Galegos no Tour de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óscar Pereiro, gañador da edición 2006.

Tralo Tour de Francia 2014, só en 37 das 101 edicións disputadas houbo representación de ciclistas galegos no Tour de Francia. A primeira delas foi no Tour de Francia 1949, cando o ponteareán Emilio Rodríguez foi seleccionado entre os 6 integrantes do equipo español, téndose que retirar na quinta etapa. Dende entón outros 10 corredores galegos teñen participado na carreira ciclista máis importante do mundo, salientando os resultados acadados por Óscar Pereiro e Vicente López Carril, que conseguiron rematar no podio final de París, en primera e terceira posición, ademais de acadar vitorias de etapa. Outros ciclistas conseguiron rematar entre os 10 primeiros, como Álvaro Pino e Marcos Serrano, sendo tamén este último quen de gañar unha etapa.

De seguido amósase unha lista cos datos sobre os corredores, colocados segundo a posición acadada na súa mellor participación:

Óscar Pereiro Sío[editar | editar a fonte]

Óscar Pereiro (1977- ) competiu en 6 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 4 ocasións, e rematando sempre entre os 10 primeiros clasificados. A súa mellor participación foi a do ano 2006, cando acadou a vitoria na clasificación xeral trala descualificación por dopaxe de Floyd Landis. En 2005 acadou a súa única vitoria de etapa, na localidade de Pau. Nese mesmo ano gañou o premio especial da combatividade.

Ciclista 2004 2005 2006 2007 2008 2009
Óscar Pereiro Sío[1] 10º 10º Ab. Ab.

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Vicente López Carril[editar | editar a fonte]

López Carril no Tour de 1976.

Vicente López Carril (1942-1980) competiu en 9 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 8 ocasións, e rematando 5 veces entre os 10 primeiros clasificados. A súa mellor participación foi a do ano 1974, cando acadou o terceiro posto na clasificación xeral despois de ocupar o segundo posto durante varias xornadas. É o ciclista galego que mais etapas gañou na carreira francesa, con tres: 1 en 1973 en Niza, 1 en 1974 en Serre Chevalier e 1 en 1975 en Avoriaz.

Ciclista 1968 1969 1970 1971 1972 1973 1974 1975 1976 1977 1978 1979
Vicente López Carril[3] 23º - 34º 10º - 10º 23º - Ab.

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Álvaro Pino Couñago[editar | editar a fonte]

Álvaro Pino (1956- ) competiu en 5 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 4 ocasións, e rematando 2 veces entre os 10 primeiros clasificados. As súas mellores participacións foron as dos anos 1986 e 1988, cando acadou o oitavo posto da clasificación xeral.

Ciclista 1985 1986 1987 1988 1989 1990
Álvaro Pino Couñago[6] 19º - 16º Ab.

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Marcos Serrano Rodríguez[editar | editar a fonte]

Marcos Serrano (1972- ) competiu en 7 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 6 ocasións, e rematando 1 vez entre os 10 primeiros clasificados. A súa mellor participación foi a do ano 2001, cando acadou o noveno posto da clasificación xeral. En 2005 acadou a súa única vitoria de etapa, na localidade de Mende.

Ciclista 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005
Marcos Serrano Rodríguez[7] 25º Ab. 33º 68º 54º 39º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Jesús Blanco Villar[editar | editar a fonte]

Jesús Blanco Villar (1962- ) competiu en 3 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 2 ocasións.

Ciclista 1986 1987 1988
Jesús Blanco Villar[10] 25º Ab. 35º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Emilio Rodríguez Barros[editar | editar a fonte]

Emilio Rodríguez (1923-1984) competiu en 3 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 1 ocasión.

Ciclista 1949 1950 1951 1952 1953 1954
Emilio Rodríguez Barros[11] Ab. - Desc. - - 43º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Manuel Rodríguez Barros[editar | editar a fonte]

Manuel Rodríguez (1926-1997) competiu en 2 edicións do Tour de Francia, completando a proba nas 2 ocasións.

Ciclista 1951 1952 1953 1954
Manuel Rodríguez Barros[12] 44º - - 45º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

José Ángel Vidal Martínez[editar | editar a fonte]

José Ángel Vidal (1969- ) competiu en 8 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 7 ocasións, sempre dentro do equipo Kelme.

Ciclista 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002
José Ángel Vidal Martínez[13] 93º 109º 77º Ab. 101º 50º 86º 134º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Raúl Rey Fomosel[editar | editar a fonte]

Raúl Rey Fomosel (1936- ) competiu en 3 edicións do Tour de Francia, completando a proba en 1 ocasión.

