Ag2r-La Mondiale
O Ag2r-La Mondiale (código UCI: ALM) é un equipo ciclista francés que compite na categoría UCI WorldTour. O equipo foi fundado no ano 1992 co nome de Chanzal. Na actualidade, o Ag2r emprega bicicletas da marca alemá, Focus con compoñentes de Campagnolo.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1992, Vincent Lavenu, ciclista recentemente retirado do ciclismo profesional, creou un equipo de ciclismo profesional xunto a Chazal como patrocinador oficial. No último equipo profesional no que militou, Lavenu xa fora patrocinado por Chazal. Chazal continuou vinculado ao equipo até o ano 1995. No ano seguinte (1996), Petit Casino, unha cadea de postos de café en supermercados, fíxose co patrocinio do equipo. En 1997, Casino, a compañía de supermercados que tiña os cafés Petit Casino, fíxose cargo do patrocinio do equipo e o orzamento incrementouse. O equipo de Vincent Lavenu xa podía competir en grandes carreiras ciclistas como as clásicas. Algúns do ciclistas destacados do equipo foron Alexandre Vinokourov, Jaan Kirsipuu e Lauri Aus.

A compañía aseguradora Ag2r Prévoyance converteuse en patrocinador oficial no ano 2000. Na tempada 2006, o equipo uniuse ao UCI ProTour. O AG2R tivo esta oportunidade, xa que o Fassa Bortolo saíu da competición deixando unha licenza libre que o AG2R aproveitou para meterse entre os grandes porque era o único poxador por meterse logo da retirada do Comunidade Valenciá. O primeiro Tour de Francia que disputou o equipo foi o do 2006, no que obtivo éxito cunha vitoria de etapa de Sylvain Calzati e un día de amarelo Cyril Dessel.
No Tour 2014, o Ag2r-La Mondiale obtivo o seu mellor resultado individual na volta, ao lograr que o veterano ciclista francés Jean-Christophe Péraud rematará no segundo caixón da clasificación nos Campos Elisios de París.
Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Equipo
[editar | editar a fonte]No 1 de xaneiro de 2015
| Ciclista | Nacemento |
|---|---|
| 14 de febreiro de 1986 | |
| 9 de novembro de 1990 | |
| 2 de xullo de 1987 | |
| 13 de outubro de 1989 | |
| 23 de xuño de 1987 | |
| 17 de marzo de 1986 | |
| 5 de xullo de 1991 | |
| 15 de febreiro de 1994 | |
| 7 de agosto de 1990 | |
| 20 de agosto de 1980 | |
| 13 de novembro de 1980 | |
| 14 de novembro de 1987 | |
| 20 de agosto de 1986 | |
| 5 de marzo de 1993 | |
| 27 de setembro de 1990 | |
| 22 de abril de 1994 | |
| 3 de setembro de 1986 | |
| 12 de outubro de 1993 | |
| 28 de decembro de 1989 | |
| 12 de xuño de 1982 | |
| 26 de abril de 1982 | |
| 6 de xaneiro de 1984 | |
| 25 de setembro de 1977 | |
| 22 de maio de 1977 | |
| 30 de novembro de 1982 | |
| 17 de xaneiro de 1981 | |
| 11 de abril de 1984 | |
| 4 de febreiro de 1981 | |
| 1 de xuño de 1988 |