Team Katusha-Alpecin
O Team Katusha (en ruso: Катюша, código UCI: KAT) é un equipo ciclista ruso que compite na categoría UCI WorldTour, fundado no ano 2009. O equipo emprega bicicletas da marca xermana Canyon.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo presentouse oficialmente o 24 de decembro de 2008 en Moscova. O equipo foi creado na base da do equipo Tinkoff Credit Systems, organizado pola fundación Proxecto de Ciclismo Global Ruso e finaciado por empresas rusas como Gazprom, Itera ou Rostechnologii.
O equipo comezou a funcionar cun grande orzamento de 15 millóns de euros. Na primeira tempada, o equipo fichou a ciclistas como Robbie McEwen, Vladimir Karpets, Filippo Pozzato ou Gert Steegmans. A primeira competición que disputou o Team Katusha foi o Tour Down Under do 2009.
Na tempada 2009, o equipo conseguiu un total de 23 vitorias. Algunhas das vitorias máis importantes foron o primeiro posto de Sergei Ivanov na Amstel Gold Race ou os triunfos de Filippo Pozzato no Campionato Italiano de Ciclismo en Ruta e no Giro do Veneto.

Despois da tempada 2012, o Team Katusha perdeu a licenza UCI WorldTour a pesar de que o equipo quedou de segundo na clasificación por equipos da UCI WorldTour 2012 e de que o campión da clasificación individual (Joaquim Rodríguez) estaba no conxunto. Por estas razóns, o Katusha apelou a decisión da UCI ao Tribunal de Arbitraxe para o Deporte. Este último anunciou o 15 de febreiro de 2013 que a decisión da UCI foi anulada e que o Team Katusha participaría no UCI WorldTour 2013.
Vitorias notables
[editar | editar a fonte]Dende a creación no ano 2009, os ciclistas do equipo conseguiron bastantes vitorias. Algunhas das máis importantes son: 19 etapas nas Grandes Voltas, 2 monumentos ciclistas, a Milán-Sanremo 2014 ou o Tour de Flandres 2015.
Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Equipo
[editar | editar a fonte]No 1 de xaneiro de 2015
| Ciclista | Nacemento |
|---|---|
| 9 de xaneiro de 1985 | |
| 21 de xaneiro de 1992 | |
| 15 de agosto de 1980 | |
| 9 de decembro de 1990 | |
| 14 de agosto de 1987 | |
| 1 de abril de 1991 | |
| 26 de abril de 1986 | |
| 7 de marzo de 1986 | |
| 4 de maio de 1981 | |
| 5 de abril de 1984 | |
| 5 de xullo de 1987 | |
| 24 de xuño de 1989 | |
| 14 de xaneiro de 1981 | |
| 28 de febreiro de 1982 | |
| 18 de outubro de 1985 | |
| 5 de setembro de 1981 | |
| 17 de xaneiro de 1977 | |
| 21 de febreiro de 1986 | |
| 12 de maio de 1979 | |
| 19 de febreiro de 1989 | |
| 25 de xuño de 1988 | |
| 15 de abril de 1987 | |
| 23 de xuño de 1986 | |
| 26 de xaneiro de 1984 | |
| 5 de xullo de 1989 | |
| 13 de abril de 1977 | |
| 1 de decembro de 1982 | |
| 12 de outubro de 1990 | |
| 15 de setembro de 1989 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficialArquivado 20 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.