Deportes (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  22. "Bahamontes, el Águila de Toledo" (PDF) (49). 1987: 68. ISBN 84-00-06544-1. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  23. Alfredo Relaño (8 de setembro de 2013). "Bahamontes y Loroño dividieron a España". El País. Blog Deportes (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  24. Pedro Delgado. "Anécdotas sobre Bahamontes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de julio de 2017. Consultado o 24 de xullo de 2017. En la edición del Giro de Italia 1956 hubo dos generales de la montaña: en los Apeninos (en la que se impuso Bahamontes) y en los Dolomitas. Este hecho no siempre es recogido en su palmarés. 
  25. Ollivier 2000, p. 73-80.
  26. "1958 Giro d'Italia". Bike Race Info (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  27. "Bahamontes, el Águila de Toledo" (PDF) (49). 1987: 68. ISBN 84-00-06544-1. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  28. Josu Garai (25 de xuño de 2009). "Bahamontes, el pionero". MARCA (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  29. 29,0 29,1 Alfredo Relaño (27 de xullo de 2014). "18 de julio: paga y Tour de Bahamontes". El País. Blogs deportes (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  30. Alfredo Relaño (27 de xullo de 2014). "18 de julio: paga y Tour de Bahamontes". El País. Blogs deportes (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  31. "Bahamontes, el Águila de Toledo" (PDF) (49). 1987: 68. ISBN 84-00-06544-1. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  32. Ollivier 2000, p. 165.
  33. Ollivier 2000, p. 207-2015
  34. Alfredo Relaño (21 de xullo de 2013). "Bahamontes se esconde entre los matorrales". El País. Blogs Deportes (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  35. Ollivier 2000, p. 201-203
  36. 36,0 36,1 Jean-Louis Aragon (15 de agosto de 2009). Le Monde, ed. "Un géant en roue libre". lemonde.fr. .
  37. "El Tour de Bahamontes cumple 50 años". El Mundo. 
  38. "Bahamontes: “España necesita tener más Bahamontes”". As. 
  39. F. M. Domínguez. "El Toledo Viejo dice adiós a otro de sus comercios más emblemáticos.". ABC.es (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  40. "Bahamontes, el Águila de Toledo" (PDF) (49). 1987: 68. ISBN 84-00-06544-1. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  41. "BODA DE BAHAMONTES Toledo, 04/11/1956.". Europeana Collections (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  42. Press, Europa (2023-08-08). "El Ayuntamiento de Toledo decreta dos días de luto por la muerte de Federico Martín Bahamontes" (en castelán). Consultado o 2023-08-08. 
  43. Europa Press, ed. (9 de xullo de 2009). "Bahamontes, homenajeado por el Tour en su 81 aniversario". Consultado o 29 de julio de 2009. 
  44. Eurosport, ed. (1 de xullo de 2009). "Homenaje a Bahamontes 50 años después de ganar el Tour". Consultado o 29 de julio de 2009. 
  45. "Bahamontes, mejor escalador de la historia del Tour". ABC actualidad (en castelán). Agencia EFE. 29 de xuño de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  46. "Toledo rendirá homenaje a Bahamontes con una escultura casi a tamaño real". ABC (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2018. 
  47. María José Muñoz (28 de julio de 2019). "Aparece destrozada la estatua de Bahamontes en Toledo". ABC Toledo ciudad. Consultado o 28 de xullo de 2019. 
  48. Philippe Bardonnaud. France Inter, ed. "Quelques vainqueurs des 50's". franceinter.fr. Consultado o 25 de maio de 2013. 
  49. Ollivier 2000, p. 66
  50. Ollivier 2000, p. 135
  51. Ollivier 2000, p. 204
  52. Jacques Augendre (2015). Petites histoires secrètes du Tour... Solar. pp. 58–59. ISBN 978-2-263-06987-1. 
  53. Christian Laborde (2010). Le Tour de France dans les Pyrénées (De 1910 à Lance Armstrong) (en francés). Le Cherche midi. pp. 97–101. ISBN 978-2-7491-1387-6. 
  54. Ollivier 2000, p. 96-97
  55. Alain Rémond. "Charly Gaul, Robic, Bahamontes...toute ma jeunesse !". En Éditions du Seuil. Le Cintre était sur la banquette arrière. ISBN 2021117332. 
  56. Ollivier 2000, p. 205
  57. 57,0 57,1 Óscar Fornet (25 de diciembre de 2008). El Mundo, ed. "Convivir con un genio". elmundo.es (en castelán). 
  58. Ollivier 2000, p. 63-66.
  59. Garai, Josu (2009-06-26). "Bahamontes: "Me llamo Alejandro"". Diario Marca. Consultado o 2009-07-06. 
  60. J. Gómez Peña (4 de septiembre de 2008). "En la cuesta de don Federico". El Correo.com (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  61. Alfredo Relaño (27 de xullo de 2014). "18 de julio: paga y Tour de Bahamontes". El País. Blogs deportes (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  62. 62,0 62,1 "Bahamontes, mejor escalador de la historia del Tour". ABC actualidad (en castelán). Agencia EFE. 29 de xuño de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  63. Josu Garai (28 de junio de 2013). "El Tour del hambre". MARCA (en castelán).  Falta a |url= (Axuda);
  64. Alfredo Relaño (21 de xullo de 2013). "Bahamontes se esconde entre los matorrales". El País. Blogs Deportes (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  65. Redacción (12 de agosto de 2018). "Muere la esposa de Federico Martín Bahamontes a los 91 años de edad". ABC (Toledo). Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  66. "Bahamontes, mejor escalador de la historia del Tour". ABC actualidad (en castelán). Agencia EFE. 29 de xuño de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  67. UCI. "2002 Actualités". PRESS RELEASE /COMMUNIQUE DE PRESSE: 13.02.2002 : Aigle, SUI (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2012. Consultado o 1 de noembro de 2017. 
  68. López-Egea, Sergi (2023-08-08). "Muere Bahamontes, el mejor escalador ciclista de todos los tiempos". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-08-08.