Saltar ao contido

Tour de Francia 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2007
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI ProTour 2007 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.570 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaLondres Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes189, inicio
141, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, Reino Unido, Bélxica e España Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo7 de xullo de 2007 – 29 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata
Número de edición94 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAlberto Contador
Cadel Evans
non outorgadodeclarado deserto
Tom Boonen
Juan Mauricio Soler Hernández
Alberto Contador
Amets Txurruka
Discovery Channel Editar o valor en Wikidata

2006 Editar o valor en Wikidata
2008 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 2007 foi a 94ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3550 quilómetros comezou o 7 de xullo na capital británica, Londres, e rematou o 29 de xullo nos Campos Elisios de París.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O percorrido do Tour de France foi anunciado o 26 de outubro de 2006. O Tour saíu por primeira vez na súa historia do Reino Unido, e fíxoo para conmemorar o centenario da Entente cordiale, un acordo de paz e cooperación asinado polos dous países en 1907. A solicitude de Londres fíxose en 2004.

A ronda gala tamén tivo chegada e saída en Bélxica (Gante e Waregem, respectivamente), e percorreu algúns quilómetros do norte da provincia de Huesca, en España, na 16ª tirada.

O percorrido, de 3.550 quilómetros, 20 tiradas e mais o prólogo, e dúas xornadas de descanso intercaladas, tivo tres chegadas en alto, once tiradas chás e seis de montaña e tres contra o reloxo individuais.

Participantes

[editar | editar a fonte]

21 equipos tomaron a saída con 9 corredores por equipo, é dicir, houbo un total de 189 participantes.

Equipo Líder
AgritubelJuan Miguel Mercado España
Ag2r PrévoyanceChristophe Moreau Francia
AstanáAlexander Vinocurov
BarloworldRobert Hunter
Bouygues TélécomThomas Voeckler Francia
Caisse d´EpargneAlejandro Valverde España
CofidisSylvain Chavanel Francia
Crédit AgricoleThor Hushovd
Discovery ChannelAlberto Contador España
Euskaltel-EuskadiHaimar Zubeldia
Française des JeuxSandy Casar Francia
Equipo Líder
GerolsteinerMarkus Fothen Alemaña
Lampre-FonditalTadej Valjavec Eslovenia
LiquigasFilippo Pozzato Italia
Predictor-LottoCadel Evans Australia
Quick Step-InnergeticTom Boonen Bélxica
RabobankDenis Menchov
Saunier Duval-ProdirIban Mayo
Team CSCCarlos Sastre España
MilramAlessandro Petacchi Italia
T-MobileMichael Rogers Australia
  

Galegos no Tour

[editar | editar a fonte]

O último corredor en tomar a saída na tirada prólogo foi Óscar Pereiro, que luciu o número 11. O habitual é que o vencedor da última edición sexa o que leve o número 1, pero neste caso a organización do Tour, dirixido por Christian Prudhomme, entendeu que aínda non se resolvera correctamente a edición pasada, e aínda estaba en litixio se o vencedor era o descualificado Floyd Landis ou o galego.

Ademais, Pereiro tampouco foi o líder do seu equipo, o Caisse d'Epargne, co que tivo que facer labores de apoio ao seu líder, o español Alejandro Valverde. Finalmente rematou na décima posición, co que conseguiu estar entre os dez primeiros nas tres últimas edicións do Tour.

