Tour de Francia 1974
| Tipo | Tour de Francia |
|---|---|
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Parte de | 1974 Super Prestige Pernod (en) |
| Distancia do evento | 4.098 km |
| Lugar de saída | Brest |
| Liña de meta | París |
| Número de participantes | 130, inicio 105, final |
| Participantes | |
Molteni 1974, Bic 1974, Peugeot-BP-Michelin 1974, Kas-Kaskol 1974, Sonolor-Gitane 1974, MIC-Ludo-de Gribaldy 1974, Gan-Mercier-Hutchinson 1974, La Casera-Peña Bahamontes 1974, Merlin Plage-Shimano-Flandria 1974, Brooklyn 1974, Jobo-Lejeune 1974, Carpenter-Confortluxe-Flandria 1974 e Frisol-Flair Plastics 1974 | |
| Localización e Datas | |
| País | Francia, Reino Unido, Bélxica, España e Andorra |
| Intervalo de tempo | 27 de xuño de 1974 – 21 de xullo de 1974 |
| Número de edición | 61 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Eddy Merckx Raymond Poulidor Vicente López Carril Patrick Sercu Domingo Perurena Eddy Merckx Eddy Merckx Kas-Kaskol 1974 Gan-Mercier-Hutchinson 1974 Barry Hoban |
O Tour de Francia 1974 foi a 61ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 4098 quilómetros comezou o 27 de xuño na cidade bretoa de Brest, e rematou o 21 de xullo no Velódromo de Vincennes de París, pasando por un total de catro estados diferentes: Francia, Bélxica, Reino Unido e España.
Na carreira participaron 13 equipos, con 10 corredores por equipo, para un total de 130 corredores, dos cales remataron 105. As ausencias mais salientables eran o vixente gañador Luis Ocaña, o recente gañador da Vuelta a España José Manuel Fuente, o italiano Felice Gimondi e o neerlandés Joop Zoetemelk. Entre as presenzas máis importantes estaban Bernard Thévenet, Raymond Poulidor, Lucien Van Impe, Roger Pingeon, e sobre todo o recente gañador do Giro de Italia, o belga Eddy Merckx, que xa tiña 4 Tours no seu palmarés.
Vicente López Carril, do equipo KAS, presentouse como o único representante galego na carreira, cunha moi salientable participación, pois foi quen de acadar o 3º posto final na clasificación xeral, perdendo o 2º posto tan só na penúltima etapa contra o reloxo. Tamén acadou unha vitoria na 11ª tirada,[1] unha etapa alpina que remataba en Serre Chevalier, sacándolle 54 segundos a Eddy Merckx.[2]
Eddy Merckx levou posto o maillot amarelo en 17 das 22 etapas, facéndose con 8 vitorias parciais e co seu 5º Tour de Francia. Domingo Perurena acadou a vitoria na clasificación da montaña, e Patrick Sercu na clasificación por puntos. En ámbalas dúas clasificacións, Eddy Merckx ocupou o segundo posto.
Etapas
[editar | editar a fonte]- CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.
Clasificación final
[editar | editar a fonte]Eddy Merckx acadou o seu 5º Tour de Francia, igualando a cifra récord de 5 Tours acadada 10 anos antes polo francés Jacques Anquetil. Os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 1974 quedou do seguinte xeito:

| Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
|---|---|---|---|
| Molteni | 116h 16' 58" | ||
| 2 | Gan-Mercier | + 8' 04" | |
| 3 | KAS | + 8' 09" | |
| 4 | Brooklyn | + 10' 59" | |
| 5 | KAS | + 11' 24" | |
| 6 | Bic | + 14' 24″ | |
| 7 | Carpentier | + 16' 34″ | |
| 8 | Sonolor | + 18' 33″ | |
| 9 | Gan-Mercier | + 19' 55″ | |
| 10 | Mic | + 24' 11″ |
O resultado final do Tour de Francia 1974 supuxo o primeiro podio dun ciclista galego na historia da carreira máis importante do mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vídeo de López Carril no Galibier na 11ª etapa do Tour 1974 (en francés)
- ↑ 11ª etapa do Tour de Francia 1974 Arquivado 26 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (en francés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tour de Francia 1974 |