Saltar ao contido

Tour de Francia 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2008
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.558,5 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaBrest Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes145, final
180, inicio Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia e Italia Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo5 de xullo de 2008 – 27 de xullo de 2008 Editar o valor en Wikidata
Número de edición95 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoCarlos Sastre
Cadel Evans
Denis Menchov
Óscar Freire
Carlos Sastre
Andy Schleck
Sylvain Chavanel
Tinkoff-Saxo Editar o valor en Wikidata

2007 Editar o valor en Wikidata
2009 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 2008 foi a 95ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3559 quilómetros comezou o 5 de xullo na cidade bretoa de Brest, e rematou o 27 de xullo nos Campos Elisios de París.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

A ronda gala saíu da cidade bretoa de Brest e chegou como decote á cidade de París, onde tivo a meta nos seus Campos Elisios. A proba decorreu case totalmente por territorio francés, se ben pasou tamén por Italia. Na vila de Prato Nevoso tivo lugar a chegada da 15ª tirada, mentres que a 16ª saíu de Cuneo, tamén na zona alpina italiana.

O percorrido, de 3.554 quilómetros, tivo 21 tiradas sen prólogo, algo novidoso no conxunto das últimas edicións.

Houbo dúas xornadas de descanso intercaladas, cinco chegadas en alto, once tiradas chás, catro de media montaña e dúas contra o reloxo individuais.

Participantes

[editar | editar a fonte]

20 equipos tomaron a saída, con 9 corredores por equipo, facendo un total de 180 participantes, dos que remataron a carreira 144.

Equipo Líder
AgritubelCristophe Moreau Francia
Ag2r La MondialeCyril Dessel Francia
Garmin ChipotleChristian Vande Velde
BarloworldMauricio Soler
Bouygues TélécomPierrick Fedrigo Francia
Caisse d´EpargneAlejandro Valverde España
CofidisSylvain Chavanel Francia
Crédit AgricoleThor Hushovd
Euskaltel-EuskadiHaimar Zubeldia
Française des JeuxSandy Casar Francia
Equipo Líder
GerolsteinerStefan Schumacher Alemaña
LampreDamiano Cunego Italia
LiquigasFilippo Pozzato Italia
Silence-LottoCadel Evans Australia
Quick Step-InnergeticStijn Devolder Bélxica
RabobankDenis Menchov
Saunier Duval-ProdirRiccardo Riccò Italia
CSC Saxo BankCarlos Sastre España
MilramErik Zabel Alemaña
Team ColumbiaKim Kirchen Luxemburgo

Galegos no Tour

[editar | editar a fonte]

