Saltar ao contido

Tour de Francia 2003

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2003
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.426 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaParís Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes198, inicio
147, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia e España Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo5 de xullo de 2003 – 27 de xullo de 2003 Editar o valor en Wikidata
Número de edición90 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postonon outorgadodeclarado deserto
Jan Ullrich
Alexander Vinocurov
Baden Cooke
Richard Virenque
Denis Menchov
CSC 2003 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.com… Editar o valor en Wikidata

2002 Editar o valor en Wikidata
2004 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 2003 foi a 90ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo e rematou o 27 de xullo na mesma cidade de París.

Nesta edición tomaron a saída 22 equipos, formados por 9 corredores cada un, de xeito que o número de participantes total foi de 198, do cales remataron a carreira 147. Non obstante, algúns dos ciclistas que conseguiron completar o percorrido completo da proba, foron posteriormente descalificados por motivos de dopaxe, como foi o caso do gañador, Lance Armstrong. Entre o pelotón houbo tan só un representante galego, o redondelán Marcos Serrano, do equipo ONCE-Eroski, que correu co dorsal 18 e rematou a proba na 68ª posición

O Tour 2003 presentábase como un man a man entre os 3 corredores que dominaran o podio nas últimas edicións, é dicir, Lance Armstrong, Jan Ullrich e Joseba Beloki, coa presenza doutros candidatos a ocupar un posto no podio, como Alexander Vinocurov, Roberto Heras, Iban Mayo ou Gilberto Simoni, algún dos cales non estivo á altura do que se agardaba del.

A primeira semana de carreira foi intrascendente, cunha prólogo individual, varias etapas chas nas que se chegou ó sprint, e unha contra o reloxo por equipos. Co comezo da segunda semana chegaron os Alpes. Na primeira etapa de montaña gañou o escalador francés Richard Virenque, que colleu o liderado da carreira. Non obstante ese primeiro posto só lle durou un día, pois na segunda etapa, con meta en Alpe d'Huez, o americano Lance Armstrong púxose o maillot amarelo. A terceira etapa alpina sería a que marcaría ese Tour. Nela Joseba Beloki sufriu unha grave caída cando atacaba ó líder da carreira, quedando moi ferido, e sendo levado a un hospital. O resto daquel Tour foi un man a man entre Lance Armstrong e Jan Ullrich (o alemán gañou a contra o reloxo de 47 quilómetros da 12ª etapa mentres que o americano gañou a etapa pirenaica de Luz Ardiden na 15ª etapa), chegando a París con tan só un minuto e un segundo de diferenza dun sobre o outro. Con aquela vitoria, o americano acadaba o seu quinto Tour de Francia, e igualaba no máis alto do palmarés a Jacques Anquetil, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Miguel Indurain. Pasarían 9 anos ata que a UCI tomase a decisión de sancionar ó ciclista texano retirándolle tódalas súas vitorias, e polo tanto tamén esta, incluídas as vitorias de etapa.

Etapa Data Percorrido Km Gañador Líder
Prólogo5 de xulloParís-París6,5 (CRI)Australia Bradley McGeeAustralia Bradley McGee
1.ª6 de xulloSaint Denis-Meaux168Italia Alessandro PetacchiAustralia Bradley McGee
2.ª7 de xulloLa Ferté sous Jouarre-Sedan204,5Australia Baden CookeAustralia Bradley McGee
3.ª8 de xulloCharleville Mézières-Saint Dizier167,5Italia Alessandro PetacchiFrancia Jean-Patrick Nazon
4.ª9 de xulloJoinville-Saint Dizier69 (CRE) US Postal Víctor Hugo Peña
5.ª10 de xulloTroyes-Nevers196,5Italia Alessandro Petacchi Víctor Hugo Peña
6.ª11 de xulloNevers-Lión230Italia Alessandro Petacchi Víctor Hugo Peña
7.ª12 de xulloLión-Morzine230,5Francia Richard VirenqueFrancia Richard Virenque
8.ª13 de xulloSallanches-Alpe d'Huez219España Iban MayoLance Armstrong
9.ª14 de xulloLe Bourg d'Oisans-Gap184,5 Alexander VinocurovLance Armstrong
10.ª15 de xulloGap-Marsella219,5Dinamarca Jakob PiilLance Armstrong
11.ª17 de xulloNarbona-Tolosa153,5España Juan Antonio FlechaLance Armstrong
12.ª18 de xulloGaillac-Cap découverte47 (CRI)Alemaña Jan UllrichLance Armstrong
13.ª19 de xulloTolosa-Ax 3 Domaines197,5España Carlos SastreLance Armstrong
14.ª20 de xulloSaint Girons-Loudenvielle191,5Italia Gilberto SimoniLance Armstrong
15.ª21 de xulloBagnères-de-Bigorre-Luz Ardiden159,5Lance Armstrong Sen gañadorLance Armstrong
16ª23 de xulloPau-Baiona197,5 Tyler HamiltonLance Armstrong
17.ª24 de xulloDax-Bordeos181Países Baixos Servais KnavenLance Armstrong
18.ª25 de xulloBordeos-Saint Maixent-'École203,5España Pablo LastrasLance Armstrong
19.ª26 de xulloPornic-Nantes49 (CRI) David MillarLance Armstrong
20.ª27 de xulloVille d'Avray-París152Francia Jean-Patrick NazonLance Armstrong
  • CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2003 trala disputa da proba e trala descualificación de Lance Armstrong por parte da UCI en 2012.

Lance Armstrong co maillot amarelo tras a etapa de Alpe d'Huez.
PosiciónCiclistaEquipoTempo
Vacante--
Desc. Lance ArmstrongUS Postal 83h 41' 12"
2Alemaña Jan UllrichBianchi+ 1' 01"
3 Alexander VinocurovDeutsche Telekom+ 4' 14"
4 Tyler HamiltonCSC+ 6' 17"
5España Haimar ZubeldiaEuskaltel-Euskadi+ 6' 51"
6España Iban MayoEuskaltel-Euskadi+ 7' 06"
7Italia Ivan BassoFassa Bortolo+ 10' 12"
8Francia Christophe MoreauCredit Agricole+ 12' 28"
9España Carlos SastreCSC+ 18' 49"
10España Francisco ManceboiBanesto.com+ 19' 15"
68Galicia Marcos SerranoONCE-Eroski+ 2h 07' 26"
  • Desc. - Descalificados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]