Tour de Francia 2009
2008 << Tour de Francia 2009 >> 2010 | |
![]() | |
Clasificacións | 21 etapas, 3.457 km |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A 96.ª edición do Tour de Francia, disputada dende o 4 ó 26 de xullo de 2009, estivo composta por 21 etapas nas que se percorreron un total de 3.459 km, incluíndo 93 km de contra o reloxo. A saída da carreira tivo lugar en Mónaco, e a chegada foi como sempre en París.
A chamada Grande Boucle visitou nesta edición un total de seis países: Mónaco, Francia, España, Andorra, Suíza e Italia (por orde cronolóxico).[1]
As novidades no Tour do 2009 foron a subida ó Mont Ventoux na penúltima etapa (substituíndo á tradicional contra o reloxo por unha xornada de alta montaña), a prohibición de empregar sistemas electrónicos de comunicación entre os ciclistas e os coches dos directores (o cal provocou a protesta dos equipos), e a recuperación da contra o reloxo por equipos.
O gañador final do Tour de Francia foi Alberto Contador. Nas outras clasificacións secundarias impuxéronse Franco Pellizotti (montaña e combatividade), Andy Schleck (mozos), Thor Hushovd (puntos) e Astana (equipos). O corredor que acadou un maior número de vitorias de etapa foi Mark Cavendish con 6 vitorias, todas elas ó sprint.
Etapas[editar | editar a fonte]
Clasificación Xeral[editar | editar a fonte]
A clasificación xeral rematou do seguinte xeito:[2]
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
![]() |
![]() |
Astana | 85h 48' 30″ |
2 | ![]() |
Team Saxo Bank | + 4' 11" |
3 | ![]() |
Astana | + 5' 24" |
4 | ![]() |
Garmin-Slipstream | + 6' 01" |
5 | ![]() |
Team Saxo Bank | + 6' 04" |
6 | ![]() |
Astana | + 6' 42" |
7 | ![]() |
Liquigas | + 7' 35″ |
8 | ![]() |
Garmin-Slipstream | + 12' 04″ |
9 | ![]() |
Liquigas | + 14' 16″ |
10 | ![]() |
Française des Jeux | + 14' 25″ |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Os números do Tour 2009 na páxina de Eurosport (en castelán)
- ↑ Clasificacións finais oficiais do Tour de Francia 2009 Arquivado 10 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en francés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tour de Francia 2009 |