O único corredor galego no Tour foi Óscar Pereiro, do equipo Caisse d'Epargne, partindo co dorsal 37. Pereiro tivo que retirarse logo de sufrir unha perigosa caída[1] na décimo quinta tirada.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 5 de xulloBrestPlumelec Etapa de media montaña195España Alejandro ValverdeEspaña Alejandro Valverde
2.ª 6 de xulloAuraySaint-Brieuc165 Thor HushovdEspaña Alejandro Valverde
3.ª 7 de xulloSaint-MaloNantes195Francia Samuel DumoulinFrancia Romain Feillu
4.ª 8 de xulloCholetCholet 29 (CRI)Alemaña S.Schumacher Luxemburgo Kim KirchenAlemaña S.Schumacher Luxemburgo Kim Kirchen
5.ª 9 de xulloCholetChâteauroux230 Mark CavendishAlemaña S.Schumacher Luxemburgo Kim Kirchen
6.ª 10 de xulloAigurandeSuper-Besse Etapa de media montaña195Italia R.Ricco España Alejandro ValverdeLuxemburgo Kim Kirchen
7.ª 11 de xulloBrioudeAurillac158España Luis León SánchezLuxemburgo Kim Kirchen
8.ª 12 de xulloFigeacTolosa174 Mark CavendishLuxemburgo Kim Kirchen
9.ª 13 de xulloTolosaBagnères de Bigorre Etapa de montaña222Italia R.Ricco Vladimir EfimkinLuxemburgo Kim Kirchen
10.ª 14 de xulloPauHautacam Etapa de montaña156Italia L.Piepoli España Juan José CoboAustralia Cadel Evans
11.ª 16 de xulloLannemezanFoix166 Kurt Asle ArvesenAustralia Cadel Evans
12.ª 17 de xulloLavelanetNarbona168 Mark CavendishAustralia Cadel Evans
13.ª 18 de xulloNarbonaNimes182 Mark CavendishAustralia Cadel Evans
14.ª 19 de xulloNimesDigne-les-Bains182España Óscar FreireAustralia Cadel Evans
15.ª 20 de xulloEmbrunItalia Prato Nevoso Etapa de montaña216Australia Simon GerransLuxemburgo Frank Schleck
16.ª 22 de xulloItalia CuneoJausiers Etapa de montaña157Francia Cyril DesselLuxemburgo Frank Schleck
17.ª 23 de xulloEmbrunAlpe d'Huez Etapa de montaña210España Carlos SastreEspaña Carlos Sastre
18.ª 24 de xulloBourg-d'OisansSaint-Étienne197Alemaña Marcus BurghardtEspaña Carlos Sastre
19.ª 25 de xulloRoanneMontluçon163Francia Sylvain ChavanelEspaña Carlos Sastre
20.ª 26 de xulloCérillySaint Amand Montrond 53 (CRI)Alemaña S.Schumacher Suíza Fabian CancellaraEspaña Carlos Sastre
21.ª 27 de xulloÉtampesParís143Bélxica Gert SteegmansEspaña Carlos Sastre
  • CRI - Contra o reloxo individual.

Tres ciclistas foron acusados de empregaren substancias ou prácticas dopantes durante a celebración desta edición do Tour de Francia. O primeiro caso detectado foi o do ciclista español Manuel Beltrán, do Liquigas, ao que se lle atoparon[2], niveis anómalos de EPO no sangue nun control pasado na primeira tirada da proba. Foi expulsado do Tour. O segundo foi o tamén español Moisés Dueñas, tamén do Liquigas, e tamén por EPO. No rexistro policial subseguinte atopáronlle materiais dopantes, e foi detido[3] e expulsado do Tour. O terceiro foi o italiano Riccardo Riccò, do Saunier Duval, así mesmo por consumo de EPO. Riccò obtivera a vitoria en dúas tiradas da rolda gala, e figuraba á cabeza da clasificación da montaña. Riccò era o líder do seu equipo, foi detido e expulsado do Tour, ao mesmo tempo que o conxunto do equipo deixaba a proba[4].

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

O terceiro clasificado da xeral, o austríaco Bernhard Kohl, foi eliminado da carreira tralo seu remate, por mor dun positivo nun control antidopaxe. A clasificación da montaña, liderada polo mesmo corredor, quedou sen gañador.

Carlos Sastre entrando en París co maillot amarelo.
PosiciónCiclistaEquipoTempo
España Carlos Sastre CSC-Saxo Bank 87h 52' 52"
2 Australia Cadel Evans Silence-Lotto + 58"
Desc. Austria Bernhard Kohl Gerolsteiner + 1' 13"
3 Denis Menchov Rabobank + 2' 10"
4 Christian Vande Velde Garmin Chipotle + 3' 05"
5 Luxemburgo Frank Schleck CSC-Saxo Bank + 4' 28″
6 España Samuel Sánchez Euskaltel-Euskadi + 6' 25″
7 Luxemburgo Kim Kirchen Columbia + 6' 55″
8 España Alejandro Valverde Caisse d'Épargne + 7' 12″
9 Eslovenia Tadej Valjavec AG2R La Mondiale + 9' 05″
10 Vladimir Efimkin AG2R La Mondiale + 9' 55″

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]