Ciclista 1963 1964 1965
Raúl Rey Fomosel[14] Ab. Ab. 95º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

José Manuel Oliveira Boga[editar | editar a fonte]

José Manuel Oliveira (1967- ) competiu nunha edición do Tour de Francia, completando a proba.

Ciclista 1991
José Manuel Oliveira Boga[15] 148º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

José Bernárdez Boluja[editar | editar a fonte]

José Bernárdez Boluja (1935- ) competiu en 1 edición do Tour de Francia, sen rematar a proba.

Ciclista 1964
José Bernárdez Boluja[16] Ab.

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Participantes por edición[editar | editar a fonte]

Edición Galegos Nomes
2009 1 Óscar Pereiro Sío [17]
2008 1 Óscar Pereiro Sío [18]
2007 1 Óscar Pereiro Sío [19]
2006 1 Óscar Pereiro Sío [20]
2005 2 Óscar Pereiro Sío, Marcos Serrano Rodríguez [21]
2004 2 Óscar Pereiro Sío, Marcos Serrano Rodríguez [22]
2003 1 Marcos Serrano Rodríguez [23]
2002 2 Marcos Serrano Rodríguez, José Ángel Vidal Martínez [24]
2001 2 Marcos Serrano Rodríguez, José Ángel Vidal Martínez [25]
2000 2 José Ángel Vidal Martínez, Marcos Serrano Rodríguez [26]
1999 2 Marcos Serrano Rodríguez, José Ángel Vidal Martínez [27]
1998 1 José Ángel Vidal Martínez [28]
1997 1 José Ángel Vidal Martínez [29]
1996 1 José Ángel Vidal Martínez [30]
1995 1 José Ángel Vidal Martínez [31]
1991 1 José Manuel Oliveira Boga [32]
1990 1 Álvaro Pino Couñago [33]
1989 1 Álvaro Pino Couñago [34]
1988 2 Álvaro Pino Couñago, Jesús Blanco Villar [35]
1987 1 Jesús Blanco Villar [36]
1986 2 Álvaro Pino Couñago, Jesús Blanco Villar [37]
1985 1 Álvaro Pino Couñago [38]
1979 1 Vicente López Carril [39]
1977 1 Vicente López Carril [40]
1976 1 Vicente López Carril [41]
1975 1 Vicente López Carril [42]
1974 1 Vicente López Carril [43]
1973 1 Vicente López Carril [44]
1971 1 Vicente López Carril [45]
1970 1 Vicente López Carril [46]
1968 1 Vicente López Carril [47]
1965 1 Raúl Rey Fomosel [48]
1964 2 José Bernárdez Boluja, Raúl Rey Fomosel [49]
1963 1 Raúl Rey Fomosel [50]
1954 2 Emilio Rodríguez Barros, Manuel Rodríguez Barros [51]
1951 2 Manuel Rodríguez Barros, Emilio Rodríguez Barros [52]
1949 1 Emilio Rodríguez Barros [53]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Óscar Pereiro en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  2. Vídeo de Youtube coa vitoria de Óscar Pereiro en Pau. (en castelán)
  3. Vicente López Carril en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  4. Vídeo de López Carril, co mailló de campión de España, gañando en Serre Chevalier no Tour 1974 (en francés)
  5. Vídeo de López Carril gañando en Avoriaz no Tour 1975 (en francés)
  6. Álvaro Pino en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  7. Marcos Serrano en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  8. Vídeo de Youtube coa vitoria de Marcos Serrano en Mende (I de II) (en castelán)
  9. Vídeo de Youtube coa vitoria de Marcos Serrano en Mende (II de II) (en castelán)
  10. Jesús Blanco Villar en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  11. Emilio Rodríguez en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  12. Manuel Rodríguez en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  13. José Ángel Vidal en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  14. Raúl Rey Fomosel en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  15. José Manuel Oliveira en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  16. José Bernández Boluja en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  17. Participantes do Tour de Francia 2009 na páxina web Sitiodeciclismo (en castelán)
  18. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 2008 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  19. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 2007 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  20. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 2006 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  21. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 2005 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  22. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 2004 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  23. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 2003 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  24. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 2002 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  25. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 2001 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  26. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 2000 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  27. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1999 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  28. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1998 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  29. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1997 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  30. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1996 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  31. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1995 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  32. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1991 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  33. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1990 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  34. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1989 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  35. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1988 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  36. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1987 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  37. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1986 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  38. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1985 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  39. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1979 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  40. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1977 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  41. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1976 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  42. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1975 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  43. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1974 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  44. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1973 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  45. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1971 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  46. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1970 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  47. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1968 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  48. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1965 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  49. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1964 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  50. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1963 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  51. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1954 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  52. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1951 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  53. Participantes e clasificacións do Tour de Francia 1949 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]