Bernard Hinault
Bernard Hinault | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de novembro de 1954 |
Lugar de nacemento | Yffiniac |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | ciclista, labrego e deportista |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra, Champion des champions français de L'Équipe, Champion des champions français de L'Équipe, Champion des champions français de L'Équipe, Champion des champions français de L'Équipe, Oficial da Lexión de Honra, Mendrisio d'or e Mendrisio d'or |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bernard Hinault nado en Yffniac, Bretaña o 14 de novembro de 1954 foi un ciclista francés, profesional dende 1975 a 1986. É o único ciclista en gañar en máis dunha ocasión cada unha das grandes voltas por etapas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Gañou cinco veces o Tour de Francia (1978, 1979, 1981, 1982, 1985). Foi segundo en 1984 detrás de Laurent Fignon e en 1986 detrás de Greg Lemond. Gañou tres veces o Giro de Italia (1980, 1982, 1985), dúas veces a Volta a España (1978, 1983), unha vez o campionato do mundo de fondo en estrada (1980), tres veces a Dauphine Libere e cinco veces o Gran Premio das Nacións. No Tour gañou 25 etapas, na Volta 7 e no Giro 6, ademais de varias clásicas. Foi o terceiro ciclista en gañar cinco Tours. Salientou tanto como rodador, escalador e velocista, o que explica o seu amplísimo palmarés de 216 vitorias, non superado por ningún outro ciclista francés.