Tour de Francia 2012
O Tour de Francia 2012 foi a 99ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 30 de xuño na cidade belga de Liexa e rematou o 22 de xullo en París.
Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).
A carreira presentou as ausencias salientables de Alberto Contador (sancionado pola UCI por dopaxe) e Andy Schleck (cunha fractura no óso sacro). Ningún ciclista galego participou nesta edición.
O autraliano Cadel Evans presentábase na carreira coa misión de defender a vitoria acadada na edición 2011, pero non foi quen de conseguilo. O británico Bradley Wiggins acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando con autoridade as dúas contra o reloxo longas, e axudado por un potente equipo, o Sky, no que tamén salientou Chris Froome, que rematou a carreira no segundo posto da clasificación xeral. Terceiro foi o italiano Vincenzo Nibali.
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]| Equipo | Cód.UCI | Categoría | Xefe de filas |
|---|---|---|---|
| BMC | UCI ProTour | ||
| RSN | UCI ProTour | ||
| EUC | Prof.Continental | ||
| EUS | UCI ProTour | ||
| LAM | UCI ProTour | ||
| LIQ | UCI ProTour | ||
| GRM | UCI ProTour | ||
| ALM | UCI ProTour | ||
| COF | Prof.Continental | ||
| SAU | Prof.Continental | ||
| SKY | UCI ProTour | ||
| LOT | UCI ProTour | ||
| LEO | UCI ProTour | ||
| KAT | UCI ProTour | ||
| FDJ | UCI ProTour | ||
| RAB | UCI ProTour | ||
| MOV | UCI ProTour | ||
| SAX | UCI ProTour | ||
| AST | UCI ProTour | ||
| OQS | UCI ProTour | ||
| OGE | UCI ProTour | ||
| VCD | Prof.Continental |
Etapas
[editar | editar a fonte]Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]
A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 2012:
| Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
|---|---|---|---|
| Sky Procycling | 87h 34' 47" | ||
| 2 | Sky Procycling | + 3' 21" | |
| 3 | Liquigas-Cannondale | + 6' 19" | |
| 4 | Lotto-Belisol | + 10' 15" | |
| 5 | BMC Racing Team | + 11' 04" | |
| 6 | RadioShack-Nissan | + 15' 41" | |
| 7 | BMC Racing Team | + 15' 49" | |
| 8 | Team Europcar | + 16' 26" | |
| 9 | Pro Team Astana | + 16' 33" | |
| 10 | FDJ | + 17' 17" |
37 corredores non puideron rematar a carreira, a maioría deles por mor das caídas. Entre os malpocados mais salientables estiveron o canadense Ryder Hesjedal, quen viña de vencer no Giro de Italia 2012; o asturiano Samuel Sánchez, candidato ó podio de París; e o triplo campión do mundo Óscar Freire, con 3 costelas rotas e un pulmón perforado. Por outra banda, o luxemburgués Frank Schleck retirouse da carreira despois de coñecerse que dera positivo nun dos controis antidopaxe.