Non houbo máis galegos neste Tour.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo7 de xullo Londres 8 (CRI)Suíza Fabian CancellaraSuíza Fabian Cancellara
1.ª8 de xullo Londres- Canterbury203Australia Robbie McEwenSuíza Fabian Cancellara
2.ª9 de xulloDunkerque-Bélxica Gante167Bélxica Gert SteegmansSuíza Fabian Cancellara
3.ª10 de xulloBélxica Waregem-Compiègne236Suíza Fabian CancellaraSuíza Fabian Cancellara
4.ª11 de xulloVillers Cotterets-Joigny190 Thor HushovdSuíza Fabian Cancellara
5.ª12 de xulloChablis-Autun Etapa de media montaña184Italia Filippo PozzatoSuíza Fabian Cancellara
6.ª13 de xulloSemur en Auxois-Bourg en Bresse200Bélxica Tom BoonenSuíza Fabian Cancellara
7.ª14 de xulloBourg en Bresse-Le Grand Bornand Etapa de montaña197Alemaña Linus GerdemannAlemaña Linus Gerdemann
8.ª15 de xulloLe Grand Bornand-Tignes Etapa de montaña165Dinamarca Michael RasmussenDinamarca Michael Rasmussen
9.ª17 de xulloVal d'Isere-Briançon Etapa de montaña161 Mauricio SolerDinamarca Michael Rasmussen
10.ª18 de xulloTallard-Marsella229Francia Cédric VasseurDinamarca Michael Rasmussen
11.ª19 de xulloMarsella-Montpellier180 Robert HunterDinamarca Michael Rasmussen
12.ª20 de xulloMontpellier-Castres179Bélxica Tom BoonenDinamarca Michael Rasmussen
13.ª21 de xulloAlbi-Albi Etapa de media montaña54 (CRI) A.Vinocurov Australia Cadel EvansDinamarca Michael Rasmussen
14.ª22 de xulloMazamet-Plateau de Beille Etapa de montaña197España Alberto ContadorDinamarca Michael Rasmussen
15.ª23 de xulloFoix-Loudenvielle Etapa de montaña196 A.Vinocurov Luxemburgo Kim KirchenDinamarca Michael Rasmussen
16.ª25 de xulloOrthez-Gourette (Aubisque) Etapa de montaña218Dinamarca Michael RasmussenDinamarca Michael Rasmussen
17.ª26 de xulloPau-Castelsarrasin188Italia Daniele BennatiEspaña Alberto Contador
18.ª27 de xulloCahors-Angoulême212Francia Sandy CasarEspaña Alberto Contador
19.ª28 de xulloCognac-Angoulême 55 (CRI) Levi LeipheimerEspaña Alberto Contador
20.ª29 de xulloMarcoussis-París130Italia Daniele BennatiEspaña Alberto Contador
  • CRI - Contra o reloxo individual.

O día 24 de xullo, e como consecuencia dun positivo de dopaxe detectado a Alexander Vinocurov, o seu equipo, o Astaná, foi convidado a abandonar o Tour de Francia. A dirección do equipo aceptouno. O positivo produciuse por unha transfusión de sangue homóloga, realizada o día en que Vinocurov vencía na tirada contra o reloxo de Albi, se ben o ciclista nega os feitos. Ao día seguinte, un positivo por testosterona do ciclista italiano Cristian Moreni fai que o Cofidis abandone tamén o Tour.

En 2012 tamén foi sancionado Levi Leipheimer por ter participado no sistema de dopaxe relacionado con Lance Armstrong ata 2006, séndolle retirados tamén os resultados que colleitou neste Tour 2007.

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]
Alberto Contador na 19ª etapa.
PosiciónCorredorEquipoTempo
España Alberto Contador Discovery Channel 91h 00' 26"
2 Australia Cadel Evans Predictor-Lotto + 23"
Desc. Levi Leipheimer Discovery Channel + 31"
4 EspañaCarlos Sastre CSC + 7' 08"
5 España Haimar Zubeldia Euskaltel-Euskadi + 8' 17"
6 España Alejandro Valverde Caisse d'Epargne' + 11' 37"
7 Luxemburgo Kim Kirchen T-Mobile + 12' 18"
8 Ucraína Yaroslav Popovych Discovery Channel + 12' 25"
9 España Mikel Astarloza Euskaltel-Euskadi + 14' 14"
10 Galicia Óscar Pereiro Caisse d'Epargne + 14' 25"
  • Desc. - descalificado da carreira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]