Saltar ao contido

Tour de Francia 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2015
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI WorldTour 2015 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.360 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaUtrecht Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes198, inicio
160, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, Países Baixos e Bélxica Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo4 de xullo de 2015 – 26 de xullo de 2015 Editar o valor en Wikidata
Número de edición102 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoChristopher Froome
Nairo Quintana
Alejandro Valverde
Peter Sagan
Christopher Froome
Nairo Quintana
Romain Bardet
Movistar 2015 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr… Editar o valor en Wikidata

2014 Editar o valor en Wikidata
2016 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 2015 foi a 102ª edición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. Esta edición disputouse entre os días 4 e 26 de xullo de 2015. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, como é habitual, das cales 7 etapas eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual e outra por equipos), 1 de pavé, 2 totalmente chás e 9 con final en alto. O comezo da rolda gala celebrouse en Utrecht, Países Baixos e finalizou, coma se vén facendo estes últimos 40 anos, na Avenida dos Campos Elisios de París. Unha das novidades desta edición do Tour foi que se recuperaron as bonificacións para todas as etapas en liña (dende o Tour do 2007 non as había), premiando aos tres primeiros de cada etapa con 10, 8 e 6 segundos menos respectivamente.

O gañador final do maillot jaune foi o británico Chris Froome, na segunda posición rematou o colombiano Nairo Quintana e no terceiro lugar quedou o español Alejandro Valverde.

O maillot vert (verde) levouno o sprinter eslovaco Peter Sagan que dominou esta clasificación durante bastante tempo malia non gañar ningunha etapa. O maillot à pois rouges (a puntos vermellos) gañouno o campión, Chris Froome. Na clasificación do maillot blanc (branco) reinou o segundo da clasificación xeral, Nairo Quintana. A clasificación por equipos foi para o equipo navarro do Movistar Team e o premio supercombativo para o xove francés Romain Bardet.

O sprinter alemán André Greipel tamén foi un dos homes importantes da carreira, xa que venceu en catro etapas (unha delas a de París) e vestiu o maillot verde durante varios días.

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Na competición participaron 22 equipos diferentes, 17 da categoría UCI World Tour e 5 da categoría Profesional Continental invitados pola organzación (Cofidis, Solutions Crédits, Bora-Argon 18, Bretagne-Séché Environnement, Team Europcar e MTN Qhubeka). En total tomaron a saída 198 ciclistas de 22 equipos (9 participantes por equipo). A participación do MTN Qhubeka no Tour, foi histórica porque este conxunto foi o primeiro equipo africano de toda a historia en tomar a saída da volta francesa.

Equipo Cód.UCI Categoría Xefe de filas
Astana Pro TeamASTUCI World TourItalia Vincenzo Nibali
Francia Ag2r-La MondialeALMUCI World TourFrancia Jean-Christophe Péraud e Francia Romain Bardet
Francia FDJFDJUCI World TourFrancia Thibaut Pinot
Team SkySKYUCI World Tour Chris Froome
Tinkoff-SaxoTCSUCI World TourEspaña Alberto Contador
Italia Movistar TeamMOVUCI World Tour Nairo Quintana e España Alejandro Valverde
BMC Racing TeamBMCUCI World Tour Tejay van Garderen
Bélxica Lotto-SoudalLTSUCI World TourFrancia Tony Gallopin
Alemaña Team Giant AlpecinTGAUCI World TourAlemaña John Degenkolb e Francia Warren Barguil
Team KatushaKATUCI World TourEspaña Joaquim Rodríguez e Alexander Kristoff
Australia Orica GreenEDGEOGEUCI World TourAustralia Simon Gerrans
Bélxica Etixx-Quick StepEQSUCI World TourPolonia Michał Kwiatkowski
Francia Team EuropcarEUCProf.ContinentalFrancia Pierre Rolland
Países Baixos Team LottoNL-JumboTLJUCI World TourPaíses Baixos Robert Gesink
Trek Factory RacingTFRUCI World TourPaíses Baixos Bauke Mollema
Italia Lampre MeridaLAMUCI World TourPortugal Rui Alberto Costa
Team Cannondale-GarminTCGUCI World Tour Andrew Talansky
Francia Cofidis, Solutions CréditsCOFProf.ContinentalFrancia Nacer Bouhanni
Suíza IAM CyclingIAMUCI World TourSuíza Mathias Frank
Alemaña Bora-Argon 18BOAProf.ContinentalAlemaña Dominik Nerz
Francia Bretagne-Séché EnvironnementBSEProf.Continental Eduardo Sepúlveda
MTN-QhubekaMTNProf.Continental Edvald Boasson Hagen
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª4 de xulloPaíses Baixos Utrecht-Países Baixos Utrecht 13,8 (CRI)Australia Rohan DennisAustralia Rohan Dennis
2.ª5 de xulloPaíses Baixos Utrecht-Países Baixos Neeltje-Jans166Alemaña André GreipelSuíza Fabian Cancellara
3.ª6 de xulloBélxica Anveres-Bélxica Huy Etapa de media montaña159,5España Joaquim Rodríguez Chris Froome
4.ª7 de xulloBélxica Seraing-Cambrai223,5Alemaña Tony MartinAlemaña Tony Martin
5.ª8 de xulloArrás-Amiens189,5Alemaña André GreipelAlemaña Tony Martin
6.ª9 de xulloAbbeville-Le Havre191,5República Checa Zdeněk ŠtybarAlemaña Tony Martin
7.ª10 de xulloLivarot-Fougères190,5 Mark Cavendish Chris Froome
8.ª11 de xulloRennes-Mûr-de-Bretagne Etapa de media montaña181,5Francia Alexis Vuillermoz Chris Froome
9.ª12 de xulloVannes-Plumelec 28 (CRE) BMC Racing Team Chris Froome
10.ª14 de xulloTarbes-La Pierre-Saint-Martin Etapa de montaña167 Chris Froome Chris Froome
11.ª15 de xulloPau-Cauterets Etapa de montaña188Polonia Rafal Majka Chris Froome
12.ª16 de xulloLannemezan-Plateau de Beille Etapa de montaña195España Joaquim Rodríguez Chris Froome
13.ª17 de xulloMuret-Rodez Etapa de media montaña198,5Bélxica Greg Van Avermaet Chris Froome
14.ª18 de xulloRodez-Mende Etapa de media montaña178,5 Stephen Cummings Chris Froome
15.ª19 de xulloMende-Valence183Alemaña André Greipel Chris Froome
16.ª20 de xulloBourg-de-Péage-Gap201España Rubén Plaza Chris Froome
17.ª22 de xulloDigne-les-Bains-Pra-Loup Etapa de montaña161Alemaña Simon Geschke Chris Froome
18.ª23 de xulloGap-Saint-Jean-de-Maurienne Etapa de montaña186,5Francia Romain Bardet Chris Froome
19.ª24 de xulloSaint-Jean-de-Maurienne-La Toussuire (Les Sybelles) Etapa de montaña138Italia Vincenzo Nibali Chris Froome
20.ª25 de xulloModane-Alpe d'Huez Etapa de montaña110,5Francia Thibaut Pinot Chris Froome
21.ª26 de xulloSèvres-París109,5Alemaña André Greipel Chris Froome
Total3.496 Chris Froome

