Saltar ao contido

Tour de Francia 2004

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2004
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.429 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaLiexa Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes188, inicio
147, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia e Bélxica Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo3 de xullo de 2004 – 25 de xullo de 2004 Editar o valor en Wikidata
Número de edición91 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postonon outorgadodeclarado deserto
Andreas Klöden
Ivan Basso
Richard Virenque
Robbie McEwen
Vladimir Karpets
Richard Virenque
T-Mobile Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.com… Editar o valor en Wikidata

2003 Editar o valor en Wikidata
2005 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 2004 foi a 91ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 3 de xullo na cidade belga de Liexa e rematou o 25 de xullo en París.

Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 147. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba.

A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo US Postal, quen xa gañara as 5 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso e ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden.

Thomas Voeckler vestiu o maillot amarelo durante 10 etapas, ata a chegada dos Alpes, nos que Lance Armstrong colleu o liderado da carreira definitivamente. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Andreas Kloden e Ivan Basso.

No ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[1] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo, entre eles o 9º clasificado, Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2004 do Tour de Francia quedou sen gañador.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo3 de xulloLiexa-Liexa6,1 (CRI)Suíza Fabian CancellaraSuíza Fabian Cancellara
1.ª4 de xulloLiexa-Charleroi202Estonia Jaan KirsipuuSuíza Fabian Cancellara
2.ª5 de xulloCharleroi-Namur197Australia Robbie McEwen Thor Hushovd
3.ª6 de xulloWaterloo-Wasquehal210Francia Jean-Patrick NazonAustralia Robbie McEwen
4.ª7 de xulloCambrai-Arras64 (CRE) US PostalLance Armstrong
5.ª8 de xulloAmiens-Chartres200Australia Stuart O'GradyFrancia Thomas Voeckler
6.ª9 de xulloBonneval-Angers196Bélxica Tom BoonenFrancia Thomas Voeckler
7.ª10 de xulloChâteaubriant-Saint-Brieuc204Italia Filippo PozzatoFrancia Thomas Voeckler
8.ª11 de xulloLamballe-Quimper168 Thor HushovdFrancia Thomas Voeckler
9.ª13 de xulloSt-Léonard-Guéret160Australia Robbie McEwenFrancia Thomas Voeckler
10.ª14 de xulloLimoges-Saint-Flour237Francia Richard VirenqueFrancia Thomas Voeckler
11.ª15 de xulloSaint-Flour-Figeac164Francia David MoncoutiéFrancia Thomas Voeckler
12.ª16 de xulloCastelsarrasin-La Mongie Etapa de montaña197Italia Ivan BassoFrancia Thomas Voeckler
13.ª17 de xulloLannemezan-Plateau de Beille Etapa de montaña205Lance Armstrong Sen gañadorFrancia Thomas Voeckler
14.ª18 de xulloCarcasona-Nîmes192España Aitor GonzálezFrancia Thomas Voeckler
15.ª20 de xulloValréas-Villard-de-Lans Etapa de montaña180Lance Armstrong Sen gañadorLance Armstrong
16.ª21 de xulloLe Bourg-d'Oisans-Alpe d'Huez Etapa de montaña15 (CRI)Lance Armstrong Sen gañadorLance Armstrong
17.ª22 de xulloLe Bourg-d'Oisans-Le Grand Bornand  Etapa de montaña204Lance Armstrong Sen gañadorLance Armstrong
18.ª23 de xulloAnnemasse-Lons-le-Saunier166España Juan Miguel MercadoLance Armstrong
19.ª24 de xulloBesançon-Besançon55 (CRI)Lance Armstrong Sen gañadorLance Armstrong
20.ª25 de xulloMontereau-París163Bélxica Tom BoonenLance Armstrong
  • CRI - Contra o reloxo individual; CRE - Contra o reloxo por equipos.

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2004 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong e Levi Leipheimer en 2012.

Lance Armstrong e Ivan Basso subindo ao Tourmalet na 12ª etapa.
PosiciónCiclistaEquipoTempo
Vacante--
Desc. Lance ArmstrongUS Postal 83h 36' 02"
2Alemaña Andreas KlodenT-Mobile+ 6' 19"
3Italia Ivan BassoTeam CSC+ 6' 40"
4Alemaña Jan UllrichT-Mobile+ 8' 50"
5Portugal José AzevedoUS Postal+ 14' 30"
6España Francisco ManceboIlles Balears+ 18' 01"
7Austria Georg TotschnigGerolsteiner+ 18' 27"
8España Carlos SastreTeam CSC+ 19' 51"
Desc. Levi LeipheimerRabobank + 20' 12"
10Galicia Óscar PereiroPhonak+ 22' 54"
54Galicia Marcos SerranoLiberty Seguros+ 1h 42' 53"
  • Desc. - Descalificados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]