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa as vinte primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate do Tour 2015:

PosiciónCiclistaEquipoTempo
Chris FroomeTeam Sky84h 46' 14"
2 Nairo QuintanaMovistar Team+ 1' 12"
3España Alejandro ValverdeMovistar Team+ 5' 25"
4Italia Vincenzo NibaliAstana Pro Team+ 8' 36"
5España Alberto ContadorTinkoff-Saxo+ 9' 48"
6Países Baixos Robert GesinkTeam Lotto NL-Jumbo+ 10' 47"
7Países Baixos Bauke MollemaTrek Factory Racing+ 15' 14"
8Suíza Mathias FrankIAM Cycling+ 15' 39"
9Francia Romain BardetAg2r La Mondiale+ 16' 00"
10Francia Pierre RollandTeam Europcar+ 17' 30"
11 Andrew TalanskyCannondale-Garmin+ 22' 06"
12España Samuel SánchezBMC Racing Team+ 22' 50"
13Bélxica Serge PauwelsMTN-Qhubeka+ 31' 03"
14Francia Warren BarguilGiant-Alpecin+ 31' 15"
15 Geraint ThomasTeam Sky+ 31' 39"
16Francia Thibaut PinotFDJ+ 38' 52"
17República Checa Roman KreuzigerTinkoff-Saxo+ 1h 02' 59"
18Francia Mikael CherelAg2r La Mondiale+ 1h 05' 00"
19 Jarlinson PantanoIAM Cycling+ 1h 09' 08"
20Bélxica Jan BakelantsAg2r La Mondiale+ 1h 16' 36"

Outras clasificacións

[editar | editar a fonte]

Clasificación por puntos

[editar | editar a fonte]
Pos.CiclistaEquipoPuntos
Eslovaquia Peter SaganTinkoff-Saxo432
2Alemaña André GreipelLotto-Soudal366
3Alemaña John DegenkolbGiant-Alpecin298
4 Mark CavendishEtixx-Quick Step206
5Francia Bryan CoquardEuropcar152

Clasificación da montaña

[editar | editar a fonte]
Pos.CiclistaEquipoPuntos
Chris FroomeSky119
2 Nairo QuintanaMovistar108
3Francia Romain BardetAg2r La Mondiale90
4Francia Thibaut PinotFDJ82
5España Joaquim RodríguezKatusha78

Clasificación dos xoves

[editar | editar a fonte]
Pos.CiclistaEquipoTempo
Nairo QuintanaMovistar84h
47' 26"
2Francia Romain BardetAg2r La Mondiale14' 48"
3Francia Warren BarguilGiant-Alpecin30' 03"
4Francia Thibaut PinotFDJ37' 40"
5Luxemburgo Bob JungelsKatusha1h
32' 09"

Clasificación por equipos

[editar | editar a fonte]
Pos.EquipoTempo
España Movistar Team255h
24' 24"
2 Team Sky57' 23"
3 Tinkoff-Saxo1h
00' 12"
4 Astana Pro Team1h
12' 09"
5 MTN-Qhubeka1h
14' 32"

Premio da combatividade

[editar | editar a fonte]
PosiciónCiclistaEquipo
Francia Romain BardetAg2r-La Mondiale

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]